Agasallo é un bico,
é unha aperta,
é unha visita a porta aberta,
é agarimo a quen se queira,
é un reencontro fortuíto,
é calquera axuda sinxela,
é un gozo para o espírito,
é unha ilusión á primeira,
é un feito de amor fidedigno,
é unha vivencia moi tenra,
é agradecemento infinito,
é un perdón que se acepta,
é saber querer e con iso xa ben chega.

Poesía Creada por Xurxo M. Gago Chao
 

 

Non dou feito,
acumúlaseme o amor,
de amor latexa o meu peito
e amor é o que sinto por dentro
coa xente que quero ao meu redor.
 

Poesía Creada por Xurxo M. Gago Chao


Dou agarimo a quen o desexe,
un agarimo que protexe.

De agarimo nunca enchido,
canto mais veña, máis vivo.

Non esquezo o cariño recibido
ollos de amor resplandecentes
que me teñen atendido.

Teño agarimo para repartir,

sorrisos, bicos a moreas
e centos de apertas por cinguir.


Poesía Creada por Xurxo M. Gago Chao


Grazas á xente que aconsella,
á xente que lle gusta animar,
á que mira aos ollos
mentres está a escoitar.
Grazas a aquelas persoas
que coa súa actitude sen lucro
reparten simpatía noite e día
tinguindo de cores o escuro.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao

inicio seguinte
logoweb