O Durmido e o Esperto

 

A tranquilidade do rural era interrompida en ocasións polo estrondoso ruído dos avións que se dirixían cara ao aeroporto. Inda que os habitantes da zona xa estaban acostumados a tales sons, convivían con eles día a día sen que iso supuxese un encordio. Vivían nunha pequena localidade de non máis de douscentos habitantes, todos coñecidos, e moitos deles familiares. Pero de todos, os que interesan para esta historia, non son outros que Amancio e Lorenzo. Dous homes; de máis de corenta anos que criaran case xuntos, indo á mesma escola e instituto, até que os camiños os separaron cando Amancio marchou á universidade. Lorenzo quedou na aldea, para traballar a terra e axudar a vivir do seu produto ao resto da familia. Non quixera marchar á cidade, pero non por iso deixou de formarse lendo libros e informándose a través de internet, converténdose no máximo loitador da súa pequena parroquia para conseguir que o concello xestionase unha boa sinal Wifi para todos. E ao final conseguiuna. E así, case todos no pobo dispoñen de conexión á rede que contrasta con seu sinxelo e humilde estilo de vida enxebre.

Amancio, pola súa parte, partira cara a universidade e cursara avogacía en Compostela. Ao pouco conseguira entrar nun bufete de avogados en Valladolid. Visitaba a aldea unha vez ao ano para desconectar das fatigosas xornadas acumuladas durante o mesmo. Cada vez que acudía a súa parroquia de orixe, visitaba a casa de Lorenzo. Despois das carantoñas e saúdos varios comezaban a charlar sobre eles e sobre o mundo. Ambos os dous adquiriran uns puntos de vista totalmente diferentes, posturas e ideoloxías que os diferenciaban máis que antes de que Amancio marchara a universidade. Xa perderan aquela inocencia e a vida os foi situando nunha postura concreta. Cambiáraos aos dous.

Pero cando o home douto e avogado tiña que ter unha sensibilidade especial cara ao mundo ao coñecer de primeira man moitas das súas inxustizas, mantiña unha liña moi aséptica cando Lorenzo lle comentaba as desigualdades económicas que existían na actualidade. Amancio; desenrolara unha ideoloxía de dereitas, liberal, defensor dos mercados de valores e das políticas austeras entre outras moitas outras cuestións neofascistas de índole social e cultural.

Lorenzo non podía crer o que escoitaba del, non podía crer coma aquel rapaz que recollía moras das silveiras para facer viño de mora nunha botella de plástico, se convertese da noite á mañá nun home sibarita e hipócrita, incapaz de ver máis aló do seu propio ego. Certo era que era bo avogado, que era intelixente e efectivo no seu traballo, pero tamén estaba claro que o mesmo non lle deixaba ver máis aló que as cousas do seu propio mundo xurídico.

Lorenzo, en cambio, visitaba de cando en vez a biblioteca e collía libros de todos os xéneros que consumía tombado nas leiras mentres esperaba a hora dos quefaceres do seu mundo rural. Tamén lía todo tipo de contidos en internet, sabedor que moitas das informacións alí recollidas non tiñan moita fiabilidade, pero consciente de que moito diso habería que filtralo líao igual. Gustáballe a contra información ou información alternativa sobre como ía o mundo de verdade; xa que, segundo el pensa, os medios de comunicación convencionais, tanto televisións coma prensa escita, están controlados polos poderes fácticos que gobernan o mundo. Nesa discusión estaba con Amancio:

- A ver Amancio,- dicía Lorenzo- se ti non miras estas cousas non podes dicir que todo é mentira. Non podes pecharte tanto a novas informacións, pois cando soan é por algo. Cando as ocultan os medios de comunicación convencionais é por algo. Non cres que xogan con nós?

- Non, eu non creo nada diso. Hai moito paranoico. Se eu che contara …, cantidade de persoas viñeron a miña oficina para denunciar as cousas máis inverosímiles que poidas pensar.

- E que non me estraña nada. Porque no mundo están a pasar cousas moi inverosímiles pero que poden ser unha realidade. Que pensas logo dunha nova orde mundial, do sionismo asasino e usureiro que controla as guerras e as nosas vidas, das fumigacións químicas sobre os nosos ceos, dos ovnis e extraterrestres que viven con nós? Que pensas do libro de Orwell 1984 e da situación de recorte de dereitos e liberdades que estamos a vivir? Que pensas da OTAN e súas guerras interesadas para favorecer ao sionismo norteamericano e anglosaxón? Que pensas desta España podre de políticos corruptos e medios de comunicación controlados e manipulados?

