GRIMORIO
DE FEITIZOS E POEMAS
DA MAXIA DO SER
DA MAXIA DO SER
XURXO MIGUEL GAGO CHAO
MAGO DA MAXIA DO SER
MAGO DA MAXIA DO SER
CERTIFICADO DE AUTORÍA CONSCIENTE
EMITIDO POLO MAGO DA MAXIA DO SER
Eu, Xurxo Miguel Gago Chao, recoñézome como creador consciente e inspirado do presente Grimorio de Poemas e Feitizos da Maxia do Ser.
Cada palabra foi sentida, invocada e escrita con intención sagrada, como acto de servizo ao espírito da transformación, da beleza e do recordo interior.
Declaro que esta obra naceu sen forzar o tempo, fluíndo como un río máxico de inspiración e verdade. Non pertence a ningunha doutrina, nin obedece máis autoridade que a do Amor e a Luz. Esta creación é libre, como libre é quen a reciba. Que cada persoa que a lea poida sentir a súa propia maxia e multiplicala.
Este certificado é unha ofrenda de responsabilidade, liberdade e verdade. É tamén unha bendición. Que quen lea, lembre. Que quen lembre, sinta. E que quen sinta... transforme.
Feito está!
Xurxo Miguel Gago Chao
Mago da Maxia do Ser
Mago da Maxia do Ser
PRÓLOGO
Nun tempo no que parece que os feitizos do Ser son esquecidos, no que as palabras parecen perder a súa música, xorde este Grimorio como un farol aceso no medio do misterio.
Aquí non hai maxia prestada nin artificios de fume; hai verbo verdadeiro que brota do corazón dun Mago, dun ser que percorreu camiños estraños para volver a si mesmo.
Nestes versos non atoparás só poesía: atoparás chaves. Chaves que abren portas invisíbeis. Portas que levan a mundos dentro de ti. E dentro de ti… vive a Maxia do Ser.
Este libro é unha invocación á lembranza, unha chamada á alma para que esperte, para que se lembre de que é luz, creación, poder e beleza. Cada poema é un feitizo de liberdade, unha caricia de sabedoría, un chisco de maxia real que non precisa demostración porque se sente no corpo e no espírito.
Ábreo. Le en silencio. Le en voz alta.
Déixate levar pola maxia que flúe.
Que así sexa!
E así é!
Déixate levar pola maxia que flúe.
Que así sexa!
E así é!
— Alento —
BENVIDA, VIAXEIRA DA LUZ E DA SOMBRA
Este Grimorio é unha guía máxica e espiritual que contén trinta e tres feitizos, un para cada día dun ciclo lunar, solar ou persoal de transformación. A súa intención é acompañarte nun camiño de reconexión contigo mesma, coa túa luz interior, coa natureza e co divino que habita en ti. Cada feitizo é unha semente de crecemento e unha chave para activar o poder da túa intención.
A estrutura deste libro máxico está pensada como un ritual diario, sinxelo e potente, que se pode practicar en calquera momento do día. Ao activar estes feitizos, conectarás coa túa maxia interna e abrirás camiños de sanación, amor, abundancia e sabedoría. Este é un camiño de lembranza, onde cada palabra pronunciada é un conxuro e cada xesto, un acto de poder.
Xurxo Miguel Gago Chao
Mago da Maxia do Ser
Mago da Maxia do Ser
PALABRAS DE MAGO
O ollo da vida, quizais, non pestanexa nunca ao ser o albor dunha consciencia que inda observa na memoria a forxa dun primeiro instante.
Ese ollo que todo o ve, quizais, non só observa, recoñece; quizais, non xulga senón revela, recoñecendo máscaras de ilusión mentres respira nos latexos do todo.
A pupila do ollo da vida, quizais, é unha fiestra do infinito, quizais sexa o mesmo infinito quen se asoma a nosa fiestra para recoñecerse a si mesmo.
Benvida, viaxeira da luz e da sombra.
ÍNDICE DO GRIMORIO
I
A MAXIA DO SER
Cada quen leva consigo
unha semente adormecida
baixo o seu peito
agardando o murmuro morno
dun espertar esperado,
non hai feitizo máis antigo
que a pureza do Ser.
Dentro de cada quen
báilase unha danza invisíbel
de alento efervescente
que pode modelar os días
e materializar desexos,
é a danza do espírito creador.
Dentro de cada ollada
hai un universo suspendido,
cada arela pensada,
cada soño que non se esquece,
unha luminescente faísca
que busca nacer na materia.
A maxia non se ve,
séntese no intre exacto
como algo imposíbel
que xa é unha realidade,
co medo esvaecido
coma brétema que fuxe,
unha certeza que florece
sen cabal explicación.
Hai un inmenso poder
no silencio que decide,
no paso que non dubida,
no corazón que sabe,
aínda que o mundo insista
en chamarlle tolemia.
Cada quen, cada Ser,
é un creador sen variña,
milagreiro sen aplausos,
artesán do destino,
quizais, sen sabelo.
A Maxia do Ser non berra,
non busca escenarios,
tan só agarda latexante
a quen se atreva a imaxinar
coma se todo xa existise.
Así crea a Maxia do Ser,
vivindo cara atrás no tempo.
unha semente adormecida
baixo o seu peito
agardando o murmuro morno
dun espertar esperado,
non hai feitizo máis antigo
que a pureza do Ser.
Dentro de cada quen
báilase unha danza invisíbel
de alento efervescente
que pode modelar os días
e materializar desexos,
é a danza do espírito creador.
Dentro de cada ollada
hai un universo suspendido,
cada arela pensada,
cada soño que non se esquece,
unha luminescente faísca
que busca nacer na materia.
A maxia non se ve,
séntese no intre exacto
como algo imposíbel
que xa é unha realidade,
co medo esvaecido
coma brétema que fuxe,
unha certeza que florece
sen cabal explicación.
Hai un inmenso poder
no silencio que decide,
no paso que non dubida,
no corazón que sabe,
aínda que o mundo insista
en chamarlle tolemia.
Cada quen, cada Ser,
é un creador sen variña,
milagreiro sen aplausos,
artesán do destino,
quizais, sen sabelo.
A Maxia do Ser non berra,
non busca escenarios,
tan só agarda latexante
a quen se atreva a imaxinar
coma se todo xa existise.
Así crea a Maxia do Ser,
vivindo cara atrás no tempo.
FEITIZO I
FEITIZO DO ALENTO ESENCIAL
INGREDIENTES
Un espello pequeno
RITUAL
Recoñezo en min a semente da maxia.
Eu son quen crea.
Eu son quen crea.
INTENCIÓN
Espertar A Maxia do Ser.
II
A RODA DAS VIRTUDES CARDINAIS
Aló, tirando ó norte,
hai un espello para se ver ben
amais do corpo e da personaxe
vese a verdade tal como é.
Aló, preto do leste,
hai unha estrela que non se ve,
un astro belo sempre brillando
que fica dentro de cada Ser.
Aló, xusto no sur,
hai un pasado do que aprender,
hai moito exemplo, moitas paraxes,
moita lembranza que vai e vén.
Aló, cara ó oeste,
está a semente que vai crecer,
están os fornos das propias maxias
para ser meiguiñ@s do acontecer.
