Eu son da clase dos poetas descoñecidos e ignorados para os que nunca se fixeron premios nin nunca son publicados Son a poeta de aqueles que loitan por saír de escravos Son a poeta de aqueles aos que todo lles foi negado Eu son a poeta de aqueles que sobreviven do emprestado a poeta analfabeta a poeta dos desherdados Eu son a poeta de aqueles aos que todo lles foi negado Son a poeta de aqueles que loitan por saír de escravos Eu son a poeta de aqueles que sobreviven do emprestado para os que non se fixeron premios nin nunca son publicados Son a poeta de aqueles que loitan por saír de escravos son a poeta de aqueles aos que todo lles foi negado Quero sangrar as feridas para liberar as miñas arterias non quero facerme escrava da ponzoñosa das xenreiras quero sentir como penetran polos ríos das miñas teas o vivificante arrecendo das vosas primaveras Abrazarei a miña morte sen remordementos eu trouxen a vida e nada dela levo. Poema de Luz Fandiño
As irmás e o irmáns enxebres da fala diante do Ideal Room 11/02/2017.
O
sábado 11 de febreiro a Novísima Irmandade da Fala cruñesa celebrou
en Ferrol un acto galeguista para conmemorar o mitin que 100 anos
antes organizara o Comité de aición galleguista da Hirmandade da
Fala da Cruña.
Os bo e enxebre ferrolán, Sr. Gago, e as xentes da Fundaçom Artábria
emprestaron todo o seu apoio facendo un patriótico esforzo para
difundiren a celebración deste acto. As irmás e o irmáns enxebres da
Cruña
saíron da estación de San Cristovo no tren das 10:50 horas e
comezaron a lenta viaxe no convoi. O Sr. Osorio lembrou o anuncio do
acto que publicara A Nosa Terra o 6 de xaneiro de 1917 e as verbas de
Antón Villar Ponte que convidaba as galegas a se esquecer dos
localismos para abrazar o galeguismo. Prosegiu a marcha ao ritmo de
cancións da terra.
No apeadoiro de Infesta o Sr. Rodriguez Palleiro reivindicou con
vehemencia a colocación dun «by-pass» que traguería a esa liña ferrea a
altura dos tempos. O Señor Souto ilustrou a parada en Betanzos lembrado a
anécdota contada polo lehendakari Ibarretxe de como Foucellas deixou
patacas na porta do seu avó, desterrado nesa parroquia coruñesa, para
axudalo a sobrevivir o seu primeiro inverno galego.
Na parte final da viaxe as regueifeiras comezaron unha fera guerra que
finalizou sen consecuencias.
Na estación de Ferrol agardaban un fato de enxebres ferrolás cun
gaiteiro aos que as viaxeiras replicaron entonando a Foliada da Coruña.
Deseguido comezou un roteiro que levou aos galeguistas polo centro de
Ferrol.
O señor Gago, cicerone de excepción, expricou a impresión que en
1917 causara a rúa Galiano a Villar Ponte. O sr. Dobarro, catedrático
de lingua galega, amosou os locais da rúa Real nos que comezaron as
actividades da Irmandade de Amigos da Fala de Ferrol.
A visita continuou no Casino onde as irmás desfrutaron dos murais de Bello Piñeiro, unha das obras cimeiras da pintura modernista da nosa terra.
Asi mesmo se achegaron ao edificio do Salón Amboaxe e o Ideal Room,
lugares nos que en 1917 celebráronse o mitin e o xantar. Despois da
imprescindible fotografía de familia dirixiron os seus pasos a Fundaçom
Artabria onde se lles agasallou c'un esprendido xantar.
Á hora do café Manolo Bacalhau deleitou as irmás con algunhas das
mellores pezas do seu repertorio e o gaiteiro, as pandereteiras e o
tambor uníronse as voces das asistentes para intepretar temas da nosa
música e voltou a incruenta batalla das regueifas.
Para rematar o acto a Sr. Ramiro e a Sra. Fernández e a señora Rosa
Martínez recitaron versos ademirables. O Sr.
Gago (pai) interpretou de memoria a peza A Princesa, dos Irmáns da Fala
Charlón e Hermida.
Antes de partir do local de Artábria todos os enxebres presentes
entonaron o himno galego para pechar unha xornada enxebre que non
esqueceremos endexamais.
Até o tren acompañaron os irmáns e as irmás coruñesas e moitos amigos e
amigas de Ferrol. Cando arrincou o convoi houbo vivas a Galicia, a
Ferrol e A Coruña e a
despedida foi ao compás da Foliada de Cercedo.
