Poesía, vida, raíz galega, dignidade, cultura, memoria e Maxia do Ser reunidas nunha casa de autor.
“Escribo para transformar a vida en palabra, a ferida en conciencia, a memoria en dignidade e a creación en servizo.”
Xurxo Miguel Gago Chao · O’Xurxo
O Multiverso de Xurxo
Multiverso de Xurxo nace como web de autor de Xurxo Miguel Gago Chao, tamén coñecido como O’Xurxo e como O Xurxo de Curuxeiras. Este espazo reúne a miña obra poética, traxectoria cultural, marcos de pensamento, textos de memoria, dimensión espiritual e creativa, o vínculo con Ferrolterra e a miña procura dunha palabra capaz de abrir conciencia, dignificar a vida e acompañar o Ser.
Esta web non quere ser só un arquivo, senón unha biblioteca viva: un lugar onde a poesía, a memoria, a raíz galega, a cultura popular, a experiencia vital, a espiritualidade consciente e a Maxia do Ser poidan dialogar nun mesmo territorio creador.
Vida, raíz, Ferrolterra, Curuxeiras, traxectoria cultural, mediación sociocultural, memoria persoal e camiño creativo de Xurxo Miguel Gago Chao.
Obra poética
Poemarios en galego e castelán, poesía espiritual, poesía social, poesía de Amor, memoria, raíz, conciencia e Maxia do Ser.
Biblioteca de autor
Catálogo vivo de libros, poemarios, marcos, ensaios, narrativa, teatro, documentos rexistrados e materiais de lectura.
Marcos e ensaios
Textos de pensamento ético, espiritual, social e civilizatorio vinculados ao Movemento do Amor Universal e á Magia do Ser.
Narrativa e teatro
Relatos, novelas en proceso, teatro poético, libretos rituais, escenas e creacións escénicas arredor da palabra viva.
Book fotográfico
Retratos, imaxes de actos culturais, Ferrolterra, Curuxeiras, recitais, símbolos, portadas e memoria visual de autor.
Biografía esencial
Xurxo Miguel Gago Chao, tamén coñecido como O’Xurxo e como O Xurxo de Curuxeiras, é poeta galego, creador consciente, mediador sociocultural e dinamizador cultural vinculado a Ferrolterra. A súa obra nace da palabra como ferramenta de apertura do Ser, de memoria, dignidade, transformación interior e despertar da consciencia. Desde unha mirada profundamente humana, espiritual e comprometida coa vida, cultiva unha poesía orientada ao Amor, á beleza, á raíz, á reparación simbólica e á procura dunha humanidade máis consciente.
Ao longo da súa traxectoria participou en diversos colectivos literarios, culturais e sociais, entre eles o Colectivo Literario Moraima, o Colectivo In Nave Civitas, o Colectivo Ártabros, a Asociación Cultural Fuco Buxán, o Colectivo Opaí – Radio Filispím, o Ateneo Ferrolán e a Sociedade Amigos da Paisaxe Galega. A súa actividade desenvolveuse arredor da literatura, a música, a oralidade, a poesía escénica, a arte, a memoria cultural e a creación compartida.
Como mediador sociocultural, colaborador social e organizador de eventos, impulsou e participou en recitais poético-musicais, roteiros literarios, exposicións de pintura, mostras de escultura en ferro, encontros musicais, actividades de danza, teatro, contacontos, radioteatro infantil e talleres de poesía. A súa creación literaria abrangue poemarios, textos de reflexión, marcos éticos e civilizatorios, relatos, propostas teatrais e materiais vinculados á Maxia do Ser.
A obra como camiño de conciencia
Para Xurxo, escribir non é só compoñer versos. É ordenar a experiencia, transformar a vida en conciencia e ofrecer palabras que poidan acompañar, abrir, sanar, remover, iluminar ou dignificar.
A súa obra recoñécese pola procura constante de sentido, polo coidado da palabra, pola conexión con Galicia e Ferrolterra, e por unha mirada orientada ao Amor como fundamento de vida.
Explora o Multiverso
Esta web irá medrando como biblioteca viva: obras rexistradas, poemarios, marcos, fotografías, textos recuperados, materiais de autor, lembranzas culturais e novas creacións.
As irmás e o irmáns enxebres da fala diante do Ideal Room 11/02/2017.
O
sábado 11 de febreiro a Novísima Irmandade da Fala cruñesa celebrou
en Ferrol un acto galeguista para conmemorar o mitin que 100 anos
antes organizara o Comité de aición galleguista da Hirmandade da
Fala da Cruña.
Os bo e enxebre ferrolán, Sr. Gago, e as xentes da Fundaçom Artábria
emprestaron todo o seu apoio facendo un patriótico esforzo para
difundiren a celebración deste acto. As irmás e o irmáns enxebres da
Cruña
saíron da estación de San Cristovo no tren das 10:50 horas e
comezaron a lenta viaxe no convoi. O Sr. Osorio lembrou o anuncio do
acto que publicara A Nosa Terra o 6 de xaneiro de 1917 e as verbas de
Antón Villar Ponte que convidaba as galegas a se esquecer dos
localismos para abrazar o galeguismo. Prosegiu a marcha ao ritmo de
cancións da terra.