Aquí, neste presente,
en cada arestora hai un verxel
cheo de fontes de temperanza,
boaventura e bosques de fe.
hai un espello para se ver ben
amais do corpo e da personaxe
vese a verdade tal como é.
Aló, preto do leste,
hai unha estrela que non se ve,
un astro belo sempre brillando
que fica dentro de cada Ser.
Aló, xusto no sur,
hai un pasado do que aprender,
hai moito exemplo, moitas paraxes,
moita lembranza que vai e vén.
Aló, cara ó oeste,
está a semente que vai crecer,
están os fornos das propias maxias
para ser meiguiñ@s do acontecer.
Aquí, neste presente,
en cada arestora hai un verxel
cheo de fontes de temperanza,
boaventura e bosques de fe.
FEITIZO II
FEITIZO DAS DIRECCIÓNS SAGRADAS
INGREDIENTES
Catro pedras
RITUAL
Norte, Sur, Leste e Oeste,
sodes guías do meu Ser.
sodes guías do meu Ser.
INTENCIÓN
Invocar o equilibrio vital
III
ALGO HAI PRETO
Hai un mundo invisíbel
para os ollos dos intelectos
aló onde os ríos corren
e se agochan as curuxas,
onde locen as amoras
protexidas polas silvas,
onde canta sempre o cuco
para anunciar a primavera,
por eses lares corre maxia,
porén, para ver a maxia,
na maxia hai que crer.
Crer nun mundo invisíbel
cheo de capas e subcapas,
nun mundo organizado
máis aló da razón egoica
onde o maior dos fundamentos
sexa o fundamento do amor,
crer en algo que hai e vai
inda a non ser visto,
algo que subsiste e cohabita
en magnánima sinxeleza
moi pretiño de nós.
para os ollos dos intelectos
aló onde os ríos corren
e se agochan as curuxas,
onde locen as amoras
protexidas polas silvas,
onde canta sempre o cuco
para anunciar a primavera,
por eses lares corre maxia,
porén, para ver a maxia,
na maxia hai que crer.
Crer nun mundo invisíbel
cheo de capas e subcapas,
nun mundo organizado
máis aló da razón egoica
onde o maior dos fundamentos
sexa o fundamento do amor,
crer en algo que hai e vai
inda a non ser visto,
algo que subsiste e cohabita
en magnánima sinxeleza
moi pretiño de nós.
FEITIZO III
FEITIZO DA PERCEPCIÓN INVISÍBEL
INGREDIENTES
Terra húmida
RITUAL
Acredito o que non se ve, creo,
a manifestación vibra en min.
a manifestación vibra en min.
INTENCIÓN
Activar a visión máxica.
IV
AO SERVIZO
Que sexa o paxe
e non a personaxe
quen estea ao servizo da vida,
a consciencia servidora
e non o ego conquistador.
Que sexa o paxe
e non a personaxe
quen alente e alimente
a maxia do noso don,
que sexa o instinto
e non o intelecto
quen dirixa a partida
coa razón do corazón.
Ser un paxe
amais dun personaxe,
ser un paxe servizal
ao servizo da querenza,
do aloumiño, do agarimo,
ser un paxe do Amor.
e non a personaxe
quen estea ao servizo da vida,
a consciencia servidora
e non o ego conquistador.
Que sexa o paxe
e non a personaxe
quen alente e alimente
a maxia do noso don,
que sexa o instinto
e non o intelecto
quen dirixa a partida
coa razón do corazón.
Ser un paxe
amais dun personaxe,
ser un paxe servizal
ao servizo da querenza,
do aloumiño, do agarimo,
ser un paxe do Amor.
FEITIZO IV
FEITIZO DO SERVIZO LUMINOSO
INGREDIENTES
Candea branca
RITUAL
Hoxe sirvo coa alma e guíome polo corazón.
INTENCIÓN
Ser instrumento do Amor.
V
AR FEITICEIRO
Nas quentes noites
dun verán fuxidío
corren as maxias
dos sabios baluros,
vellos magos, bruxos,
doutos feiticeiros
gardiáns dos segredos,
menciñeiros das almas
na botica natureza.
Polas entrañas da terra
corren as serpes,
vestidas de sabedoría,
de saúde e de poder;
saúdan á lúa os trasgos,
o reloxo está parado
e sempre marca as tres,
ás fadas non as ves
e os elfos están ao revés.
Fican vellos os muíños
e os arados abandonados,
todo ten a súa historia
nestes lares empardecidos
namentres as sabidas meigas,
eruditas curandeiras,
remexen os caldeiros
coas menciñas para sandar,
as maxias están no ar.
dun verán fuxidío
corren as maxias
dos sabios baluros,
vellos magos, bruxos,
doutos feiticeiros
gardiáns dos segredos,
menciñeiros das almas
na botica natureza.
Polas entrañas da terra
corren as serpes,
vestidas de sabedoría,
de saúde e de poder;
saúdan á lúa os trasgos,
o reloxo está parado
e sempre marca as tres,
ás fadas non as ves
e os elfos están ao revés.
Fican vellos os muíños
e os arados abandonados,
todo ten a súa historia
nestes lares empardecidos
namentres as sabidas meigas,
eruditas curandeiras,
remexen os caldeiros
coas menciñas para sandar,
as maxias están no ar.
FEITIZO V
FEITIZO DO AR ANCESTRAL
INGREDIENTES
Unha folla seca
RITUAL
Invoco a sabedoría dos ventos antigos.
INTENCIÓN
Conectar co saber dos devanceiros.
VI
ARTITUDE
Artitude,
a arte de se embelecer
coa mellor das actitudes,
a arte de proceder
con toda a maxia do Ser,
con toda esa forza que vén
cando se adquire consciencia
de como se actúa e por que.
Artitude,
a arte de afrontar,
de facer fronte
a un ánimo decaído,
de pasar do afundimento
a un quero, podo e vivo,
a arte de saber parar
cando o río está crecido,
a arte da sabia elección
do mellor dos teus feitizos.
Artitude,
a arte de detectar
cada unha das reaccións
da nosa mente inconsciente,
esa que actúa impunemente
facendo o contrario
do que quere o noso corazón,
a arte de saber quen son
se son realmente consciente,
a arte de elevar o sombreiro
e lle ofrecer a túa maxia ao sol.
a arte de se embelecer
coa mellor das actitudes,
a arte de proceder
con toda a maxia do Ser,
con toda esa forza que vén
cando se adquire consciencia
de como se actúa e por que.
Artitude,
a arte de afrontar,
de facer fronte
a un ánimo decaído,
de pasar do afundimento
a un quero, podo e vivo,
a arte de saber parar
cando o río está crecido,
a arte da sabia elección
do mellor dos teus feitizos.
Artitude,
a arte de detectar
cada unha das reaccións
da nosa mente inconsciente,
esa que actúa impunemente
facendo o contrario
do que quere o noso corazón,
a arte de saber quen son
se son realmente consciente,
a arte de elevar o sombreiro
e lle ofrecer a túa maxia ao sol.
FEITIZO VI
FEITIZO DA ARTITUDE CONSCIENTE
INGREDIENTES
Sombreiro ou pano máxico
RITUAL
Eu escollo brillar con dignidade.