Debuxo realizado polo compañeiro Roberto Illas Sisargas, para conmemorar a ocasión.
Reportaxe fotográfica de Esperanza Vázquez Dopico, na Conmemoración da visita da Irmandades da Fala da Cruña a Ferrol
11de febreiro de 1917 - 11 de febreiro de 2017. Roteiro histórico polo centro de Ferrol. Organizaron: Colectivo Literario In Nave Civitas e Fundaçom Artabria.
Música: A Quenlla - Manifesto de Lugo.
Reportaxe fotográfica de Conmemoración da visita da Irmandade da Fala
da Cruña a Ferrol
11de febreiro de 1917 - 11 de febreiro de 2017. Xantar Popular de
enxebres do Colectivo Literario In Nave Civitas e da Fundaçom Artabria
no seu local social de Esteiro en Ferrol.
Na estación de Ferrol agardaban un fato de enxebres ferrolás cun
gaiteiro aos que as viaxeiras replicaron entonando a Foliada da Coruña.
Deseguido comezou un roteiro que levou as galeguistas polo centro de
Ferrol. O señor Gago, cicerone de excepción, expricou a impresión que en
1917 causara a rúa Galiano a Villar Ponte. O Sr. Dobarro, catedrático
de lingua galega, amosou os locais da rúa Real nos que comezaron as
actividades da Irmandade de Amigos da Fala de Ferrol.
A visita continuou no Casino onde as irmás desfrutaron dos murais de
Bello Piñeiro, unha das obras cimeiras da pintura modernista da nosa
terra.
Asi mesmo se achegaron ao edificio do Salón Amboaxe e o Ideal Room,
lugares nos que en 1917 celebráronse o mitin e o xantar, o salón de
amboaxe. Despois da imprescindible fotografía de familia no edificio do
emblemático hotel Ideal Room dirixiron os seus pasos a fundaçom Artabria
onde se lles agasallou c'un esprendido xantar.
Até o tren acompañaron as irmás coruñesas moitas amigas de Ferrol. Cando
arrincou o convoi houbo vivas a Galicia, a Ferrol e A Coruña e a
despedida foi ao compás da Foliada de Cercedo.
"A Memoria das Pedras" Roteiro Homenaxe a Milucho Mariñas organizado
polo Colectivo Poético Literario In Nave Civitas Lugrís o domingo 06 de
setembro de 2015. Unha marabillosa e emotiva xornada homenaxe ao mítico e
benquerido Milucho Mariñas.
Fotos e video de Xurxo Gago.
Música de Lenda Ártabra: Mariñeiros do Mar.
Hemeroteca Milucho: Roteiro da man de Milucho e Xurxo Souto
O luns 28 de maio tivemos a sorte de facer un roteiro polos
arredores da Torre de Hércules da man de Milucho Mariñas, un
experimentado percebeiro, que aínda estando xa retirado do oficio segue a
ter unha gran paixón polos percebes.
Milucho fixo un pequeno recorrido polas rochas percebeiras máis
importantes que había nos seus tempos; así como daunos a coñecer os
lugares máis perigosos da costa coruñesa onde houbo máis naufrasios e
lamentablemente falecementos. Algunhas das rochas máis citadas por el
son: a vaca, o boi, o becerro, coitelos de mar, o altar, a corredoira, o
redondo... Ademais grazas aos seus coñecementos podemos citar palabras
como meixón, a cal non aparece no diccionario e que significa; rocha que
en preamar está cuberta pola auga e en baixamar queda á vista.
Para Milucho ser percebeiro non era un traballo senón unha afición, no
que podía pasar horas e facer longas viaxes en lanchas de remos para
poder coller percebes. Contounos anécdotas e historias, como a de ter
que ir ás agachadas sen que os visen os centinelas que estaban a vixiar
na zona militar, correndo o risco de ser arrestado e mesmo ir preso.
Nada máis decir que me gustou moito este roteiro e que aínda queda
pendente poder rematalo podendo contar de novo coa presenza e compaña de
Milucho Mariñas sen deixar de lado tampouco a Xurxo Souto que tamén nos
acompañou en todo o roteiro.
Xurxo
Souto entrevista a Emilio "Milucho" Mariñas (Memoria do Club do Mar, da
Agra de San Amaro e de todos os lugares darredor da Torre. Técnicas de
marisqueo e xentes do mar):
I Roteiro Poético - Musical polo litoral de Arteixo. Un estupendo encontro
do que saiuse ás 11 da mañá
desde o inicio do paseo maritimo arteixán (a carón da cheminea de
Sabón) e cara a Valcovo. Unha maravillosa experiencia organizada pola
Asociación Cultural Monte da Estrela e polo colectivo literario In Nave
Civitas onde mulleres e homes poetas recitaron poesía e outros textos
fronte as costas arteixáns. Non faltou a música da gaita para acompañar
neste belo roteiro.
