Un belo e inmenso ceo aluarado, un bohemio meditar do ser, un ánimo positivo apoutado que di: – Hoxe si. É ou non é? Un quecido sentimento trasnoitado, unha varanda para mirar ao amencer, un ánimo positivo apoutado que di: – Hoxe si. É ou non é? Un pinchacarneiro sobre campo mollado, un vichelocrego asubiando outra vez, un ánimo positivo apoutado que di: – Hoxe si. É ou non é? Unha torpe zarapallada do pasado unha señardade que fai aprender, un ánimo positivo apoutado que di: – Hoxe si. É ou non é? Un nobre convencemento espertado, un xa sei o que hei de facer, un ánimo positivo apoutado que di: – Hoxe si. É ou non é? Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
O Bosque Literario de Xurxo Miguel Gago Chao