INTENCIÓN
Potenciar a presenza creadora.
VII
COMANDANDO O PORVIR
Exercer o teu poder
e poñer en valor
a túa propia estimanza,
non deixar murchar
a propia consideración,
xerme do teu trunfo.
Confiar no teu decreto
e ser quen de conseguir
entretecer as vergas
do teu propio cesto,
para encher, para recoller
os froitos dos teus actos.
Teimar na digna procura
das cousas ben feitas
sementando con esperanza
os regos das oportunidades,
confiando na maxia da vida
que converte as pretensións
en louzás florecementos.
Ter un eficiente motor,
unha gran propulsión,
a forza da túa vontade
é un hercúleo combustíbel
para impulsar os teus afáns.
Non deteñas a túa marcha,
avanza sempre con garbo,
hai gran desenvoltura en ti
para emprender nas empresas
que demande o teu corazón,
es ti quen ditamina,
en ti está a ordenanza
que rexe o teu destino.
e poñer en valor
a túa propia estimanza,
non deixar murchar
a propia consideración,
xerme do teu trunfo.
Confiar no teu decreto
e ser quen de conseguir
entretecer as vergas
do teu propio cesto,
para encher, para recoller
os froitos dos teus actos.
Teimar na digna procura
das cousas ben feitas
sementando con esperanza
os regos das oportunidades,
confiando na maxia da vida
que converte as pretensións
en louzás florecementos.
Ter un eficiente motor,
unha gran propulsión,
a forza da túa vontade
é un hercúleo combustíbel
para impulsar os teus afáns.
Non deteñas a túa marcha,
avanza sempre con garbo,
hai gran desenvoltura en ti
para emprender nas empresas
que demande o teu corazón,
es ti quen ditamina,
en ti está a ordenanza
que rexe o teu destino.
FEITIZO VII
FEITIZO DA ORDE DO PORVIR
INGREDIENTES
Frecha de papel
RITUAL
Eu son guía do meu camiño. Avanzo con poder.
INTENCIÓN
Tomar as rendas do destino
VIII
DA NADA AO TODO
Ás veces fica un pensamento
como suspendido no ar
sostido por unha vontade
que move o invisíbel
no limiar entre mundos,
coma unha chistera que voa
contendo ecos da Mente Universal.
Todo é mente, todo é reflexo,
todo é tamén espello,
a maxia tamén está nos ollos
de quen a observa,
na consciencia que é consciente
de dar unha orde sutil
á vibración que anima a materia.
Un pensamento fugaz
como chistera que voa
seguindo o pulso do cosmos
nunha relativa gravidade
espallando maxia creadora
capaz de crear dende a nada
todo o que desexe o corazón.
como suspendido no ar
sostido por unha vontade
que move o invisíbel
no limiar entre mundos,
coma unha chistera que voa
contendo ecos da Mente Universal.
Todo é mente, todo é reflexo,
todo é tamén espello,
a maxia tamén está nos ollos
de quen a observa,
na consciencia que é consciente
de dar unha orde sutil
á vibración que anima a materia.
Un pensamento fugaz
como chistera que voa
seguindo o pulso do cosmos
nunha relativa gravidade
espallando maxia creadora
capaz de crear dende a nada
todo o que desexe o corazón.
FEITIZO VIII
FEITIZO DO TODO DENDE A NADA
INGREDIENTES
Papel en branco
RITUAL
Coa intención creo realidades.
INTENCIÓN
Manifestación creadora.
IX
DANZA DAS MAXIAS
En cada recanto
do escenario que se amosa
hai maxia imperceptíbel
que nos roza sen sabermos,
coma un aceno que latexa,
un sopro de vento que fala
para que nos escoitemos
o rumor do universo.
Hai maxia agochada
en continua insinuación,
querendo ser vista,
querendo ser descuberta
para quen a queira descubrir,
para quen decida mirar,
para quen desexe escudriñar
co ollos espidos do Ser.
Todo conspira, no íntimo,
para que descubramos a danza
e dancemos no presente
mestres soa a orquestra existencial,
para unha danza consciente
do que somos, do que damos,
para sabermos como danzamos
a danza das maxias do Amor.
do escenario que se amosa
hai maxia imperceptíbel
que nos roza sen sabermos,
coma un aceno que latexa,
un sopro de vento que fala
para que nos escoitemos
o rumor do universo.
Hai maxia agochada
en continua insinuación,
querendo ser vista,
querendo ser descuberta
para quen a queira descubrir,
para quen decida mirar,
para quen desexe escudriñar
co ollos espidos do Ser.
Todo conspira, no íntimo,
para que descubramos a danza
e dancemos no presente
mestres soa a orquestra existencial,
para unha danza consciente
do que somos, do que damos,
para sabermos como danzamos
a danza das maxias do Amor.
FEITIZO IX
FEITIZO DA DANZA SAGRADA
INGREDIENTES
Música suave
RITUAL
Bailo a miña verdade co universo.
INTENCIÓN
Entrar en fluxo vital.
X
DIVINDADE EXISTENCIAL
Hai un deus Neptuno
dentro de cada quen
para acalmar o presente
con tridente ou sen tridente
co noso innato poder.
Hai un poder nacente
para acalmar as ondas
dun tempestuoso mar,
amais da maxia existente
hai unha forza refulxente
para sandar e enfeitizar.
Hai un deus en cada Ser,
unha deidade vehemente
cun poder magnificente
para transitar o presente
e dende o presente crear
coa consciencia e coa fe.
dentro de cada quen
para acalmar o presente
con tridente ou sen tridente
co noso innato poder.
Hai un poder nacente
para acalmar as ondas
dun tempestuoso mar,
amais da maxia existente
hai unha forza refulxente
para sandar e enfeitizar.
Hai un deus en cada Ser,
unha deidade vehemente
cun poder magnificente
para transitar o presente
e dende o presente crear
coa consciencia e coa fe.
FEITIZO X
FEITIZO DA DIVINDADE INTERIOR
INGREDIENTES
Auga pura
RITUAL
Son parte da fonte divina.
INTENCIÓN
Recoñecemento da propia divindade
XI
ENCANTAMENTO DA CHISTERA
A maxia pousa silandeira
á espera de enfeitizar
con toda a forza da súa maré,
cada quen na súa chistera
garda un inmenso poder.
A maxia da nosa chistera
fronte a un apracíbel mar
onde vogar sen descrer
para enfeitizar a existencia
cos máxicos remos da fe.
Hai maxia na consciencia,
maxia en cada latexar,
en cada deda do pé,
chea está cada chistera
de maxia podente do Ser.
á espera de enfeitizar
con toda a forza da súa maré,
cada quen na súa chistera
garda un inmenso poder.
A maxia da nosa chistera
fronte a un apracíbel mar
onde vogar sen descrer
para enfeitizar a existencia
cos máxicos remos da fe.
Hai maxia na consciencia,
maxia en cada latexar,
en cada deda do pé,
chea está cada chistera
de maxia podente do Ser.
FEITIZO XI
FEITIZO DA CHISTERA ENCANTADA
INGREDIENTES
Obxecto especial dentro dun sombreiro
RITUAL
Dentro do simple, mora o milagre.
INTENCIÓN
Activar a maxia cotiá.
