Noite Estraña
© Relato creado por Xurxo M. Gago Chao
© Relato creado por Xurxo M. Gago Chao
Laura atopouse
freando de súpeto o seu automóbil tras divisar unha luz branca que cruzou a
estrada pola que circulaba nunha noite escura. Nun principio pensou nun animal,
pero nada xacía diante do seu coche, cruzado no medio dunha curva. Asustouse.
Quedou petrificada observando como as luces dun gran vehículo se lle achegaban
a gran velocidade. Non o soportou, desmaiouse. O coche de Laura ocupaba os dous
carrís. A muller tiña o seu corpo inerte e a cabeza apoiada no volante.
O camioneiro pouco
puido facer para non chocar contra o coche. O último que viu, grazas as luces,
foi que non interior do coche había unha muller loura coa cabeza apoiada no
volante. Nada puido facer para evitar tal envite. Finalmente, arroiou o coche, e
desprazouno varios metros arrastrándoo até a beira da estrada.
Tras un breve
silencio abriuse a porta do camión, saíu o condutor cambaleándose
mentres se dirixía cara ao coche para intentar rescatar á muller. Sorprendeuse
tremendamente ao observar que non había ninguén no seu interior. Os cristais
das ventás da parte dianteira estaban intactos, polo que non era posible que
saíse disparada a súa ocupante. Realizou un rastrexo visual pola zona, buscando
a alguén malferido, pero ninguén había nese lugar ademais del. Decidiu chamar á
policía para aclarar o sucedido.
O camión, cruzado
na estrada, foi rexistrado a fondo por cinco gardas, mentres outros tantos
precintaban o lugar. O chofer achábase sentado nun coche patrulla, dous axentes
de paisano interrogábano mentres consultaban os seus datos persoais pola radio.
O condutor do camión sentíase apesarado e sorprendido. Nunca lle sucedera tal
cousa. Onde estará esa muller?, pensaba.
Os gardas cansaron
de buscar polas inmediacións sen atopar nin un rastro da muller desaparecida.
Sabían que era ela porque encontraran a documentación no interior do vehículo,
pero, polo demais, nada de nada. Algún dos gardas chegou a dubidar do condutor
dicíndolle que todo aquilo parecía unha montaxe. Pero de montaxe nada.
Fíxose o día, unha
grúa encargouse de retirar o coche e levalo ás dependencias policiais, e comezou
a levarse a cabo unha investigación. O condutor do camión sinistrado foise para
a súa casa coa sensación de ter sufrido algún tipo de suceso paranormal. Pero
iso non llo dixo aos gardas por medo a que o tomaran por tolo.
Laura espertou
sobresaltada. Vaia sono tivera! Mesmo suaba. Sooulle o teléfono, era a policía.
Comunicáronlle que o seu coche sufrira un accidente. Preguntáronlle se sabía
algo diso, pero ela non soubo que dicir. Os axentes informárona de que en breve
se presentarían na súa casa para interrogala sobre a situación do vehículo. Ela,
unha vez rematada a conversa, asomou á ventá e comprobou que o seu coche estaba
aparcado fronte ao edificio, tal e como o deixara o día anterior. O certo é que
pensaba que o pesadelo fora moi real.
Estaba nerviosa
mentres paseaba por toda a estancia do seu salón, e púxose inda máis cando chamaron
á porta, eran os axentes da lei. Nada máis abrir, presa dos nervios e a
tensión, padeceu un síncope e derrubouse, caendo no chan diante dos gardas.
- - O seu coche apareceu escangallado …
[Comentáronlle os gardas unha vez que se repuxo do esvaecemento].
Informárona de
todo, e de que non foron quen de obter outras pegadas que non fosen as dela. O
que indicaba que tan só ela estivera no vehículo. Propuxéronlle acudir á
comisaría para falar co condutor do camión, e alí, o condutor tan só recoñeceu
a súa melena. Laura non podía máis, e ao non ter respostas ás preguntas dos
axentes decidiu contarlles o seu pesadelo, cuns
detalles que confirmaban a versión do camioneiro. Relatoulles o seu
soño, contoulles que algo se lle cruzou na estrada e que para esquivalo tivo
que manobrar, ao facer unha brusca manobra calándoselle o coche no medio do
dous carrís, e que ao ver as luces do camión achegarse desmaiou. Díxolles que o
seguinte que lembraba despois diso era espertar sobresaltada na cama da súa
casa tras escoitar o son do teléfono.
Os axentes non
podían crer o que estaba a pasar. A muller que afirmaba que todo aquilo foi un
pesadelo. O camioneiro que chocou contra o coche da muller. O coche sinistrado
é o coche da muller, pero o mesmo coche, resulta que tamén se atopaba aparcado
fronte ao edificio onde reside e en perfecto estado. As indagacións dos axentes
levounos a confirmar que o coche sinistrado é o mesmo que o coche que está
fronte á vivenda de Laura. Os dous coches parecen ser exactamente iguais, coa
mesma matrícula e o mesmo número de bastidor, algo incrible. Laura non vai dar
parte ao seguro porque en teoría o seu coche está intacto. E o camioneiro a
preguntar como ían saír daquela situación.
Laura chegou á
conclusión de que sufriu algún tipo de teletransportación
no momento previo á colisión co camión. Aquilo salváralle a vida. Estaba
convencida de que aquela luz esbrancuxada coa que se atopou tiña algo que ver co
asunto. Pero como ía contar iso á policía? Que ían a pensar dela? Un burato de verme?
Unha porta ou oco dimensional?
Como Laura non puido demostrar que non estaba no seu coche aquela noite, tivo que facerse cargo dos gastos e das multas correspondentes polas diferentes infracción incorridas antes do impacto co camión. Algo inaudito, se valoramos, que tras a forte colisión debera ter algún tipo de lesión corporal. En troques, atopábase en perfectas condicións físicas. Fose o que fose, a lei non atende a contos paranormais. Mellor ser teletransportada e, pagar os gastos que fosen, que perecer baixo os ferros do coche.
Como Laura non puido demostrar que non estaba no seu coche aquela noite, tivo que facerse cargo dos gastos e das multas correspondentes polas diferentes infracción incorridas antes do impacto co camión. Algo inaudito, se valoramos, que tras a forte colisión debera ter algún tipo de lesión corporal. En troques, atopábase en perfectas condicións físicas. Fose o que fose, a lei non atende a contos paranormais. Mellor ser teletransportada e, pagar os gastos que fosen, que perecer baixo os ferros do coche.
© Relato creado por Xurxo M. Gago Chao







