Vida despois da vida II
© Relato creado por Xurxo M. Gago Chao
A primeira, considerábase como a etapa da curación e do aprendizaxe. Nela; as almas recen chegadas, pasaban por unhas habitacións de distintas cores para seren purificadas con auga pura. A auga era a base de todo nesta etapa. Era o primeiro piso de A Esencia, decorado con cascadas e fervenzas que formaban unha paisaxe chea de enerxía positiva.
Martiño, foi pasado por diferentes compartimentos, nos que recibiu distintos chorros de auga. Dunha auga olorosa que recendía a flores. O seu corpo físico foi curando dos males e enfermidades que contraera na vida corpórea, inda que realmente non existise xa, pois nesa dimensión todo era enerxía con consciencia. Pero as almas chegadas inda tiñan esa necesidade ou costume de verse a si mesmas coma un corpo e non coma unha luz. Iso xa o irían aprendendo noutras etapas.
Todo o mundo ía vestido de branco, a brancura, a pureza, daban harmonía ao lugar. Martiño estivo paseando por un enorme espazo cheo de almas, cheo de persoas recen chegadas á nova vida. Podían falar entre eles, comentar as súas inquietudes, opinións, relatarse o que lles sucedera. El quería volver coa súa familia, cos seres queridos, pero estaba alí atrapado nesa especie de soño raro, de suave pesadelo. Ao pouco, viñéronlle algunhas respostas. Os recen chegados foron guiados a unha especie de salón de actos onde tiveron que sentarse e ver como do respaldo de cada asento saía una pantalla na que se estaba a reproducir o momento xusto da súa morte. As almas vellas levaban alí moito tempo traballando para guiar ás almas recen chegadas, e renunciaran a ascender a outras etapas por estar a gusto nesa, por sentirse realizadas co seu traballo. En A Esencia todo é voluntario, ninguén obriga a ninguén a nada, tan só se guía, tan so se aconsella. As decisións a tomar dependen de cada alma individual, pero teñen que ter sempre en conta que aquilo que dean recibirán.
Martiño, soubo que aquilo estaba todo moi ben organizado. Soubo que cada alma tiña unha misión que desempeñar, dependendo dos seus gustos e posibilidades, e que todo o mundo estaba a gusto co seu traballo porque era o que querían facer. Ao facelo, se axudaban a si mesmos, e aos demais. Soubo, que centos de almas soben e baixan dende a primeira etapa cara ao Albor, ou cara as outras etapas superiores, e nesas subidas e baixadas axúdase a moitas almas a reencóntranse. Iso permitiríalle a Martiño solicitar o reencontro cos seus, pois aínda non os había visto a todos. De momento, tiña que traballar, tiña que axudar ás demais almas que ían chegando, tiña que aprender a guialas como o guiaron a el, e tiña que facerlles comprender que non había morte senón vida despois da vida.
O traballo feito son puntos de bondade que se van acumulando para poder ir avanzando nas distintas etapas de A Esencia. O tempo; na dimensión das almas, transcorre moito máis rápido que na dimensión da terra, un mes na terra é coma un ano en A Esencia. Así pois; xa transcorrera tempo dende a súa chegada, e por iso, Martiño, xa estaba más que afeito ao seu traballo e a súa rutina de axuda aos demais. Inda que lle custou, custoulle acostumarse a non durmir, no lugar onde estaba ninguén durmía, xa non lles facía falta durmir pero a sensación de ter que facelo inda a tiña. Era cousa de irse acostumando. Ao non ter que durmir, quedáballe moito tempo para moitas cousas.
Non tardaron e comunicarlle que se lle torgaba o acceso a segunda etapa, había ganado o ascenso coas súas accións. Na segunda etapa reencontraríase con todas as almas coas que coincidira na terra. Ao ascender de etapa gañaba en luz; en intensidade, en poder espiritual, e en coñecemento. Na segunda etapa tería a posibilidade de elixir o modo co que comunicarse con alguén na terra, xa fora coma unha aparición, ou entrando nos seus soños, ou coma unha psicofonía, ou outros tipos de contactos ou manifestacións catalogadas coma paranormais na terra. Disponse de moitas vías para o contacto. Martiño inda tiña que ir gañando coas súas accións máis poder e luz ata chegar a estas vías de contacto.
A Martiño parecíalle marabillosa a posibilidade de contactar con alguén da terra; inda que non fose un contacto directo senón pequenas manifestacións, pero nelas, podería dicirlles aos humanos vivos que algo hai cara ao outro lado.
Púxose a traballar, púxose a facer boas accións. A segunda etapa de A Esencia é de cor verde, chea de leiras de herba alta, de árbores perennes e palmeiras altísimas. Os edificios son de cor verde, pero a xente segue a ir toda vestida de branco. Nesta etapa pódense apreciar puntos de luz camiñantes, son almas que xa se despoxaron por completo das súas crenzas da terra e xa teñen aberta a súa conciencia para ser seres plenos de luz. A Martiño fascinoulle esa posibilidade, fascinoulle a idea de poder verse a si mesmo coma unha luz, pero inda tiña moitos arquetipos implantados no seu espírito, a súa misión na segunda etapa sería a de poder desprenderse deles por completo. Sabía que tiña que abrir a súa conciencia inda máis. Na segunda etapa aprendería sobre iso e moito máis.
Pouco a pouco,, deuse de conta de que a vida verdadeira era a que estaba a vivir, non a que deixara na terra. Soubo, que a viaxe a un corpo físico fora tan so de paso, e que a ela podía volver en canto recobrase a conciencia total. Sabe xa, que pode reencarnarse, que pode volver a vivir na terra e a ter un corpo físico, pero non quere. Non quere ao ver a maldade na terra; as inxustizas, as guerras, as mentiras, as represións, as violencias, entre moitas outras cousas negativas. Dende a segunda etapa de A Esencia caeu na conta de que o verdadeiro inferno era a vida corpórea na terra, e que onde se encontraba era o paraíso das almas. Caeu na conta que era o lugar do equilibrio, onde realmente as conciencias abertas e limpas tiñan o seu fogar.
Martiño, ao ir comprendendo, ía cambiando a súa visión das cousas. Ao encontrar respostas as súas preguntas chegou un momento no que se deixou de ver coma un corpo, pasou a verse coma unha fermosa e andante luz, pasou a verse e a entenderse coma un ser de luz. Pasou a verse coma un ser de luz consciente que ten moita vida despois da vida.
© Relato creado por Xurxo M. Gago Chao
.jpg)