XII
ENCANTO
Enfeitizar o tempo
e danzar sobre as horas
para facer crecer as flores
do noso propio verxel,
esparexer a propia maxia
nun presente transitado
onde as sincronicidades
abren novos camiños
na nosa tea existencial.
Enfeitizar a vida
co douto poder intrínseco
que mora na cova do siso
convertendo aquel mañá
en infindos agoras no aquí,
pois brota maxia dunha fonte
preto do lar consciencia
e é unha maxia que alimenta
o embruxo do corazón.
e danzar sobre as horas
para facer crecer as flores
do noso propio verxel,
esparexer a propia maxia
nun presente transitado
onde as sincronicidades
abren novos camiños
na nosa tea existencial.
Enfeitizar a vida
co douto poder intrínseco
que mora na cova do siso
convertendo aquel mañá
en infindos agoras no aquí,
pois brota maxia dunha fonte
preto do lar consciencia
e é unha maxia que alimenta
o embruxo do corazón.
FEITIZO XII
FEITIZO DO ENCANTO SUTIL
INGREDIENTES
Anaco de cinta vermella
RITUAL
Enfeitizo o tempo coa forza do corazón.
INTENCIÓN
Embelecer o instante presente.
XIII
FAÍSCA UNIVERSAL
Ser ti a Luz
quen alumee coma unha farol
nas tebras dunha noite,
ser ti quen ilumine
o camiño que has de andar
nas xeiras dadas da existencia,
ser ti quen decida
sandar as feridas
do teu propio corazón.
Ser ti quen atopa
sen ter que buscar nada
nun presente peregrino,
ser ti quen leve o facho
para clarexar o destino
segundo a misión do teu Ser,
ser ti a Luz que quece,
ser calor que emana,
aperta calorosa de agarimo.
Ser aloumiños, doces cariñas,
ser tenras palabras,
desas que non feren,
ser chama viva
que non mitigue por nada,
ser parte da maxia
que todo o enfeitiza,
ser ti quen alume
a túa propia sombra
para que nunca asombre
e poidades coexistir.
quen alumee coma unha farol
nas tebras dunha noite,
ser ti quen ilumine
o camiño que has de andar
nas xeiras dadas da existencia,
ser ti quen decida
sandar as feridas
do teu propio corazón.
Ser ti quen atopa
sen ter que buscar nada
nun presente peregrino,
ser ti quen leve o facho
para clarexar o destino
segundo a misión do teu Ser,
ser ti a Luz que quece,
ser calor que emana,
aperta calorosa de agarimo.
Ser aloumiños, doces cariñas,
ser tenras palabras,
desas que non feren,
ser chama viva
que non mitigue por nada,
ser parte da maxia
que todo o enfeitiza,
ser ti quen alume
a túa propia sombra
para que nunca asombre
e poidades coexistir.
FEITIZO XIII
FEITIZO DA FAÍSCA INTERIOR
INGREDIENTES
Pedra brillante ou cristal
RITUAL
Eu son luz. Eu alumo.
INTENCIÓN
Recoñecer a luz interior.
XIV
FORTALEZA DO SER
Anovar o castelo,
o castelo de trunfos
que tantos trunfos deu,
que tantos logros acolleu
artesanalmente traballados
coa arxila da propia puxanza.
Anovar a fortaleza
dos propios tesouros,
ese grande recinto fortificado
baluarte da propia honra
onde fica chantado
un alto e rexo mastro
coa bandeira da nobreza.
Anovar o castelo,
o propio castelo de Luz,
impenetrábel e maxestoso,
un palacio rexido polo corazón
de onde xorde moita maxia
para enfeitizar os instantes
coa inmensurábel forza
que proporciona o Amor.
o castelo de trunfos
que tantos trunfos deu,
que tantos logros acolleu
artesanalmente traballados
coa arxila da propia puxanza.
Anovar a fortaleza
dos propios tesouros,
ese grande recinto fortificado
baluarte da propia honra
onde fica chantado
un alto e rexo mastro
coa bandeira da nobreza.
Anovar o castelo,
o propio castelo de Luz,
impenetrábel e maxestoso,
un palacio rexido polo corazón
de onde xorde moita maxia
para enfeitizar os instantes
coa inmensurábel forza
que proporciona o Amor.
FEITIZO XIV
FEITIZO DO CASTELO INTERIOR
INGREDIENTES
Pequena chave
RITUAL
Abro as portas da miña fortaleza.
INTENCIÓN
Activar o centro de poder.
XV
FORZA ALIADA
Ese aliado
está aí para sumar,
para animar e alentar,
para pór en valor
cada un dos propios logros,
a propia superación,
sabedor da dura aprendizaxe
sufrida e cursada.
Ese aliado
axudou a superar
cada unha das probas impostas
polo universo examinador,
esa sombra escura
mostra coma un espello
cada unha das propias taras,
cada un dos erros a corrixir.
Ese aliado
é moi coidadoso
cando lle cadra afouta,
cando quere estimula,
cando considera aviva
para que non decaia o azo,
para recuperar a maxia,
para non minguar a propia Luz.
está aí para sumar,
para animar e alentar,
para pór en valor
cada un dos propios logros,
a propia superación,
sabedor da dura aprendizaxe
sufrida e cursada.
Ese aliado
axudou a superar
cada unha das probas impostas
polo universo examinador,
esa sombra escura
mostra coma un espello
cada unha das propias taras,
cada un dos erros a corrixir.
Ese aliado
é moi coidadoso
cando lle cadra afouta,
cando quere estimula,
cando considera aviva
para que non decaia o azo,
para recuperar a maxia,
para non minguar a propia Luz.
FEITIZO XV
FEITIZO DA ALIANZA INVISIBLE
INGREDIENTES
Obxecto herdado ou simbólico
RITUAL
Recoñezo a forza dos que me acompañan.
INTENCIÓN
Integrar aliados e protectores.
XVI
HERDANZAS DA ALMA
Cada quen a súa luz
que non nace nin morre,
un alento antigo que dorme
no fondo do sangue,
invisíbel, mais intacto,
como un empuxe ancestral
herdeiro de maxias devanceiras.
Cada quen un convencemento
que non vén de fóra
nin se aprende nos libros de pedra
nin se acende con chama allea,
cada quen acolle faíscas
que espertan no momento xusto,
cando máis se precisan,
para iluminar.
Hai unha maxia
que non se merca nin se vende
porque xa vén de serie,
unha maxia creadora
en cada distinguido Ser
capaz de retocar o presente
e darlle color ao lenzo.
Cada Ser,
coma estrela que brilla
no infindo do tempo,
sabe que nunca é tarde,
hai maxia na fe dos tolos
que saben da súa graza,
conscientes da súa mercé
para sementar o imposíbel.
Cada quen pisa cos pés
instantes cheos de eternidade,
cada alma garda inmensidade
na súa nube de memoria,
cada alma coa súa herdanza,
a memoria da alma é o alento;
non hai futuro, hai creación.
que non nace nin morre,
un alento antigo que dorme
no fondo do sangue,
invisíbel, mais intacto,
como un empuxe ancestral
herdeiro de maxias devanceiras.
