Obra de Radioteatro
Reparto: Narradora - Locutora - Arximiro
Comezo
Narradora: A locutora da radio Finolis disponse a comezar o programa, da os datos de contacto e recibe a primeira chamada...
Locurora (recibe a chamada moi leda): Xa podedes chamar ao 999, o noso teléfono de contacto. No programa de hoxe…
-Soa chamada de teléfono-
Locutora: Ola! Moi boas! Quen chama?
Arximiro: Eou, óesme logho?
Locutora: Si, si, moi boas, quen é?
Arximiro: Son eu, Arximiro.
Locutora: Benvido ao noso programa, Finolis.
Arximiro: Finolis eu? Finolis será ti…
Locutora, (ríe): Non ou, hahaha, Finolis é a nosa radio.
Arximiro: Pois vaia nome para unha radio…
Locutora moi chula: E que nós facemos as cousas con moito tino, con dozura e suavidade.
Arximiro: E logho, moi finolis seredes, pero ao final caghades igual no wáter e ben que limpades o cú.
Locutora: Hahaha, desculpen vostedes radiooíntes, a veces pasa isto…
Arximiro: Pasa o que ou? Pasa o que? Que veña un ghañán coma eu a dicir catro verdades? E que sodes moi finos…
Locutora: A nosa audiencia é moi selecta…
Arximiro: Ben, eu quero contar unha historia, podo?
Locutora: Si que pode Arximiro, pero lle pido que controle o seu vocabulario.
Arximiro: Eu do vocabulario ese non controlo nada, pero tentarei falar para que me entenda.
Locutora: Vale, pois veña adiante, comece a contar.
-Silencio 3 segundos-
Arximiro: Comezo xa?
Locutora: Si claro, estamos á espera…
Arximiro: Á espera de que?
Locutora: Á espera de vostedes Arximiro, para que conte a súa historia…
Arximiro:Vale, e cal delas conto?
Locutora (enfadada): Non sei señor, a que vostede queira…
Arximiro: E cal queres ti que che conte?
Locutora (resignada), case chorando: Pois a que dixo vostede que ía contar…
Arximiro: Eu por min cóntolle calquera historia…
Locutora: Pois veña, conte, adiante Arximiro, queremos escoitar a súa historia…
-Silencio 3 segundos-
Arximiro: Entón que?
Locutora (reprochando): Entón conte a súa historia Arximiro…
Arximiro: E cal delas?
Locutora (desesperada): A que queira…
Arximiro: Non ou, eu cónteche a que queiras ti.
Locutora: Pero se eu non sei ningunha das súas historias?
Arximiro: Pois, por iso, se quere cóntolle algunha delas.
Locutora, (tola): Valeee! Conteee! Conte vostede a súa historiaaa, pero xa!
Arximiro: E cal? Cal conto?
Locutora, gritando: NON SEI Arximiro, imos ter que cortar xa.
Arximiro: Cortar xa? Perooo, pero eu se inda non che contei a miña historia?
Locutora (CONTUNDENTE): A VER SEÑOR, levo dez minutos dicíndolle que conte calquera das súas historias, e vostede, o único que sabe dicir, é preguntarme cal me conta; e eu, non sei nada das historias que vostede me quere contar, eu, tan só, pretendía ter unha conversa normal, con alguén normal…
Arximiro: A ver nena, a ver ou, se queres falar, falamos, eu cóntoche calquera historia.
Locutora (chora):-----
-Silencio-
-Escoitase o ton do teléfono de recen terminada a comunicación-
Narradora: A locutora, cortou a chamada moi enfadada, puxo música e botouse a chorar sobre a mesa por non ser quen de facer que Arximiro contara a súa historia…
-Duración aproximada 5 minutos -
Obra Creada por Xurxo M. Gago Chao









