Mensaxes Queixosas


Dúas almas 
fuxiron nas tebras da noite
do estoupido xerado
polo vapor incandescente
dun buque desleixado, enferruxado,
de feble saúde, queixoso e vello,
sen a atención sanitaria precisa
e con escasos apoios paliativos;
dúas almas xoves,
xa sen vida corpórea,
fuxiron vítimas do ferro desgastado
e das gretas,
suntuosamente incompresíbeis
dun sistema tubular deteriorado
sentenciado coma culpable imaxinario.

Hai quen non escoita as mensaxes queixosas de alerta!

Nas tebras dunha noite de decembro
tremeron as augas da ría ferrolá,
tremeron as vidas,
tremeu o vento
e fuxiu coa chuvia
unha parte da dignidade humana.
O forte estrondo do buque
anunciou a chegada da propia morte,
e a luz partiu cara ao ceo
e a cheminea vomitou vapor e dor.

Hai quen non escoita as mensaxes queixosas de alerta!

A vida amosa con feitos fidedignos,
e con aquelas sentencias inxustas,
que a impunidade ás veces gaña,
ficando a verdade deturpada,
ficando a sensación de xustiza imperfecta
e o terríbel convencemento
de que sermos febles vermes
expostos e medorentos
para sermos esmagados
polas solas dos grosos zapatos
dos necios poderes fácticos
que azoutan as nosas vidas.

Hai que estar alerta tras as queixosas mensaxes da vida!



 © Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
anterior inicio seguinte

Xurxo Miguel Gago Chao · O’Xurxo

Creación · conciencia · cultura · pensamento
Xurxo Miguel Gago Chao · O’Xurxo é poeta, escritor, creador e investigador autodidacta e independente no ámbito da conciencia, da espiritualidade práctica, da creatividade e dos procesos de transformación persoal e colectiva.

É creador dunha arquitectura civilizatoria formada por diferentes marcos, propostas e documentos orientados á reflexión sobre unha sociedade máis xusta, consciente, digna, libre e respectuosa coa vida. Educación, sanidade, economía, xustiza restaurativa, ética, intelixencia artificial, organización comunitaria e conciencia forman parte dese traballo aberto de investigación, creación e proposta.

Militar retirado tras unha longa etapa de servizo, a súa experiencia vital foi evolucionando cara á creación literaria, á mediación sociocultural, á dinamización cultural e ao desenvolvemento de iniciativas artísticas, sociais e comunitarias.

A súa actividade creativa abrangue tamén a poesía, narrativa, memoria, edición e maquetación de libros, deseño e desenvolvemento de páxinas web, creación de contidos, fotografía, comunicación cultural e recuperación e conservación de arquivos e memoria.

A través da Maxia do Ser e do Movemento do Amor Universal, desenvolve unha liña de pensamento e creación baseada nunha pregunta esencial: “Isto coida a vida ou a dana?” Desde aí procura poñer a palabra, a tecnoloxía, a conciencia e a creatividade ao servizo da dignidade humana e da construción consciente do común.
Poesía e literatura Investigación da conciencia Arquitectura civilizatoria Mediación sociocultural Maquetación editorial Deseño web Memoria e cultura Maxia do Ser
Multiverso de Xurxo · Obra, memoria e creación consciente

Movemento do Amor Universal · Idiomas

Creador do Movemento do Amor Universal e a Maxia do Ser

Xurxo Miguel Gago Chao, O’Xurxo, é o creador e impulsor do Movemento do Amor Universal e a Maxia do Ser, unha iniciativa de reflexión, creación e transformación social que sitúa o coidado da vida e a dignidade humana no centro das súas propostas.

A través dos Marcos de Transformación e da Rede Mundial Común, promove o diálogo sobre educación, sanidade, economía, xustiza, cultura, tecnoloxía e participación cidadá, desde unha perspectiva pacífica, ética e colaborativa.

«Isto coida a vida ou a dana?»

Tradución automática externa. O portugués europeo e o brasileiro comparten aquí a opción «Portugués»; a variante final depende do servizo de tradución. A dispoñibilidade da tradución pode variar segundo a páxina.

logoweb