Maltrátase, férese,
úsase a dor como arma.
Láiase, insúltase,
saen contusións na alma.
Doen as accións tiranas
que arrincan as liberdades
das persoas humanas.
Violencia da desigualdade,
violencia pretoriana,
home que pega a muller
nin é home nin é nada,
muller que pega a home
tamén é violencia macabra. 

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao



Canto mal cheiro o redor!
Canta paifocada!
O que a fai non a paga
e acumúlase o rancor.
Isto xa é para chorar!
Os retrincos de liberdade
xa van vindo a menos,
xa poucos dereitos temos
e menos poden quedar.

Versos creados por Xurxo M. Gago Chao
inicio seguinte
logoweb