OBRA COMPLETA · EDICIÓN DIXITAL VERSOS CHIADOS Versos chiados e rechouchiados cando o paxaro voaba ENTRAR NO POEMARIO →

O Nadal atípico

 O Nadal Atípico
© Relato creado por Xurxo M. Gago Chao
Estaba no derradeiro Nadal da súa vida, unha vida triste e pálida refractada nos seus versos cheos de melancolía. Unha vida chorando amarguras e penas colmadas polo inmenso amor a súa fala, as súas letras, da súa patria galega. Esa loita continua por ser muller nun mundo de homes, por demostrar que a feminidade tiña o seu lugar no mundo, por gañar o respeto dos paroleiros e críticos cando unha muller inxente os superaba nos éxitos. Moitos lle tiñan medo, pero non medo físico, senón un medo psicolóxico, a negaban en público mais de tres veces despois de cantar os galos. Dela xurdía unha loita desesperada pola historia e defensa da súa terra terriña, da que sempre suspirou.  Mais sorprendíase coma os mesmos veciños galegos tremían de medo por mostrar delicia polo seu, ante o castelanismo imposto que facía a moitos galegos emigrar. Ese sentimento que sentía plasmouno nunha folla; se cadra, cara o seu derradeiro Nadal. Presentindo a negra sombra, escribiu.

Recreouse na escritura das palabras sobre a folla, custáballe traballo concentrarse coa dor que tiña, una dor segreda, que de momento a ninguén comunicara, aínda que no seu interior supera co seu fin estaba preto, a noite e o día facíaselle interminable. Era un Nadal atípico. Abrigouse ben, partiu cara á cidade de Compostela, alí o seu espírito enchíase, ámbolos dous unidos pola eternidade nos seus versos. Paseou pola catedral, deslizouse silenciosa por un pasadelo estreito, indo a parar os baixos da catedral, ninguén a vira chegar a onde se encontraba. Levantou unha pedra pequena dunha das paredes do pasadelo, no oco meteu a folla que escribira enrolada nunha tea de cor branca e cuberta cun lazo azul para suxeitar.  Incrustou de novo a pedra, tomou na súa man un zapato e golpeou ata que quedou ben segura. Logo, cun coitelo, marcou a seguintes iniciais: NAG

Tras a volta á casa a súa dor incrementouse do axitado día que tivera, deitouse tranquila na súa cama e deixou escrito para os seus herdeiros unha especie de mapa que indicaba onde se encontraba un escrito seu para un Nadal especial. O mesmo, debería saír a luz no momento adecuado, no Nadal adecuado, sempre e cando o Galego sufrise unha represión e houbese perigo da desaparición da fala, dás letras ou dás costumes galegas. Pensativa; deixou o que estaba a facer e deitouse a durmir e a soñar coa súa terra viva e libre, confiaba nos seus, nas futuras xeracións galegas. O cabo duns meses deixaría este mundo, aínda co seu espírito andaría a vagar, a vixiar a súa terra en liberdade.

Cento cincuenta anos despois, xa no ano dous mil dez, os seus herdeiros mantiñan na súa posesión parte do legado que deixara. Un mapa moi peculiar chamou a atención da familia. Xusto cando a fala galega estaba a sentirse represaliada polos mesmos galegos gobernantes do momento. Os que contaxiados polo castelanismo do interior da península estaban dispostos a minguar a fala mediante decretos leis, e ademais parecían condenar a lingua galega a unha progresión negativa ata a súa desaparición. Era o momento de sacar á luz o que contiña o mapa, escrito no século dezanove por unha muller galega, loitadora e adiantada o seu tempo.

Varios representantes dá familia foron o lugar seguindo as instrucións do mapa, transcorría o mes de decembro, a dous día do Nadal do ano dous mil dez. Xa quedaran coas autoridades da igrexa para poder circular polos pasadelos axeitados e encontrar o que estaban a procurar. Incluso algún dos noviciños da catedral colaborou na busca das palabras NAG escritas nalgunha pedra deses antigos pasadelos. Varias horas levoulles a procura, pero o final apareceu. Curiosamente a pedra estaba frouxa e non lles levou moito tempo sacala para fora e descubrir o que dentro dela gardaba.

Os familiares xuntáronse preto do descubrimento, un deles tomou nas súas mans un farrapo ocre, aínda que a cinta que á amarraba era da cor do ceo, distinguíase á perfección. Con moita calma, a modiño, introduciron a tea nunha pequena urna de cristal, tralo que partiron do lugar cun tesouro herdado nas súas mans.

Reunírense de urxencia, era o momento de ollar algo inédito da máis grande escritora da lingua galega. Case cunha cerimonia moi pausada, o familiar da diva galega desenvolveu o farrapo, del xurdiu unha folla ocrácea que contiña palabras escritas nunha caligrafía completamente lexible:

            Bo Nadal Galegos, dende a cápsula do tempo!  Sentide o meu sentimento. Sentide a vosa fala coma se fose unha célula mais das vosas entrañas. As nosas letras son historia, que perduren na memoria. A vergoña silandeira que vós arrastra no tempo desapareza de súpeto botándolle peito. Pola túa fala, pola túa terra, defendede o Galego, que nunca se esqueza. Volta galego, volta a túa terra, nela esta o teu fado onte renegado.

As palabras calaron fondo no interior dás persoas presentes e a emoción embargounos. Non tardou en darse a coñecer ós diferentes medios de prensa a noticia. Unha noticia que expandiuse coma unha centella, coma un lóstrego comezou a brillar. Moitos galegos sentíronse aludidos e sorprendidos pola grandeza dunha muller que amaba o seu, e máis de cento cincuenta anos despois da súa morte continuaba a loitar dende a eternidade pola defensa da patria galega, entregándolle os seus uns versos inéditos cando o Galego máis adoecía. Dende entón, os galegos déronse de conta de que non poderían permitir que a súa fala e a súa historia fosen pisadas polo poder. O pobo decidiría o futuro do Galego. Nese atípico Nadal a fala rexurdiu, grazas a loita da nai de tódolos galegos, chamada Rosalía. 

© Relato creado por Xurxo M. Gago Chao
anterior inicio seguinte

Xurxo Miguel Gago Chao · O’Xurxo

Creación · conciencia · cultura · pensamento
Xurxo Miguel Gago Chao · O’Xurxo é poeta, escritor, creador e investigador autodidacta e independente no ámbito da conciencia, da espiritualidade práctica, da creatividade e dos procesos de transformación persoal e colectiva.

É creador dunha arquitectura civilizatoria formada por diferentes marcos, propostas e documentos orientados á reflexión sobre unha sociedade máis xusta, consciente, digna, libre e respectuosa coa vida. Educación, sanidade, economía, xustiza restaurativa, ética, intelixencia artificial, organización comunitaria e conciencia forman parte dese traballo aberto de investigación, creación e proposta.

Militar retirado tras unha longa etapa de servizo, a súa experiencia vital foi evolucionando cara á creación literaria, á mediación sociocultural, á dinamización cultural e ao desenvolvemento de iniciativas artísticas, sociais e comunitarias.

A súa actividade creativa abrangue tamén a poesía, narrativa, memoria, edición e maquetación de libros, deseño e desenvolvemento de páxinas web, creación de contidos, fotografía, comunicación cultural e recuperación e conservación de arquivos e memoria.

A través da Maxia do Ser e do Movemento do Amor Universal, desenvolve unha liña de pensamento e creación baseada nunha pregunta esencial: “Isto coida a vida ou a dana?” Desde aí procura poñer a palabra, a tecnoloxía, a conciencia e a creatividade ao servizo da dignidade humana e da construción consciente do común.
Poesía e literatura Investigación da conciencia Arquitectura civilizatoria Mediación sociocultural Maquetación editorial Deseño web Memoria e cultura Maxia do Ser
Multiverso de Xurxo · Obra, memoria e creación consciente
logoweb

Fragata Extremadura

Memoria · dignidade · reconciliación
O 19 de decembro de 2005, unha explosión na fragata Extremadura, atracada no Arsenal de Ferrol, marcou para sempre a vida de varias familias e da súa dotación. Esta pequena hemeroteca conserva unha parte dese percorrido e, vinte anos despois, tamén a evolución dunha memoria vivida desde outro lugar: honrar a Pachi e Erik, recoñecer erros propios, pedir perdón cando foi preciso e conservar a memoria sen permanecer atrapado no conflito.
Ferrol360 · 15 decembro 2025
XX aniversario do suceso da fragata Extremadura
Unha reconstrución ampla da noite do accidente, do proceso posterior, da resposta social e do impacto que aqueles feitos tiveron na vida persoal e profesional de Xurxo Gago Chao.
Ler en Ferrol360
Diario de Ferrol · 16 decembro 2025
Memoria, dignidad y conciencia
Un texto escrito vinte anos despois desde unha perspectiva diferente: memoria, gratitude, reconciliación, recoñecemento dos propios erros e defensa da dignidade dos compañeiros falecidos.
Ler en Diario de Ferrol
La Voz de Galicia · 17 decembro 2025
Fragata Extremadura, en recuerdo de la tragedia
Unha carta de memoria e homenaxe a Pachi e Erik que expresa tamén un peche persoal: manter a verdade vivida, asumir erros de forma, pedir perdón e avanzar sen esquecer.
Ler en La Voz de Galicia
A memoria non ten por que ser unha trincheira. Tamén pode converterse en conciencia, aprendizaxe, reconciliación e homenaxe.
2005 - 2025 · Vinte anos de memoria