Estar unidos é
saber dicir as cousas
sen absurda ocultación.
Estar unidos é
saber encaixar
un golpe ao corazón.
Estar unidos é
intentar entenderse
coa boa razón.
Estar unidos é
estar preto, lonxe non,
inda á distancia
sempre ao carón.
Estar unidos é
unha eterna unión
entre máis dunha alma
na busca da comprensión.

   Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao

Encántame xogar
coma un meniño pequeno
e vivir o sentimento
dun divertimento eterno.
O encanto do sorriso tenro
evadido deste mundo inferno
nunha viaxe imaxinaria
a outro mundo etéreo;
faime sentir máis vello.
Máis lonxe fica
aquela inocencia que tivemos,
rastro da luminescencia
que ao pasar o tempo perdemos.

  Poema creado por Xurxo M. Gago Chao
inicio seguinte
logoweb