Cada quen un convencemento
que non vén de fóra
nin se aprende nos libros de pedra
nin se acende con chama allea,
cada quen acolle faíscas
que espertan no momento xusto,
cando máis se precisan,
para iluminar.
Hai unha maxia
que non se merca nin se vende
porque xa vén de serie,
unha maxia creadora
en cada distinguido Ser
capaz de retocar o presente
e darlle color ao lenzo.
Cada Ser,
coma estrela que brilla
no infindo do tempo,
sabe que nunca é tarde,
hai maxia na fe dos tolos
que saben da súa graza,
conscientes da súa mercé
para sementar o imposíbel.
Cada quen pisa cos pés
instantes cheos de eternidade,
cada alma garda inmensidade
na súa nube de memoria,
cada alma coa súa herdanza,
a memoria da alma é o alento;
non hai futuro, hai creación.
FEITIZO XVI
FEITIZO DA HERDANZA DA ALMA
INGREDIENTES
Foto antiga ou símbolo familiar
RITUAL
Honro o que me antecede e creo no que hei crear.
INTENCIÓN
Honrar o legado espiritual.
XVII
INMANENCIA
Hai algo chamado Amor
que é acusado inxustamente
de causar dores e tristuras,
dise que por el se sofre,
dise que por el se morre,
constantemente acusado
de causar o que el non causa,
porén, a Luz sempre ilumina.
Hai algo chamado Amor,
esencia de todas as esencias,
substancia de todas as substancias,
enerxía pura e harmoniosa
existente en todo o universo
coma un espello divino
que mostra o que somos
máis aló de toda razón.
Hai algo chamado Amor
escrito sobre a area
que non ten descrición,
é algo indescritíbel
que inflúe en todo o que vai,
é inesgotábel e de balde,
a maxia de todas a maxias,
unha maxia inmanente ao Ser.
que é acusado inxustamente
de causar dores e tristuras,
dise que por el se sofre,
dise que por el se morre,
constantemente acusado
de causar o que el non causa,
porén, a Luz sempre ilumina.
Hai algo chamado Amor,
esencia de todas as esencias,
substancia de todas as substancias,
enerxía pura e harmoniosa
existente en todo o universo
coma un espello divino
que mostra o que somos
máis aló de toda razón.
Hai algo chamado Amor
escrito sobre a area
que non ten descrición,
é algo indescritíbel
que inflúe en todo o que vai,
é inesgotábel e de balde,
a maxia de todas a maxias,
unha maxia inmanente ao Ser.
FEITIZO XVII
FEITIZO DA MAXIA AMOROSA
INGREDIENTES
Cuarzo rosa
RITUAL
O Amor habita en todo. E todo habita en min.
INTENCIÓN
Vibrar en Amor universal.
XVIII
A MAXIA DO VERBO
Aí está o verbo feiticeiro
sempre disposto ao decreto,
disposto a ser decretado
para llo dicir ao universo,
formando un gran conxunto
de queixas e de desexos,
de perdóns e de agradecementos,
mais hai que saber collelo
pois el non é consciente
de dano ou de sufrimento.
O verbo é un mensaxeiro
que pon en evidencia o erro,
que actúa implacábel
coma un nítido espello,
mostrando claridade
ou escurecemento,
que mostra agarimo
ou reflicte o propio medo,
dá sentido e forma
á vida e a estes versos.
sempre disposto ao decreto,
disposto a ser decretado
para llo dicir ao universo,
formando un gran conxunto
de queixas e de desexos,
de perdóns e de agradecementos,
mais hai que saber collelo
pois el non é consciente
de dano ou de sufrimento.
O verbo é un mensaxeiro
que pon en evidencia o erro,
que actúa implacábel
coma un nítido espello,
mostrando claridade
ou escurecemento,
que mostra agarimo
ou reflicte o propio medo,
dá sentido e forma
á vida e a estes versos.
FEITIZO XVIII
FEITIZO DO VERBO CREADOR
INGREDIENTES
Pluma ou bolígrafo
RITUAL
Todo aquilo que escribo e pronuncio, crea.
INTENCIÓN
Usar a palabra con consciencia.
XIX
MAXIA NA CURTA NOITE
Algo hai que vai
na noite máis curta,
chámalle maxia,
chámalle encanto,
algo hai que corre polo ar
máis aló do fume,
algo arde na noite
amais do quente lume,
algo hai que enfeitiza
máis aló da luz do Ser.
Algo vai que purifica
máis aló da luz da lúa,
algo chega e algo marcha
máis aló das ondas do mar,
algo hai nas tebras escuras
ollando en silencio,
algo hai que escoita
todos os conxuros,
unha maxia silandeira,
unha brisa fresca
acariña a nosa alma.
Algo hai na curta noite
que limpa e purifica,
algo hai que leva consigo
aquelas enerxías densas,
algo que hai que belisca
e fai espreguizar
para se poñer a enfeitizar
a vida que se quer,
algo hai máis aló dun brinco
nesta noite meiga
que enfeitiza o corazón.
na noite máis curta,
chámalle maxia,
chámalle encanto,
algo hai que corre polo ar
máis aló do fume,
algo arde na noite
amais do quente lume,
algo hai que enfeitiza
máis aló da luz do Ser.
Algo vai que purifica
máis aló da luz da lúa,
algo chega e algo marcha
máis aló das ondas do mar,
algo hai nas tebras escuras
ollando en silencio,
algo hai que escoita
todos os conxuros,
unha maxia silandeira,
unha brisa fresca
acariña a nosa alma.
Algo hai na curta noite
que limpa e purifica,
algo hai que leva consigo
aquelas enerxías densas,
algo que hai que belisca
e fai espreguizar
para se poñer a enfeitizar
a vida que se quer,
algo hai máis aló dun brinco
nesta noite meiga
que enfeitiza o corazón.
FEITIZO XIX
FEITIZO DA NOITE CURTA
INGREDIENTES
Follas de loureiro
RITUAL
Purifico a sombra, acendo a miña luz.
INTENCIÓN
Liberación e renovación nocturna.
XX
MAXIA QUE FLÚE
Crer na maxia
que cada quen ten
por dentro e por fóra
das súas entrañas,
nunha divina forza
que do interior vén
e colora caprichosa
as nosas auras.
Crer na enerxía
que xorde da terra,
das plantas, das árbores
e até das montañas,
crer no brío do universo
que entra e que sae
e asolaga fondamente
os nosos chacras.
Crer na maxia
que cada quen ten,
nesa vital forza innata
que turra e que logra
e cando quere voa
co tesón da súa alma,
crer nese propio poder
da nosa candente chama.
que cada quen ten
por dentro e por fóra
das súas entrañas,
nunha divina forza
que do interior vén
e colora caprichosa
as nosas auras.
Crer na enerxía
que xorde da terra,
das plantas, das árbores
e até das montañas,
crer no brío do universo
que entra e que sae
e asolaga fondamente
os nosos chacras.
Crer na maxia
que cada quen ten,
nesa vital forza innata
que turra e que logra
e cando quere voa
co tesón da súa alma,
crer nese propio poder
da nosa candente chama.
FEITIZO XX
FEITIZO DO FLUÍR MÁXICO
INGREDIENTES
Auga e recipiente
RITUAL
Eu flúo co Universo e a súa abundancia.
