Vaise o pensamento
a un mundo paralelo,
nin entre o chan
nin entre o ceo,
fica nun limbo etéreo
como bobo, parvo,
preguiceiro e lelo
e cando volve
xa non é o mesmo.



 © Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao



Darlle á mente
vitaminas nutritivas de constancia,
reguladoras proteínas de intrepidez,
para non caer na estupidez
nin afogar na torpe ignorancia.
 


 © Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao

 


Un espello, unha imaxe,
mirarse sen ningún traxe
do dereito e do revés.
Un corpo é o que é,
auga e sangue,
pelos, ósos, carne e pel.
O intelecto non se ve.
             



 © Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao

 
Raíz, talo, ramas, follas.
Alma, espírito, corpo, mente.
Unha unidade consecuente
nas partes das vidas todas.
Se unha falla afecta as outras,
e desequilibradas quedan,
até que a unidade se recompoña.
Teñen que manterse boas
para dar o mellor de si mesmas
e refulxir mentres poidan.

 Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


Diante dos mesmos ollos
e, ás veces, non se ve,
cuestión de fixarse ben.

Camiños despexados,
e veña, a tropezar e a caer,
cuestión de facer bo pé.

 Páxina en branco
e non se sabe que facer,
cuestión de pensar nun rato
o que se queira poñer.

Dise daquel
 e daqueloutro
pero na cara
 non se lle di a ninguén;
cuestión de razoamento,
pode pasarlle a un
 o que lle pasou a el.

Bloquea e esnaquiza
 a humana preguiza.
Tropezos hainos
 e forman parte do ser.
A imaxinación
 sae se teimamos nela.
Se a mente quere
 sabe razoar e comprender.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
inicio seguinte
logoweb