Avante na Defensa da Pesca Responsable e Artesanal
Encontro artístico reivindicativo da pesca artesanal responsable
celebrado o domingo 5 xullo de 2015, coa participación de diferentes
artistas plásticos e visuais, poetas e músicos creando en directo
durante a xornada.
Inauguración Portable e obradoiros artísticos no Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
O dia 3 de xullo inauguramos a exposición Port-able no Castelo de Santa Cruz ACTIVIDADES NO CASTELO DE SANTA CRUZ (OLEIROS)
Exposición Port-Able
Obradoiros Arte e Medio Ambiente.
– Venres 3 xullo: Obradoiro de monotipia a partir da natureza Sábado 4 xullo – A maxia do lixo A
– Domingo 5 xullo – Obradoiro de debuxo axul e branco
Avante na Defensa da Pesca Responsable e Artesanal
Encontro artístico reivindicativo da pesca artesanal responsable coa
participación de diferentes artistas plásticos e visuais, poetas e
músicos creando en directo durante a xornada.
Horario: 12 – 20 h.
Propoño este video, unha peza pertencente a "ZËNZAR ao Vivo" editado no nadal do 2011 e grabado no ano 2009 en Cerceda, A Coruña. Zënzar leva en activo desde o ano 1988, sendo o grupo de rock en galego con máis historia. No 2012 editarán o que será o seu séptimo traballo sen contar maquetas, recompilatorios etc!!
Orgullo da terra galega é ter a unha artista coma Sés. Denominada polo prensa coma a
"Sabina" galega. Pero máis alá de denominacións, Sés, é unha gran artista do pais. Escribe letras revolucionarias, atrevidas, sociais, tocando moitos xéneros musicais. Ten unha excelente formación académica inda que o que máis irradia é humanidade, humildade e bo facer.
É a artista favorita da miña filla (e a miña), sábese todas as letras das cancións do último disco. A viu en directo no teatro Jofre de Ferrol. Encantounos aos dous. Abraiounos. Eu xa a coñecía dalgúns anos atrás ao asistir a algunhas actuacións súas nuns locais da zona do Orzán na Coruña.
Debería ser a diva de Galicia e, tempo ao tempo.
Sés, non ten nada que envexar a ningunha outra artista de renome, nin española nin estranxeira. Sés é nosa, é boísima, xenial. A pouco que vaia entrando, en máis e, máis, corazóns galegos, será recoñecida na nosa terra como a diva que merece ser. Como a escoite o Springsteen, seguro, seguro, que se namora dela.
Paga a pena mercar os seus discos. Quedarán amortizados, co talento de Sés e os seus músicos, dende a primeira ata a derradeira nota.
Déixovos con este xenial tema patriótico galego titulado Tempestades de Sal. A gozalo:
Organizado polo Arquivo da Pesca e a asociación Adisma en colaboración co Concello da Laracha e a Confraría de Pescadores de Caión. O percorrido partiu do museo do baixo do pósito e percorreu diferentes emprazamentos da vila, onde se realizaron paradas para ler os textos literarios, poemas, relatos e moita música galega.
Video recén estreado dos Diplomáticos de Montealto cunha nova canción coa letra do poema de Celso Emilio Ferreiro "Deitado frente ao Mar": Grandes! Moi grandes! Facendo país!
No Museo de Belas Artes da Coruña pódese ver o mural "Visión da Coruña, 1830"; unha obra que Lugrís pintou na parede da casa dun familiar en Madrid e que agora volta á Coruña. Trala benvida ao mural coa oda A Arribada, composta especialmente para ocasión. Logo da Arribada interpretouse esta fermosa canción, o imno do Colectivo Literario In Nave Civitas Lugrís, toda unha homenaxa ao mesmo Urbano Lugrís e a cidade barco, A Coruña.
"Berro Mollado" de Pablo Outón. O sábado 22 de decembro no III Día Lugrís, formando parte do colectivo In Nave Civitas Lugrís nunha "cuchipanda lugrisiana". "Menos derrotismo e máis surrealismo. Os espíritos de Antón Avilés de Taramancos e Urbano Lugrís estiveron con eles toda a fermosa xornada vivida. Toda unha homenaxe Grafiteira e cantareira no centro dos pasadelos da cidade barco A Coruña.