Unha mente nunha galaxia,
estrelas a refulxir,
un pensamento na nebulosa,
un poema por escribir.
os feitos e o seu leitmotiv,
un destino, unha audacia,
un camiño a proseguir.
A vida e a paronomasia,
está por ver o porvir,
presos da presa en prosa,
versar en verso é vivir.
O tempo cun pasatempo pasa,
sente sentindo o sentir,
a fría frialdade frío amosa,
hai real realidade para elixir.
Unha mente nunha galaxia,
estrelas a refulxir,
un pensamento na nebulosa,
un poema por escribir.
Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao







