Saltar ao contido principal

Publicacións

Vida de outono

Días de outono nos camiños vellos, alfombras de follas, asubíos do vento, pingas de chuvia, ceo gris e negro. Lecturas caseiras, estufas de ferro, son días de ánimas, noites de misterio. Esperanzas novas, tempada de retos, degoxadas rebuscas e fecundos desvelos. © Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao

Impulsos sobranceiros

Ás veces; de súpeto, gústame asubiar, gústame rir e cantar, gústame soñar, así, ao bruto. Ás veces; así, ao bruto, gústame lembrar, gústame evocar e regresar, gústame aproveitar cada eterno minuto. Así, de súpeto, ao bruto!   © Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao

É o tudo

Tu, não queres poesia mas a poesia é o tudo e por ela caminhas, e também a respiras, pois és parte dela com a rima ou sem a rima.       © Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao

Saber nivelar

Hai que soltar lastre para se manter en ristre , para se alixeirar, para que non vaia ao traste o plan que existe para poder voar, e todo por sobrecargar. © Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao

Vermes, no canto de neuronas

Hai razóns pailanas enchidas de xenreira querendo vender fumes con garfos de ferro. Carautas prepotentes que feren, ás bravas, esparexendo odio, infundindo medos; mentes inmorais coas linguas podres e cos cerebros infectos.  © Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao

O Teu Leme

Este dirache que non vales, aquel que todo o fas mal, estoutro que non sabes, aqueloutro que vas a errar. Ese dirache que non podes, esoutro que non vas chegar, sempre haberá quen free ou quen intente frear, mais tan só ti tes o leme e a liberdade para avanzar.         © Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao

Falando coa Alma

Pódese dicir todo sen unha soa palabra tan só cun leve xesto e sen verbas pronunciadas, falando só cos ollos e cos xogos das miradas, co dicir dun silencio ou dunha aperta dada, cun afecto morno ou cunha man entrenzada, dicíndoo todo mais sen dicir case nada.   © Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao