Luz
Eu son da clase dos poetas
descoñecidos e ignorados
para os que nunca se fixeron premios
nin nunca son publicados
Son a poeta de aqueles 
que loitan por saír de escravos
Son a poeta de aqueles 
aos que todo lles foi negado
Eu son a poeta de aqueles
que sobreviven do emprestado
a poeta analfabeta
a poeta dos desherdados
Eu son a poeta de aqueles
aos que todo lles foi negado
Son a poeta de aqueles 
que loitan por saír de escravos
Eu son a poeta de aqueles
que sobreviven do emprestado
para os que non se fixeron premios
nin nunca son publicados
Son a poeta de aqueles 
que loitan por saír de escravos
son a poeta de aqueles
aos que todo lles foi negado
Quero sangrar as feridas
para liberar as miñas arterias
non quero facerme escrava
da ponzoñosa das xenreiras
quero sentir como penetran
polos ríos das miñas teas
o vivificante arrecendo
das vosas primaveras
Abrazarei a miña morte
sen remordementos
eu trouxen a vida
e nada dela levo.

Poema de Luz Fandiño


Sés [Mª Xosé Silvar] 

Canción Luz [Letra de Luz Fandiño]



Propoño este video, unha peza pertencente a "ZËNZAR ao Vivo" editado no nadal do 2011 e grabado no ano 2009 en Cerceda, A Coruña. Zënzar leva en activo desde o ano 1988, sendo o grupo de rock en galego con máis historia. No 2012 editarán o que será o seu séptimo traballo sen contar maquetas, recompilatorios etc!!

Grandes Bocixa e Sés!
 E que temos moito talento na nosa terra! 
 Medre a Música Bravú! 



 
Orgullo da terra galega é ter a unha artista coma Sés. Denominada polo prensa coma a "Sabina" galega. Pero máis alá de denominacións, Sés, é unha gran artista do pais. Escribe letras revolucionarias, atrevidas, sociais, tocando moitos xéneros musicais. Ten unha excelente formación académica inda que o que máis irradia é humanidade, humildade e bo facer.

É a artista favorita da miña filla (e a miña), sábese todas as letras das cancións do último disco. A viu en directo no teatro Jofre de Ferrol. Encantounos aos dous. Abraiounos. Eu xa a coñecía dalgúns anos atrás ao asistir a algunhas actuacións súas nuns locais da zona do Orzán na Coruña. Debería ser a diva de Galicia e, tempo ao tempo. 

Sés, non ten nada que envexar a ningunha outra artista de renome, nin española nin estranxeira. Sés é nosa, é boísima, xenial. A pouco que vaia entrando, en máis e, máis, corazóns galegos, será recoñecida na nosa terra como a diva que merece ser. Como a escoite o Springsteen, seguro, seguro, que se namora dela. Paga a pena mercar os seus discos. Quedarán amortizados, co talento de Sés e os seus músicos, dende a primeira ata a derradeira nota. Déixovos con este xenial tema patriótico galego titulado Tempestades de Sal. A gozalo:

inicio seguinte
logoweb