Xoán o Ártabro
© Relato creado por Xurxo M. Gago Chao
© Relato creado por Xurxo M. Gago Chao
Estaba sentado na praia esperando o momento da posta do sol, o vento azoutaba o seu rostro, e o son ondas do océano o ensimesmaron en pensamentos melancólicos. Os seus ollos se perderan no horizonte esperando velo sol desaparecer. O recender salino o embriagaba de lamento. Tiña que marchar, tiña que embarcar nunha viaxe difícil que o levaría a un destino incerto. O facía polos seus, pola súa familia, polo seu pobo, por tódalas tribos da zona desa terra máxica. Había poucos días que uns acontecementos cambiaran os cursos das súa vidas e nada podería cambiar agora se alguén non tiña a valentía de facelo. Era difícil de entender que aquelas terras máxicas nas que vivían non lles pertenceran nun futuro por mor da invasión romana, era difícil de entender que os seus bosques sagrados fosen destruídos polo lume inimigo como xa estaba a ocorrer noutras zonas da súa terra. Os seus deuses os tiñan abandonados a súa sorte. Pouco a pouco, deixou de cavilar e levantouse, meteu algo no zurrón e camiñou decisivamente cara o cantil, desde alí observou a gran flota.
Xulio César tiña os seus buques atracados na ría ao resgardo dos ventos e á expectativa dunha curta parada en Brigantia. Non é que chegara a invadir, non é que chegara en plan chulo de aquí estou eu, pero case. O caso é que invitouse el mesmo e solicitou un encontro cos líderes Ártabros e Brigantinos, entre outras tribos da zona, para negociar diferentes cuestións e solicitarlles provisións para a contenda a onde se dirixía. En calquera caso, viña cunha poderosa flota de buques, os cales sorprenderon a tódolos compoñentes das tribos dos redores do Portus Magnus Artabrorum. Como non, foron tratados con cortesía e respecto, inda das súas declaracións sobre a súa intención de volver noutros intres para explotar aquelas terras, e usar o Portus Magnus coma base da súa flota neses mares. O caio romano respectaba aos galaicos (Gallaicus) a sabendas da súa bravura e valentía que facíanlle recordar aos teimosos Galos. O Xulio César estaba pletórico, entusiasmado despois de gañar a batalla aos lusitanos e aos galaicos (Gallaicus) do sur do río Douro, e agora, quería descansar e gozar das delicias desas terras galaicas (Gallaicas).
Ao intentar baixar o precipicio escorregou e rulou uns metros, foi a parar a un toxo, mancouse coas espiñas e esnaquizou unhas pequenas flores amarelas chamadas hoxe en día Chorimas ou Alecríns, aproveitou para recoller unhas ramas e meteunas no zurrón, xunto ao recipiente coa sangue de xabaril. Sufriu por telo corpo cheo de espiñas. Foi quitándoas sobre a marcha e continuou o seu camiño, cousa da vexetación da súa terra. Chegou ao peirao onde os barcos atracados bailaban coas ondas, tan só as estachas impedían que partisen cara alta mar. As tripulacións das mesmas estaban a beber nas portas das tabernas a famosa bebida hidromel, unha especie de cervexa feita de mel e auga fermentadas, as gaitas e as cunchas animáronnos mentres os veciños aplaudían bailando e divertíndose. E todo iso quería aproveitalo Xoán, o xefe da tribo dos Ártabros, alleo a todos estes asuntos políticos cos romanos, e determinado a darlles unha boa lección. Quería vingar a morte dos Ártabros e Brigantinos que participaran nas batallas da Gallaecia Ulterior onde o Décimo Xunio Bruto alcumado coma Brutus Gallaicus conquistara o territorio da Limia con extrema ferocidade contra os galaicos (Gallaiucs). Xoán sabía que por un longo tempo ía ter que agocharse lonxe da súa familia, non podía correr riscos e deixar aos seus fillos orfos.
O bravo guerreiro subiu a bordo polo costado da embarcación de maneira moi manseliña, e unha vez que tivo localizadas as estachas dedicouse a cortar os extremos que os unían e suxeitaban con terra. Os buques estaban abarloados de costado, polo tanto tódolos amarres pasaban polo primeiro buque. Foi cortando un a un tódolos extremos das fortes cordas que prendían os barcos.
