OBRA COMPLETA · EDICIÓN DIXITAL VERSOS CHIADOS Versos chiados e rechouchiados cando o paxaro voaba ENTRAR NO POEMARIO →


Quero falar galego
a lingua que florece
inda a ser inverno
lingua de Rosalía,
Curros e Cunqueiro,
a nosa lingua nai.
Quero falar galego
cantando baixo as augas,
vogando cos ventos,
procurando esperanzas
entre os soños vellos
da nosa lingua nai.
Quero falar galego
navegando entre as ondas
de infinitos versos,
afoutando tenruras,
aviventando o acervo
á nosa lingua nai.
O`Xurxo  #QueroGalego

 © Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao



Video recén estreado dos Diplomáticos de Montealto cunha nova canción coa letra do poema de Celso Emilio Ferreiro "Deitado frente ao Mar": Grandes! Moi grandes! Facendo país!



A Chamada dos Literatos
© Relato creado por Xurxo M. Gago Chao
 
Corría o ano dous mil cincuenta e nove da nosa era; uns obreiros topáron por sorpresa cunha caixa de madeira cando ían coloca-lo novo pavimento, a uns cento corenta e sete pasos da entrada do claustro do reitorado da universidade, antigo colexio de San Xerome. Un deles reaccionou; dixo que ía entrega-la na catedral, pero o outro díxolle que non, que a entregara xusto fronte do reitorado. E alí foron.

No reitorado acollérona cos brazos abertos, sorprendidos tamén polo importante achado que acaba de acontecerlles. Eles foronse a continua-lo seu labor. Xa dentro; os científicos, revisaban a caixa antes de abrila. Comprobaron que era madeira de carballo, duns douscentos anos de antiguidade. Observaron o triquel celta tallado sobre a mesma, xusto debaixo dunha frase en letra gótica que dicía:

 Galegos, Falade Galego.

A caixa tiña tódolos seus lados iguais, unha raia que a partía pola metade, dando a entender que se podía abrir. E así o fixeron. Un tiraba pola de arriba, e outro aguantaba a de abaixo, ó final despegou. Un rancio cheiro a humidade inundou a estancia. Un pergamiño vello e corroído, envolto nunha cinta de tea de cor branca e azul, apareceu á vista de todos os presentes. Antes de colle-lo coas súas mans; un dos científicos botou unha ollada ó rector, para pedirlle permiso, e tralo xesto de aprobación deste continuou. Tremente, tomouno nas mans. Escorreu a tea, despregou o pergamiño, dipúxose a ler as seguintes palabras:

Lede Galego. Falade Galego. Soñade en Galego. Vivide o Galego. Sentide o Galego. Rexurdimento da fala. Loitade polo Galego. Coidade o Galego. Co tempo rexorde. Co tempo pode morrer. Primeira Xeración de Galeguistas. Santiago de Compostela, ano doce, no século dos Galegos.

Ninguén dixo nada. Tódolos presentes dirixiron as miradas ó rector, que tras pasa-las mans por riba do cocote falou:

- Ya sabéis, estimados doctores, que en los tiempos que corren este documento es muy peligroso para la sociedad. El gallego murió, es lengua muerta, lo sabéis. Desde hace diez años nadie lo habla, hasta la Junta cambió de nombre. Es casi imposible recuperarlo. Estaría bien que lo encontrasen a principios de siglo, cuando aún el gallego estaba en pleno auge. Ahora, ya no sirve de nada.

Tiraron a caixa e o pergamiño o lixo, e o Galego finou por completo. Foi a derradeira chamada dos literatos da lingua galega, a derradeira chamada dos precursores do galego.

Ó paso que imos un pouquichiño de unidade na fala non viña mal. Máis que nunca! Salva a túa lingua da extinción... Gústame o galego non me gusta odiar...

© Relato creado por Xurxo M. Gago Chao
inicio seguinte

Xurxo Miguel Gago Chao · O’Xurxo

Creación · conciencia · cultura · pensamento
Xurxo Miguel Gago Chao · O’Xurxo é poeta, escritor, creador e investigador autodidacta e independente no ámbito da conciencia, da espiritualidade práctica, da creatividade e dos procesos de transformación persoal e colectiva.

É creador dunha arquitectura civilizatoria formada por diferentes marcos, propostas e documentos orientados á reflexión sobre unha sociedade máis xusta, consciente, digna, libre e respectuosa coa vida. Educación, sanidade, economía, xustiza restaurativa, ética, intelixencia artificial, organización comunitaria e conciencia forman parte dese traballo aberto de investigación, creación e proposta.

Militar retirado tras unha longa etapa de servizo, a súa experiencia vital foi evolucionando cara á creación literaria, á mediación sociocultural, á dinamización cultural e ao desenvolvemento de iniciativas artísticas, sociais e comunitarias.

A súa actividade creativa abrangue tamén a poesía, narrativa, memoria, edición e maquetación de libros, deseño e desenvolvemento de páxinas web, creación de contidos, fotografía, comunicación cultural e recuperación e conservación de arquivos e memoria.

A través da Maxia do Ser e do Movemento do Amor Universal, desenvolve unha liña de pensamento e creación baseada nunha pregunta esencial: “Isto coida a vida ou a dana?” Desde aí procura poñer a palabra, a tecnoloxía, a conciencia e a creatividade ao servizo da dignidade humana e da construción consciente do común.
Poesía e literatura Investigación da conciencia Arquitectura civilizatoria Mediación sociocultural Maquetación editorial Deseño web Memoria e cultura Maxia do Ser
Multiverso de Xurxo · Obra, memoria e creación consciente
logoweb

Fragata Extremadura

Memoria · dignidade · reconciliación
O 19 de decembro de 2005, unha explosión na fragata Extremadura, atracada no Arsenal de Ferrol, marcou para sempre a vida de varias familias e da súa dotación. Esta pequena hemeroteca conserva unha parte dese percorrido e, vinte anos despois, tamén a evolución dunha memoria vivida desde outro lugar: honrar a Pachi e Erik, recoñecer erros propios, pedir perdón cando foi preciso e conservar a memoria sen permanecer atrapado no conflito.
Ferrol360 · 15 decembro 2025
XX aniversario do suceso da fragata Extremadura
Unha reconstrución ampla da noite do accidente, do proceso posterior, da resposta social e do impacto que aqueles feitos tiveron na vida persoal e profesional de Xurxo Gago Chao.
Ler en Ferrol360
Diario de Ferrol · 16 decembro 2025
Memoria, dignidad y conciencia
Un texto escrito vinte anos despois desde unha perspectiva diferente: memoria, gratitude, reconciliación, recoñecemento dos propios erros e defensa da dignidade dos compañeiros falecidos.
Ler en Diario de Ferrol
La Voz de Galicia · 17 decembro 2025
Fragata Extremadura, en recuerdo de la tragedia
Unha carta de memoria e homenaxe a Pachi e Erik que expresa tamén un peche persoal: manter a verdade vivida, asumir erros de forma, pedir perdón e avanzar sen esquecer.
Ler en La Voz de Galicia
A memoria non ten por que ser unha trincheira. Tamén pode converterse en conciencia, aprendizaxe, reconciliación e homenaxe.
2005 - 2025 · Vinte anos de memoria