Importante é a compaña
cando se precisa na vida,
importante aquela bágoa
causada polas feridas,
necesitado compadecemento
por aquela dor sufrida.
Dolorosa soidade,
a dor que máis doe
cando non é compartida,
máis intensa a mágoa faise
e máis escura vese a saída.
Poema creado por Xurxo M. Gago Chao