No apeadoiro de Infesta o Sr. Rodriguez Palleiro reivindicou con
vehemencia a colocación dun «by-pass» que traguería a esa liña ferrea a
altura dos tempos. O Señor Souto ilustrou a parada en Betanzos lembrado a
anécdota contada polo lehendakari Ibarretxe de como Foucellas deixou
patacas na porta do seu avó, desterrado nesa parroquia coruñesa, para
axudalo a sobrevivir o seu primeiro inverno galego.
Na parte final da viaxe as regueifeiras comezaron unha fera guerra que
finalizou sen consecuencias.
Na estación de Ferrol agardaban un fato de enxebres ferrolás cun
gaiteiro aos que as viaxeiras replicaron entonando a Foliada da Coruña.
Deseguido comezou un roteiro que levou aos galeguistas polo centro de
Ferrol.
O señor Gago, cicerone de excepción, expricou a impresión que en
1917 causara a rúa Galiano a Villar Ponte. O sr. Dobarro, catedrático
de lingua galega, amosou os locais da rúa Real nos que comezaron as
actividades da Irmandade de Amigos da Fala de Ferrol.
A visita continuou no Casino onde as irmás desfrutaron dos murais de Bello Piñeiro, unha das obras cimeiras da pintura modernista da nosa terra.
Asi mesmo se achegaron ao edificio do Salón Amboaxe e o Ideal Room,
lugares nos que en 1917 celebráronse o mitin e o xantar. Despois da
imprescindible fotografía de familia dirixiron os seus pasos a Fundaçom
Artabria onde se lles agasallou c'un esprendido xantar.
Á hora do café Manolo Bacalhau deleitou as irmás con algunhas das
mellores pezas do seu repertorio e o gaiteiro, as pandereteiras e o
tambor uníronse as voces das asistentes para intepretar temas da nosa
música e voltou a incruenta batalla das regueifas.
Para rematar o acto a Sr. Ramiro e a Sra. Fernández e a señora Rosa
Martínez recitaron versos ademirables. O Sr.
Gago (pai) interpretou de memoria a peza A Princesa, dos Irmáns da Fala
Charlón e Hermida.
Antes de partir do local de Artábria todos os enxebres presentes
entonaron o himno galego para pechar unha xornada enxebre que non
esqueceremos endexamais.
Até o tren acompañaron os irmáns e as irmás coruñesas e moitos amigos e
amigas de Ferrol. Cando arrincou o convoi houbo vivas a Galicia, a
Ferrol e A Coruña e a
despedida foi ao compás da Foliada de Cercedo.
Debuxo realizado polo compañeiro Roberto Illas Sisargas, para conmemorar a ocasión.
Reportaxe fotográfica de Esperanza Vázquez Dopico, na Conmemoración da visita da Irmandades da Fala da Cruña a Ferrol
11de febreiro de 1917 - 11 de febreiro de 2017. Roteiro histórico polo centro de Ferrol. Organizaron: Colectivo Literario In Nave Civitas e Fundaçom Artabria.
Música: A Quenlla - Manifesto de Lugo.
Reportaxe fotográfica de Conmemoración da visita da Irmandade da Fala
da Cruña a Ferrol
11de febreiro de 1917 - 11 de febreiro de 2017. Xantar Popular de
enxebres do Colectivo Literario In Nave Civitas e da Fundaçom Artabria
no seu local social de Esteiro en Ferrol.
Na estación de Ferrol agardaban un fato de enxebres ferrolás cun
gaiteiro aos que as viaxeiras replicaron entonando a Foliada da Coruña.
Deseguido comezou un roteiro que levou as galeguistas polo centro de
Ferrol. O señor Gago, cicerone de excepción, expricou a impresión que en
1917 causara a rúa Galiano a Villar Ponte. O Sr. Dobarro, catedrático
de lingua galega, amosou os locais da rúa Real nos que comezaron as
actividades da Irmandade de Amigos da Fala de Ferrol.
A visita continuou no Casino onde as irmás desfrutaron dos murais de
Bello Piñeiro, unha das obras cimeiras da pintura modernista da nosa
terra.
Asi mesmo se achegaron ao edificio do Salón Amboaxe e o Ideal Room,
lugares nos que en 1917 celebráronse o mitin e o xantar, o salón de
amboaxe. Despois da imprescindible fotografía de familia no edificio do
emblemático hotel Ideal Room dirixiron os seus pasos a fundaçom Artabria
onde se lles agasallou c'un esprendido xantar.
Até o tren acompañaron as irmás coruñesas moitas amigas de Ferrol. Cando
arrincou o convoi houbo vivas a Galicia, a Ferrol e A Coruña e a
despedida foi ao compás da Foliada de Cercedo.