Estaba Xoán cos últimos retoques cando escoitou algunhas voces asubiando e cantando que se lle acercaban, inda que ninguén o vía. Deuse presa para que non o colleran, e ao final rematou, conseguiu liberar dos seus amarres de toda a flota do poderoso Xulio César, e inda lle deu tempo para uns pequenos detalles a modo rápido polas cubertas e polos xergóns dos camarotes. As tripulación dos buques foron embarcando para durmila tralo consumo da hidromel. Xoán, pletórico, botouse as frías augas e afastouse da costa para que ninguén o vise. Finalmente tódolos buques xa tiñan a súas tripulacións a bordo, durmíndoas. O único serio e despexado era o Xulio Cesar, pois xa pensaba en novas estratexias para empregar nas batallas, déralles permiso as tripulacións, sabía que merecían un descanso e partirían á mañá seguinte logo de cargar as provisións que había pactado cos líderes das tribos, e que estes entregarían voluntariamente para que se largasen dunha vez.
O que non imaxinaba era que pouco a pouco tódalas embarcacións ían afastándose de terra e a corrente os ía empurrando cara a alta mar.
Xa no albor do día, Xulio César, non podía crer as palabras do centurión de que estaban en alta mar tódolos navíos da súa flota e ademais espallados uns dos outros a diferentes distancias e moi lonxe de terra. E sen embarcar as provisións. Os buques eran do tipo mercante romano adaptados á perfección para navegar en alta mar polo cantábrico e atlántico e resistir os ventos predominantes. Inda para colmo as tripulacións dos busques tiñan malestares físicos estando mareados e con dores de cabeza, e murmuraban entre eles que habían estado nunha terra enfeitizada, pois tan so recordaban estar bebendo aquel rico manxar de mel.
- Os habitantes destas terras máxicas humilláronme, insúltanme, cos seus sortilexios druídicos, os meus barcos á valga, de súpeto a terra desapareceu. Volverei ao Portus Magnus Artabrorum coa meirande flota naval que poidan imaxinar nesta pequena Galia. Queimarei tódolos seus bosque sagrados coma xa fixen nas Galias. Vaia terra de bruxas!
Xulio César tomou a súa daga, fíxose un fonda ferida no seu brazo dereito mentres berraba, coma sinal de que había sido mancado, e para non esquecer esa afronta e ese meigallo nas terras enfeitizadas do atlántico norte. Os tripulantes que presenciaron a escena estaban aparvados e sorprendidos, moi desmellorados eles, coma enmeigados.
Xa en terra, Xoán, desprendeuse dos seus roupaxes mollados. E esperou, esperou ó amencer, e unha vez que chegou, vibrou de ledicia ao ver uns puntiños aló ao fondo do horizonte case a punto de desaparecer. Preguntouse o que pensarían, ou se volverían para matalos a todos, pero tiña a impresión de que non ía ser así. Sabía do medo e o respecto que lle tiña o Xulio César aos sortilexios dos druídas, e nesas terras, os había. Xoán habíase encargado tamén de botar polas cubertas dos buques, de proa a popa, varios rastros de sangue de xabaril, para infundirlles un pouquiño de medo máis. Inda enriba, tempo lle dou a deixar nuns xergóns de madeira, onde durmían, varias restras de toxos coas súas correspondentes espiñas. Orgulloso sabía que podería volver ao poboado, pero non sen antes botar un baño na praia e aproveitar a esplendorosa luzada desa terra máxica. A praia, hoxe en día, a praia de San Amaro, fermosa e recollida. Tralo baño, botou unha derradeira mirada cara ao horizonte, para comprobar que xa non se vía á flota romana, e libre, comezou a berrar antes de saír do mar:
- Forza e honra!, forza e honra!, forza e honra!
As súas palabras cortaban o vento e o seu sentimento enchíao de pracer. A pouco, volveu cos seus, que inda non tiñan moi clara a inexplicable e misteriosa marcha dos romanos. Xoán o ártabro calou todo o que fixo, coma un heroe segredo.
© Relato creado por Xurxo M. Gago Chao








