Obra de Radioteatro Infantil Reparto: Narrador - Nena 1 (Nerea) - Nena 2 (Sandra) - Neno 1 (Carlos) - Neno 2 (Luís) - Nai 1 - Nai 2. Comezo -Soa Música de misterio de fondo- Narrador: A néboa estaba inundando o ambiente, era unha noite fría, pero sen vento, case silenciosa, a humidade do lugar calaba fondo nas persoas presentes. Un grupiño de rapaces e rapazas e atópanse nun monte preto das súas casas, tentaban contactar cos espíritos. Era a noite de Samaín. Nena 1 (Nerea): Eu non sei e, eu voltaba para casa. Neno 1 (Carlos): Nerea ten medo, Nerea ten medo! Nena 1 (Nerea): Pois si parvo! Si teño medo. O que imos facer é unha tolería. Nena 2 (Sandra): Veña Nerea, que non é para tanto. Nena 1 (Nerea): Ah, non? Non é para tanto estar neste lugar ás doce da noite? Neno 2 (Luís): Veña Nerea, que non é nada. Ímolo pasar moi ben. Narrador: Estaban sentados en círculo, cunha gran lanterna posta no medio do mesmo que servía para iluminarlles o lugar. Nena 1 (Nerea):...
O Bosque Literario de Xurxo Miguel Gago Chao