Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Nenez

Xa creces

Trocou a túa voz, xa é dun agudo soave. Xa cantas novas cancións e xa sabes novos bailes. Vas perdendo a túa inocencia, o teu razoamento madura. Vives novas sensacións, miña nena criatura. Non perdas a túa inocencia, nesta vida mais ben dura, onde abondan os nubarróns e as noites claras e escuras. Nunca perdas a túa dozura nesta vida mais ben ruda enche os teus ollos de amor ante as decepcións futuras. Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao

Divertimento

Encántame xogar coma un meniño pequeno e vivir o sentimento dun divertimento eterno. O encanto do sorriso tenro evadido deste mundo inferno nunha viaxe imaxinaria a outro mundo etéreo; faime sentir máis vello. Máis lonxe fica aquela inocencia que tivemos, rastro da luminescencia que ao pasar o tempo perdemos.   Poema creado por Xurxo M. Gago Chao