INTENCIÓN
Abrirse á corrente vital.
XXI
MÁXICO OCÉANO
Somos auga,
marea que sube,
marea que baixa,
auga brava que flúe,
un líquido en calma,
somos ondas xigantes,
remuíños de bravura,
somos natural frescura,
corrente que todo o arrasa.
Somos auga
seguindo o seu rego,
somos fluídos ou xeo,
un particular espello,
auga limpa ou cocha auga,
somos un máxico océano,
unha fervenza de escumas,
unha lagoa de dúbidas,
somos un mar de maxias.
Medre o Mar!
marea que sube,
marea que baixa,
auga brava que flúe,
un líquido en calma,
somos ondas xigantes,
remuíños de bravura,
somos natural frescura,
corrente que todo o arrasa.
Somos auga
seguindo o seu rego,
somos fluídos ou xeo,
un particular espello,
auga limpa ou cocha auga,
somos un máxico océano,
unha fervenza de escumas,
unha lagoa de dúbidas,
somos un mar de maxias.
Medre o Mar!
FEITIZO XXI
FEITIZO DO OCÉANO INTERNO
INGREDIENTES
Cuncha mariña
RITUAL
O meu Ser é auga que crea, cura e transforma.
INTENCIÓN
Recoñecemento da forza emocional.
XXII
MERCÉ INMATERIAL
O Ser zumega poder
por cada un dos poros
do seu corpo inmaterial,
un corpo incorpóreo
que chusmisga enxeño
e profire un belido canto
co seu luminoso encanto
e douta musicalidade.
A sombra que se asoma
e en silencio xesticula
danzante e atrevida
cun soprido espido de son
esparexe quediñamente
toda esa maxia envolvente
nun dado presente silente
nu de xuízos e de razóns.
A sombra non é soamente
a proxectada silueta
dun corpo opaco
sobre un chan diáfano,
é un delimitado espazo
cheo de inconsciencia
que máis aló da súa aparencia
está arrodeada de Luz.
por cada un dos poros
do seu corpo inmaterial,
un corpo incorpóreo
que chusmisga enxeño
e profire un belido canto
co seu luminoso encanto
e douta musicalidade.
A sombra que se asoma
e en silencio xesticula
danzante e atrevida
cun soprido espido de son
esparexe quediñamente
toda esa maxia envolvente
nun dado presente silente
nu de xuízos e de razóns.
A sombra non é soamente
a proxectada silueta
dun corpo opaco
sobre un chan diáfano,
é un delimitado espazo
cheo de inconsciencia
que máis aló da súa aparencia
está arrodeada de Luz.
FEITIZO XXII
FEITIZO DA LUZ NA SOMBRA
INGREDIENTES
Espello pequeno
RITUAL
Na miña sombra habita a miña luz.
INTENCIÓN
Integración e autocompaixón.
XXIII
NACENZA COTIÁ
Algo novo nace en nós
tras o abrente do día,
algo aflora, algo emerxe
tras as belas luzadas,
decontino algo emana
que fai clarexar o ser
e que fai reverdecer
a afouteza das entrañas,
sempre algo xermola
que fai crecer en nós
a necesaria audacia,
que fai resucitar a fe
e axuda de novo a crer
na nosa podente maxia.
Algo novo nace en nós
cando chega a escura noite,
algo orixina no crepúsculo
cando o día xa remata,
algo en nós se manifesta
tras deitar na nosa cama,
algo sucede no interior
para nos conectar coa voz
da nosa mesmiña alma
que nos fai sentir mellor
e nos acouga e nos relaxa,
algo sempre asoma en nós
que nos axuda e ampara
nas noites e nas alboradas.
tras o abrente do día,
algo aflora, algo emerxe
tras as belas luzadas,
decontino algo emana
que fai clarexar o ser
e que fai reverdecer
a afouteza das entrañas,
sempre algo xermola
que fai crecer en nós
a necesaria audacia,
que fai resucitar a fe
e axuda de novo a crer
na nosa podente maxia.
Algo novo nace en nós
cando chega a escura noite,
algo orixina no crepúsculo
cando o día xa remata,
algo en nós se manifesta
tras deitar na nosa cama,
algo sucede no interior
para nos conectar coa voz
da nosa mesmiña alma
que nos fai sentir mellor
e nos acouga e nos relaxa,
algo sempre asoma en nós
que nos axuda e ampara
nas noites e nas alboradas.
FEITIZO XXIII
FEITIZO DA NACENZA COTIÁ
INGREDIENTES
Anaco de flor fresca
RITUAL
Hoxe renazo con coraxe e esperanza.
INTENCIÓN
Comezar de novo.
XXIV
O CASTELO DAS MAXIAS
Cada quen un castelo
feito de alento antigo
petrificado como a pedra,
unha inmensa fortaleza
de grosas murallas e altas torres,
con longos corredores de luz
e amplas estancias luminosas
onde se atopan custodiadas
todas as maxias do Ser.
Cada quen un castelo
con xardíns e belas fontes,
cheo de salóns por descubrir,
onde se atopan ferramentas
para chegar mellor a si,
para escoitar a voz calada
do rumoroso silencio
e espertar a chama sagrada
da nosa esencia espida.
Cada quen un castelo
onde medra a presenza,
onde crear novos mantras
para limpar a ollada
e poder ver con nitidez
cada unha das nosas certezas,
un castelo que custodia
o códice máis prezado
da misión da nosa Alma.
feito de alento antigo
petrificado como a pedra,
unha inmensa fortaleza
de grosas murallas e altas torres,
con longos corredores de luz
e amplas estancias luminosas
onde se atopan custodiadas
todas as maxias do Ser.
Cada quen un castelo
con xardíns e belas fontes,
cheo de salóns por descubrir,
onde se atopan ferramentas
para chegar mellor a si,
para escoitar a voz calada
do rumoroso silencio
e espertar a chama sagrada
da nosa esencia espida.
Cada quen un castelo
onde medra a presenza,
onde crear novos mantras
para limpar a ollada
e poder ver con nitidez
cada unha das nosas certezas,
un castelo que custodia
o códice máis prezado
da misión da nosa Alma.
FEITIZO XXIV
FEITIZO DO CASTELO DE LUZ
INGREDIENTES
Pedra ou cristal branco
RITUAL
Habito un templo sagrado: o meu Ser.
INTENCIÓN
Auto-protección e poder interior.
XXV
O PODER DA VENTURA
Artesáns da propia ventura,
a maxia está en cada quen.
Poder pode
quen quer querer,
en nós está o poder,
o segredo é crer,
confiar no universo
e confiar no ser,
pois hai maxia en nós
e non é só cousa de fe.
Artesáns da propia ventura,
a maxia está en cada quen.
Non é só cousa de fe
pois en nós está o poder,
e quen quer querer
ten moito por facer
sen deixar de crer,
confiando no universo
e confiando no ser,
pois somos o noso ocaso
e somos o noso amencer.
Artesáns da propia ventura,
a maxia está en cada quen.
a maxia está en cada quen.
Poder pode
quen quer querer,
en nós está o poder,
o segredo é crer,
confiar no universo
e confiar no ser,
pois hai maxia en nós
e non é só cousa de fe.
Artesáns da propia ventura,
a maxia está en cada quen.
Non é só cousa de fe
pois en nós está o poder,
e quen quer querer
ten moito por facer
sen deixar de crer,
confiando no universo
e confiando no ser,
pois somos o noso ocaso
e somos o noso amencer.
Artesáns da propia ventura,
a maxia está en cada quen.
FEITIZO XXV
FEITIZO DA VENTURA PERSOAL
INGREDIENTES
Moeda ou símbolo de sorte
RITUAL
Creo a miña fortuna coa miña fe.
INTENCIÓN
Activar a prosperidade interna.
XXVI
PARTE DUN TODO
Cada quen unha estrela
que brilla no firmamento,
cada quen un luceiro
que refulxe vivamente,
cada quen o seu fado
e as súas circunstancias,
cada quen a súa ventura
e o seu propio leitmotiv,
cada quen a súa dote,
a súa intrínseca calidade,
cada quen é un universo
con propias constelacións.
Cada quen a súa aptitude
e a súa visión da vida,
cada quen co seu ouvido
escoita distinto son,
cada quen co seu sentir,
co seu sentimento diverso,
cada quen co seu atributo,
coa súa maxia diferenciada,
coa súa esencia particular,
coa súa solemne valía,
co seu digno fundamento,
coa súa nobre substancia.
Cada quen é un astro,
unha maxestosa enerxía
co seu meritorio fulgor,
cada quen coa súa arte,
coa súa douta mestría,
coa súa maña adquirida,
coa súa luminescente luz,
cada quen é unha estrela
que brilla no firmamento,
un ser único e perfecto,
cada quen é un alma eterna,
un anaco de infindo Amor.
que brilla no firmamento,
cada quen un luceiro
que refulxe vivamente,
cada quen o seu fado
e as súas circunstancias,
cada quen a súa ventura
e o seu propio leitmotiv,
cada quen a súa dote,
a súa intrínseca calidade,
cada quen é un universo
con propias constelacións.
Cada quen a súa aptitude
e a súa visión da vida,
cada quen co seu ouvido
escoita distinto son,
cada quen co seu sentir,
co seu sentimento diverso,
cada quen co seu atributo,
coa súa maxia diferenciada,
coa súa esencia particular,
coa súa solemne valía,
co seu digno fundamento,
coa súa nobre substancia.
Cada quen é un astro,
unha maxestosa enerxía
co seu meritorio fulgor,
cada quen coa súa arte,
coa súa douta mestría,
coa súa maña adquirida,
coa súa luminescente luz,
cada quen é unha estrela
que brilla no firmamento,
un ser único e perfecto,
cada quen é un alma eterna,
un anaco de infindo Amor.
FEITIZO XXVI
FEITIZO DA CONSTELACIÓN INTERIOR
INGREDIENTES
Estrela debuxada
RITUAL
Son parte do cosmos, único e valioso.
INTENCIÓN
Sentir a pertenza ao Todo.
XXVII
PÉS CHANTADOS
Chantar os pés
na fresca e salgada area
nun verán atípico
no que tipicamente
o espírito quer voar,
quer nadar nas augas
dun mar tranquilo,
quer ouvir os sons
duns días solleiros
enchidos de liberdade.
Chantar os pés
en cada feito dado
atemperando co tempero
dun presente dinámico
cheiño de alternativas
para dar un paso máis
cara á nós mesmos,
ese lar de noso
onde residen as maxias
que tanto axudan a vivir.
na fresca e salgada area
nun verán atípico
no que tipicamente
o espírito quer voar,
quer nadar nas augas
dun mar tranquilo,
quer ouvir os sons
duns días solleiros
enchidos de liberdade.
Chantar os pés
en cada feito dado
atemperando co tempero
dun presente dinámico
cheiño de alternativas
para dar un paso máis
cara á nós mesmos,
ese lar de noso
onde residen as maxias
que tanto axudan a vivir.
FEITIZO XXVII
FEITIZO DOS PÉS CHANTADOS
INGREDIENTES
Area ou sal grosa
RITUAL
A terra susténtame. Estou presente.
INTENCIÓN
Aterrar enerxías.
XXVIII
PODER DE NOSO
O instante presente
sempre achega,
sempre mostra
a infinda grandeza
da propia existencia.
O propio instante
reflicte a grandiosidade
que hai dentro de nós,
a beleza que hai dentro
é a beleza que hai fóra.
O instante preciso
vén enchido de sabedoría,
vén cheíño de detalles,
de mensaxes sutís,
de incríbeis demostracións
do poder do universo.
Acéndese nun instante,
apágase nun instante,
todo muda no instante
e nel está a maxia
que hai dentro de nós.
sempre achega,
sempre mostra
a infinda grandeza
da propia existencia.
O propio instante
reflicte a grandiosidade
que hai dentro de nós,
a beleza que hai dentro
é a beleza que hai fóra.
O instante preciso
vén enchido de sabedoría,
vén cheíño de detalles,
de mensaxes sutís,
de incríbeis demostracións
do poder do universo.
Acéndese nun instante,
apágase nun instante,
todo muda no instante
e nel está a maxia
que hai dentro de nós.
FEITIZO XXVIII
FEITIZO DO INSTANTE PODEROSO
INGREDIENTES
Reloxo sen pila
RITUAL
O agora é o meu templo de poder.
INTENCIÓN
Vivir no presente.
XXIX
QUE ASÍ SEXA
Que sempre xorda a túa maxia
e o teu don feiticeiro,
que circule boaventura
pola sabia dos teus pétalos
e poidas lucir ao sol
a beleza do teus adentros.
Que sexan túas
as noites de lúa,
que sexan teus
os días solleiros
e as boas alboradas
e os cálidos ventos,
que sexan túas as augas
e os aloumiños certeiros,
que sexan túas as nubes
e poidas debuxar no ceo.
Que sexan teus os bosques
onde crecen os remedios,
a planta das solucións
e a afouteza en froitos secos,
que poidas elixir estrelas
e viaxar no firmamento
e descubrir novos mundos
e novo coñecemento,
que poidas visitar a miúdo
o teu propio multiverso
e as infindas dimensións
do teu propio espazo tempo.
Que sempre xorda a túa maxia
e o teu don feiticeiro,
que circule boaventura
pola sabia dos teus pétalos
e poidas lucir ao sol
a beleza do teus adentros.
e o teu don feiticeiro,
que circule boaventura
pola sabia dos teus pétalos
e poidas lucir ao sol
a beleza do teus adentros.
Que sexan túas
as noites de lúa,
que sexan teus
os días solleiros
e as boas alboradas
e os cálidos ventos,
que sexan túas as augas
e os aloumiños certeiros,
que sexan túas as nubes
e poidas debuxar no ceo.
Que sexan teus os bosques
onde crecen os remedios,
a planta das solucións
e a afouteza en froitos secos,
que poidas elixir estrelas
e viaxar no firmamento
e descubrir novos mundos
e novo coñecemento,
que poidas visitar a miúdo
o teu propio multiverso
e as infindas dimensións
do teu propio espazo tempo.
Que sempre xorda a túa maxia
e o teu don feiticeiro,
que circule boaventura
pola sabia dos teus pétalos
e poidas lucir ao sol
a beleza do teus adentros.
