O noso Yin e o noso Yang


Se no yin hai yang no yang tamén hai yin,
se hai moito yin tamén hai moito yang,
eu son moi yang pero teño yin por min
e os meus sentimentos veñen e van.

Se no yin hai yang no yang tamén hai yin,
ánimo entre o ceo e o chan,
unha parte media outra calcetín,
nun lugar espertos noutro durmirán.

Se no yin hai yang no yang tamén hai yin ,
outras cousas que non verei pasarán,
outras cousas pasaron que eu non vin.

Se no yin hai yang no yang tamén hai yin
e entre eles dous complementarán
o florecemento do noso xardín.

 Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
anterior inicio seguinte
logoweb