O Mellor Agasallo


O mellor agasallo
non é de pedra,
nin é de ferro,
nin é de terra,
nin é de estaño,
nin é de tela,
nin é de aceiro,
nin de flanela.

O mellor agasallo
non é de madeira,
nin é de plástico,
nin é de area,
nin é elástico,
nin é quimera,
tan só é fantástico
cando a alma chega.

O mellor agasallo
non é cousa calquera
nin ten tamaño,
non é un poema,
nin é un apaño,
ten chama eterna,
é continuo e diario
non ten fronteira.

O mellor agasallo
é amor e entrega,
é un feito demostrado,
é unha comprensiva aperta,
é un quérote apaixonado,
é  unha acariñada tenra,
é un bico bicado
coa nosa sentida querenza.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
anterior inicio seguinte
logoweb