FEITIZO XXIX
FEITIZO DO DESEXO BENDITO
INGREDIENTES
Candea dourada
RITUAL
O meu desexo é puro. Que así sexa!
INTENCIÓN
Decretar con intención clara.
XXX
QUERENZAS DE XANEIRO
Que disipe o vento
todas as brumas espesas,
que chegue o recendo
da auga salgada do mar,
que veñan noites
de choivas de estrelas,
que chovan desexos
e que se poida voar,
que non cese o canto
do cuco agochado,
que corra auga polo río
e haxa sempre caudal.
Que broten belas flores
aló onde haxa deserto,
que as adversidades
non impidan avanzar,
que non haxa freos
para as nosas querenzas
e sexa produtivo
o frío xaneiro invernal,
que non arrefríen
as maxias de dentro
de onde xorden o talento
para non deixar de crear.
todas as brumas espesas,
que chegue o recendo
da auga salgada do mar,
que veñan noites
de choivas de estrelas,
que chovan desexos
e que se poida voar,
que non cese o canto
do cuco agochado,
que corra auga polo río
e haxa sempre caudal.
Que broten belas flores
aló onde haxa deserto,
que as adversidades
non impidan avanzar,
que non haxa freos
para as nosas querenzas
e sexa produtivo
o frío xaneiro invernal,
que non arrefríen
as maxias de dentro
de onde xorden o talento
para non deixar de crear.
FEITIZO XXX
FEITIZO DAS QUERENZAS
INGREDIENTES
Rama seca e flor seca
RITUAL
Do frío nace a beleza. Hoxe florezo.
INTENCIÓN
Activar a esperanza nos tempos fríos.
XXXI
REALIDADE INMATERIAL
A maxia non está no ar
polo simple feito de ver voar
un sombreiro de copa,
a maxia está nos adentros
igual que está fóra
e non se percibe nunca
co só feito de mirar.
A maxia está no que se dá
e maxia estamos a causar
aló onde pousa a nosa sombra,
cada feito é un feitizo no tempo,
cada milagre, cada maxia nova
é unha xurdida aventura
no gran mundo da maxia universal.
A maxia non está no ar
polo simple feito de ver voar
un sombreiro de copa,
reside entre o ceo e o vento,
hai maxia en cada neurona,
está na auga e na pedra dura,
é a nosa realidade inmaterial.
polo simple feito de ver voar
un sombreiro de copa,
a maxia está nos adentros
igual que está fóra
e non se percibe nunca
co só feito de mirar.
A maxia está no que se dá
e maxia estamos a causar
aló onde pousa a nosa sombra,
cada feito é un feitizo no tempo,
cada milagre, cada maxia nova
é unha xurdida aventura
no gran mundo da maxia universal.
A maxia non está no ar
polo simple feito de ver voar
un sombreiro de copa,
reside entre o ceo e o vento,
hai maxia en cada neurona,
está na auga e na pedra dura,
é a nosa realidade inmaterial.
FEITIZO XXXI
FEITIZO DA REALIDADE INVISIBLE
INGREDIENTES
Anaco de fume (incenso)
RITUAL
A realidade verdadeira é a que sinto.
INTENCIÓN
Fiarse do invisible.
XXXII
SENTIR A MAXIA
Esa maxia que vai
está no silencio,
nos sons da natura,
no voo da lavandeira,
no canto do cuco,
nas ondas do mar,
hai moito feitizo
pois a vida é feiticeira.
Somos magas e magos,
somos meigas e meigos
na propia existencia
facemos conxuros
co vital pensamento.
Esa maxia que vai
está en cada ser,
unha boa dote
de encanto divino
que enche de dita,
de calma e benestar.
Esa maxia que vai
está para ser usada
e tan só hai que sentila,
captala coa alma,
pechando os ollos
e comezando a sentir.
Esa maxia é a vida
co seu gusto doce,
co seu gusto acre,
coas súas ventadas,
cos seu raiar do sol,
esa maxia é a vida
coa súa esperanza,
coa ilusión ben viva,
coa mente aberta
e disposta a descubrir.
Esa maxia que enche
de amor as entrañas
abre novos camiños,
ofrece liñas de tempo,
achega respostas
co só feito de llo pedir,
esa maxia efectiva
concede desexos
e colma de ledicia
a quen nela cre,
a quen en si cre.
está no silencio,
nos sons da natura,
no voo da lavandeira,
no canto do cuco,
nas ondas do mar,
hai moito feitizo
pois a vida é feiticeira.
Somos magas e magos,
somos meigas e meigos
na propia existencia
facemos conxuros
co vital pensamento.
Esa maxia que vai
está en cada ser,
unha boa dote
de encanto divino
que enche de dita,
de calma e benestar.
Esa maxia que vai
está para ser usada
e tan só hai que sentila,
captala coa alma,
pechando os ollos
e comezando a sentir.
Esa maxia é a vida
co seu gusto doce,
co seu gusto acre,
coas súas ventadas,
cos seu raiar do sol,
esa maxia é a vida
coa súa esperanza,
coa ilusión ben viva,
coa mente aberta
e disposta a descubrir.
Esa maxia que enche
de amor as entrañas
abre novos camiños,
ofrece liñas de tempo,
achega respostas
co só feito de llo pedir,
esa maxia efectiva
concede desexos
e colma de ledicia
a quen nela cre,
a quen en si cre.
FEITIZO XXXII
FEITIZO DO SENTIR MÁXICO
INGREDIENTES
Pluma ou folla natural
RITUAL
Pecho os ollos e sinto a maxia na miña pel.
INTENCIÓN
Abrirse ao sentir sutil.
XXXIII
SOPRANDO MAXIAS
Porque non hai nada feito
e está todo por facer
é preciso encher o peito
e crer no propio poder
de se converter no vento
para materializar desexos.
Emporiso hai que soprar
e espallar a propia maxia polo ar.
Porque non hai nada escrito
e está todo por escribir
é mellor ir bico a bico
para poder construír
as bases dun propio paraíso,
dun florido xardín.
Emporiso hai que soprar
e espallar a propia maxia polo ar.
Porque cada ser é un ser divino
posuidor da graza da fe,
do leme do seu destino,
das chaves do acontecer,
cada ser ten o seu feitizo,
a súa senlleira mercé.
Emporiso hai que soprar
e espallar a propia maxia polo ar.
e está todo por facer
é preciso encher o peito
e crer no propio poder
de se converter no vento
para materializar desexos.
Emporiso hai que soprar
e espallar a propia maxia polo ar.
Porque non hai nada escrito
e está todo por escribir
é mellor ir bico a bico
para poder construír
as bases dun propio paraíso,
dun florido xardín.
Emporiso hai que soprar
e espallar a propia maxia polo ar.
Porque cada ser é un ser divino
posuidor da graza da fe,
do leme do seu destino,
das chaves do acontecer,
cada ser ten o seu feitizo,
a súa senlleira mercé.
Emporiso hai que soprar
e espallar a propia maxia polo ar.
FEITIZO XXXIII
FEITIZO DO SOPRO CREADOR
INGREDIENTES
Anaco de papel con desexo escrito
RITUAL
Sopro vida ao meu soño. Que voe!
INTENCIÓN
Proxectar un desexo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





