Obra poética
Poemarios de Xurxo Miguel Gago Chao · O’Xurxo
Esta sección reúne unha parte esencial da miña obra poética: poemarios creados desde a experiencia, a memoria, a espiritualidade consciente, o amor á vida, a raíz galega, a procura de dignidade e a Maxia do Ser. Cada libro forma parte dun camiño creativo no que a palabra se converte en testemuño, abrigo, semente e acto de presenza. As obras aquí recollidas forman parte da miña biblioteca de autor. Moitas delas están rexistradas ou preparadas para rexistro en Safe Creative, como expresión formal da súa autoría e conservación. Esta páxina irá medrando coa incorporación de novas portadas, novas edicións e novos poemarios.
O poder do verbo en verso
Poemario en lingua galega que reflexiona sobre a poesía como palabra aberta, sinxela, útil, humana e respirable.
QUADRIVIUM [LAR DE CRUZAMENTOS]
É un poemario de memoria, raíz e reconstrución simbólica do Ferrol Vello mariñeiro.
Canto al Encanto de la Cueva
Poemario de carácter contemplativo e espiritual en lingua castelá.
Versos Chiados
Recompilación de Chíos cando o paxariño chiaba.
A Cantiga do Mago
Un poemario de inspiración ancestral e simbólica.
Código Pel
Poemas do corpo consciente é un poemario erótico en lingua galega.
Poemario Nova Era
Poemario introspectivo e consciente en lingua galega
Grimorio Poemas/Feitizos
É unha obra literaria e simbólica da Maxia do Ser escrita en lingua galega.
El Despertar
UN DIARIO DEL ALMA EN TIEMPOS DE INCERTEZA (Poemario en lingua castelá)
Esta páxina permanecerá aberta á incorporación de novas obras, novas edicións e novos rexistros de autoría.





