As mans son condutoras transmisoras
da enerxía que por nós circula
sendo unhas sabias executoras
das ordes que o cerebro formula.

Sorte dunhas mans tranquilizadoras
doutas en loitar contra a tristura,
ás veces incansables protectoras
portadoras dunha nobre tenrura.
Hai mans sinceras, suaves, sedutoras,
acolledoras, misericordiosas,
amorosas, máxicas, feiticeiras.
.
Hai mans amigas achegadoras,
conciliadoras e agarimosas,
cheas de enerxía, curandeiras.
da enerxía que por nós circula
sendo unhas sabias executoras
das ordes que o cerebro formula.
Sorte dunhas mans tranquilizadoras
doutas en loitar contra a tristura,
ás veces incansables protectoras
portadoras dunha nobre tenrura.
Hai mans sinceras, suaves, sedutoras,
acolledoras, misericordiosas,
amorosas, máxicas, feiticeiras.
.
Hai mans amigas achegadoras,
conciliadoras e agarimosas,
cheas de enerxía, curandeiras.
Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao







