Rexo Camiñar
CREADO POR O`Xurxo
Cada chanzo un latexo,
cada avance satisfacción,
na escada da vida
perseveranza locomotriz
e firmeza no pisar,
sen perder o norte
nas cotiás andanzas
para a boa volta ao sitio propio.
© Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
Tecendo
CREADO POR O`Xurxo
Tecer acotío
novas esperanzas
cos fortes fíos do ser
entrenzando quefaceres
con breves ratos de lecer.
© Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
Doce máis doce
CREADO POR O`Xurxo
Hai días de mel,
días apegadizos
de mornas latexadas,
agarimos e sorrisos,
de parénteses pactadas,
sen enredos,
sen compromisos.
Hai días de mel gozosos,
sen aditivos,
sen axendas saturadas
e sen queixumes engadidos,
vinte e catro horas pegañentas
de maiolas e aloumiños.
© Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
Voo breve
CREADO POR O`Xurxo
Mundiais cobizas
CREADO POR O`Xurxo
Están a construír
un mundo para ricos
enchido de desigualdades
onde os egos de uns
converten aos outros vulgares
e onde as mentiras
xa superan ás verdades
mentres a cobiza
secuestra necesidades
encarecendo a vida
e reprimindo liberdades.
© Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
Emprender vida
CREADO POR O`Xurxo
Comezar unha digna ousadía
e viaxar no tren da esperanza
apreixando cada día
novas benaventuranzas,
novos designios na travesía,
novos albores e novas luadas
cara á estación da túa propia soberanía.
© Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
Girando
CREADO POR O`Xurxo
Vida de outono
CREADO POR O`Xurxo

Días de outono
nos camiños vellos,
alfombras de follas,
asubíos do vento,
pingas de chuvia,
ceo gris e negro.
Lecturas caseiras,
estufas de ferro,
son días de ánimas,
noites de misterio.
Esperanzas novas,
tempada de retos,
degoxadas rebuscas
e fecundos desvelos.
© Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
Impulsos sobranceiros
CREADO POR O`Xurxo
Ás veces;
de súpeto,
gústame asubiar,
gústame rir e cantar,
gústame soñar,
así, ao bruto.
Ás veces;
así, ao bruto,
gústame lembrar,
gústame evocar
e regresar,
gústame aproveitar
cada eterno minuto.
Así, de súpeto,
ao bruto!
© Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
É o tudo
CREADO POR O`Xurxo
Saber nivelar
CREADO POR O`Xurxo
Hai que soltar lastre
para se manter en ristre,
para se alixeirar,
para que non vaia ao traste
o plan que existe
para poder voar,
e todo por sobrecargar.
© Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
Vermes, no canto de neuronas
CREADO POR O`Xurxo
O Teu Leme
CREADO POR O`Xurxo
Este dirache que non vales,
aquel que todo o fas mal,
estoutro que non sabes,
aqueloutro que vas a errar.
Ese dirache que non podes,
esoutro que non vas chegar,
sempre haberá quen free
ou quen intente frear,
mais tan só ti tes o leme
e a liberdade para avanzar.
© Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
Falando coa Alma
CREADO POR O`Xurxo
As viaxes do cavilar
CREADO POR O`Xurxo
Vaise o pensamento
a un mundo paralelo,
nin entre o chan
nin entre o ceo,
fica nun limbo etéreo
como bobo, parvo,
preguiceiro e lelo
e cando volve
xa non é o mesmo.
© Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
A iniquidade dunhas células
CREADO POR O`Xurxo

Unha doenza, unhas bágoas,
un inferno no interior,
escuridade asolarante
nas noites de insomnio,
medias lúas negras
nas olleiras,
sorrisos forzados
e indiferenzas que doen,
unha loita contra o tempo
cun ánimo de cristal.
Os bicos e as apertas
menciñas para curar!
© Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
Noxento Supremacismo Castelán
CREADO POR O`Xurxo
Galegofalantes da matria
sufrindo supremacismos
dos galegocalantes de España,
rancorosos e insubmisos
da real fala galaica
que latexa ante os cinismos
e sorrí sendo acosada;
que segue o seu camiño
a pesar das moitas trabas
dos boubexos sombríos,
hexemónicas mentes planas.
sufrindo supremacismosdos galegocalantes de España,
rancorosos e insubmisos
da real fala galaica
que latexa ante os cinismos
e sorrí sendo acosada;
que segue o seu camiño
a pesar das moitas trabas
dos boubexos sombríos,
hexemónicas mentes planas.
© Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
O Nosso yīn e o noso yáng
CREADO POR O`Xurxo
Poesía Interna
CREADO POR O`Xurxo
Cada persoa
leva dentro un poeta
que ama,
que admira,
que soña,
que cavila,
que vai e que chega,
que recita;
que versa,
que cofa,
que anima,
que cura,
que apaga,
que debuxa,
que alumea,
que aconsella,
que gaba,
que investiga,
que sementa,
que colleita.
© Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
Que Não!
CREADO POR O`Xurxo
Que não derrubemas muralhas da tua estima.
Que não pisem
a tua colheita de ilusões.
Que não te afundam
na lagoa da preguiça.
Que não silenciem
o teu som.
Que não apaguem
a tua escrita.
Que não ceguem
o teu próprio sol.
Que não te freiem
na vida.
Que não, caralho,
que não!
© Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















