Narrador - Monitora I- Monitora 2 - Nena Sofía - Nena Carla - Neno Xabier - Neno Lolo.
Acto Único
A historia comeza co narrador, narrando a historia baixo unha cortina de música:
Narrador: A noite de verán prestábase para un encontro como o que estaban a ter, as
Monitora I: - Eu inda lembro aqueles tempos nos que non tiñamos tecnoloxías, o noso divertimento baseábase na imaxinación, pero hoxe en día, parece que xa non vos deixan imaxinar, parece que xa non queren que imaxinedes. Dánvolo todo feito, xa imaxinan outros por vós, o non o credes?
Nena Sofía: E quen imaxina por nós Nati?
Monitora I: - Imaxinan por vós os creadores de xogos, os creadores de aplicacións, os creadores das novas tecnoloxías, imaxinan por vós, e dánvolo todo feito porque unha vez que estades xogando a tal xogo coa tableta o co ordenador ou utilizando a aplicación X, estades adquirindo unha adición a algo e entrades nun bucle que non leva a nada, nada máis que a perder e desaproveitar o tempo. Ben usado, non sería prexudicial, xogar de cando en vez, pero necesitalo diariamente é algo daniño que distrae do camiño do verdadeiro coñecemento.
Neno Lolo: - Caramba! Non sabía eu que xogar fora malo!
Narrador: Afirmou Lolo sorrindo. A monitora Lucía levantou a man para falar…
Monitora 2: - A ver, eu teño o meu punto de vista e non todo é tan malo como día Nati, eu creo que as novas tecnoloxías son boas, pero iso si, ben usadas. Eu non lle boto a culpa a ninguén, nin penso que vos van roubar a imaxinación.
Narrador: A cativa Carla comezou a rir, era a máis pequena do grupo cos seus dez anos de idade cando todos e todas as demais xa chegaban aos doce anos, Carla era a que menos comprendía o que se estaba a falar. A pequena do grupo non puido conter o motivo do seu sorriso:
Nena Carla: (Rindo) Pero como nos van roubar a imaxinación?
Risas de tod@s, monitoras e nenas e nenos.
Narrador: O ceo víase inundado de estrelas e as constelacións ofrecíanse para todo o grupo de persoas que estaba sentado ao redor da fogueira. Eran as tres da madrugada, pero estaban xenial e a gustiño, a noite non era nin fría nin calorosa, polo que se quixeran podían pasar alí a noite sen problema algún. De feito, algún dos nenos xa estaba deitado co seu saco de durmir mentres escoitaba a conversa que se estaba a dar.
Monitora 2: Claro que non. Quen vai roubar a imaxinación, iso é imposible. Como farían logo? Collerían a nosa imaxinación para gardala nunha caixa forte?
Narrador: O grupo enteiro dispúxose a rir. -Risas de tod@s, monitoras e nenas e nenos-
Neno Xabier: E que faríamos sen a imaxinación?
Nena Sofía: Seríamos parvos…
Neno Lolo: Non, non, seríamos como robots.
Monitora 1: A ver, xa sei que soa a risa, e quizais expreseime mal, non quero dicir que nos rouben a imaxinación pero si que rouban as gañas e a motivación para traballar a nosa imaxinación. E como se secuestraran o noso tempo coas novas tecnoloxías para que non poidamos crear, para que non poidamos pintar un lenzo por exemplo, para que non escribamos cun lapis nunha folla unha historia ou un relato, para que non inventemos cousas novas. Creo que debemos de estar atentos a isto e non deixar controlar a nosa mente pola adición que crean esas máquinas tecnolóxicas deste futuro.
Monitora 2: - Ben, pero non hai que esaxerar, non asustes aos nenos, déixaos que xoguen as novas tecnoloxías.
Monitora1: - Non, se eu non quero asustalos, tan só tento aconsellar para que non deixen de traballar a súa imaxinación.
Nena Sofía: - Pois eu imaxino cousas todos os días.
Nena Carla: - E eu tamén.
Neno Lolo: - E eu.
Monitora 2: - Ninguén nos poderá roubar nin a linguaxe nin a imaxinación. A imaxinación e a linguaxe dos humanos son dúas xenuínas expresións da liberdade da muller e do home e esta non pode ser aprisionada por ningún tirano deste mundo. Cando alguén coacciona violentamente a nosa liberdade, sempre nos queda a linguaxe e a imaxinación: neste santuario somos os donos absolutos, sempre gañamos. Unha persoa pode ser encarcerada, privada de liberdade, pero ninguén, nin agora nin nunca, poderá aprisionar a súa linguaxe nin parar a súa imaxinación. Poderán torturar o noso corpo, pero a nosa alma, intelixente e libre, é unha meta inalcanzable para calquera ditador de quenda.
Neno Xabier: Vaia! Pois é como un don que temos…
Monitora 2: Pois si Xabier, exactamente, a imaxinación é un don.
Nena Carla: - Meu pai tamén é don, é Don Carlos.
Botáronse tod@s a rir.
Monitora 2: Ben, e agora nenos e nenas, imos todos e todas a durmir, a soñar, pois os soños son o alimento da nosa imaxinación.
Narrador: Algúns deles protestaron, pero nada puideron facer e remataron cada un nas súas tendas de campaña correspondentes, ao día seguinte continuaría a súa aventura no campamento de verán.
Obra para Radioteatro: (Duración aproximada 10 min +/-)
Obra Creada by Xurxo M. Gago Chao