- Pero que dis Lorenzo? Todo iso non son máis que ficcións inventadas por xente que non ten outra cousa que facer. Xente que ten envexa da boa situación doutras persoas, xente fracasada que non logra os seus obxectivos e emporiso busca outra causa que non sexa a súa propia preguiza.

- Pero como podes chamar preguiceira e fracasada á xente que non logra as súas metas. Quizais, non foi por eles, elas, se non porque a mesma sociedade os fixo fracasar. E inda enriba xente coma ti, burgués do carallo, que xa non esqueces nin de onde vés, non axudas a nada co teu egoísmo pechado e a coa túa ambición de merda.

- Nesta vida hai que ser ambicioso se non non chegas a nada. 

- E a que quero chegar eu Amancio? A min que carallo me importa ser máis que ninguén? Quen me da de comer é a terra. Que pensas ti dos españois durmidos, burgueses, nada solidarios, que non escoitan a chamada de axuda dunha sociedade necesitada? Es ti un deses que non acuden a chamadas reivindicativas e inda por riba as critica? Es ti dos que non entende nin quere entender á sociedade? Es ti un deles? Es ti un durmido?

- Durmido? Durmido de que? Estás ti esperto logo?

- Pois si Amancio. Por moito que veñas da cidade e do teu bufete. Por moito que teñas máis estudos que eu e viaxaras máis, por moita sabedoría que teñas, a estás a mal usar. A tes durmida. Es un máis dos tantos cordeiros que poboan o mundo, sodes servos de vós mesmos, egoístas acomodados que non queren ver máis alá da realidade que pisan día a día, sen importarlles sequera os asuntos sociais, lonxe da solidariedade tan necesaria para o ben da humanidade. E si, eu estou esperto, estou aberto a esas novas informacións alternativas, e moitas delas mas creo. Porque xa se sabe como as gastan os poderosos. Porque reunións coma as do club Bilderberg existen en realidade; onde ditan os designios da sociedade para manter a súa hexemonía de poder, a costa do que sexa, guerras, mortes, escravitude, espionaxe, leis mordaza, SITEL (en España), colapsos económicos, represións, desaparicións das culturas e linguas locais, etcétera. Estamos rodeados de loxas castrenses, masónicas e cristiás. Até hai gobernantes que pertencen a tales loxas e actúan segundo os seus intereses. Vivimos nun mundo controlado polos poderes fácticos. Se es consciente diso estás esperto, se non, estás moi durmido amigo meu.

- Eu creo que ti les cousas de máis, e toda esa información que tes, toda esa información que recolles dos libros e de internet, che está a tolear a cabeza e a meter nunha dinámica paranoica moi perigosa.

- En parte tes razón. Pero desconfía e acertarás. Hai que saber até que punto todo isto é certo, pero eso non é razón para que negue á maior toda esa información. Hai que investigar, rebuscar, contrastar. Algo haberá, e estar aberto a que de todo iso algo hai é estar esperto.

- Eu non teño tempo para ler todo iso, o meu tempo o consumen as miles de páxinas que teño que ler dos diferentes casos que pasan polo meu despacho. Pero agora co digo, se cadra, tes algo de razón, pois non saio do meu mundo xurídico en todo o día.

- Pois claro home. Tes que mirar máis ao teu redor. Tes que espertar e mirar as necesidades doutras persoas, e se podes, axudalas. Non podes ser un egoísta máis. Tes que comezar a entender que se este mundo é desigual é porque queren que así sexa, queren que haxa distancia entre eles e ti, queren controlarte en todos os aspectos, queren limitarte e durmirte, pois esperto molestas.

- Non me vas a convencer coas túas historias, pero coma che coñezo dende hai moitos anos e sei que es bo home, tomarei boa nota delas.

- Pois grazas home! Vindo de ti xa é un éxito. Inda lembro cando o ano pasado defendías a aquel tirano ditador que tanta xente ordenou fusilar ou executar, que tantos paseos permitiu de xente nobre e humilde durante a longa noite de pedra.

- Non sei de que me falas! Que é iso da longa noite de pedra?

- Nada home nada! Anda, anda, ti durme, segue a durmir… 

 Relato by Xurxo Gago Chao
anterior inicio seguinte
logoweb