OBRA COMPLETA · EDICIÓN DIXITAL VERSOS CHIADOS Versos chiados e rechouchiados cando o paxaro voaba ENTRAR NO POEMARIO →

Ti cres na maxia
que cada un de nós temos
por dentro e por fóra
das nosas entrañas?

Ti cres na enerxía
que xorde da terra,
das plantas, das árbores,
até das montañas?

Ti non cres en nada?
Pois vale, pois vaia!

Ti cres na intuición
que che sae do corazón,
que che di e che di fai,
convencéndote para que o fagas?

Ti cres na forza do ánimo
que entre a razón e a ilusión
entre o desánimo e a desilusión
vai coloreando as auras?

Ti non cres en nada?
Pois vale, pois vaia.

Ti cres nas fadas,
nos trasgos e faunos,
nas bruxas malvadas
e nos crueis diaños?
Ti cres en cousas encantadas,
en sortilexios máxicos,
en mouras enfeitizadas
ou outros seres estraños?

Ti non cres en nada?
Pois vale, pois vaia.

Ti cres nas máxicas palabras,
na maxia dos seres humanos,
nas curandeiras miradas
que envían amor e levantan os ánimos?
Ti cres nos abracadabras,
nos milagres dos santos,
cres nas esperanzas
e nos doces agasallos?

Ti non cres en nada?
Pois vale, pois vaia.

 Ti cres nas mans curandeiras
que tocan e curan
cunha forza enerxética
que positividade contaxia?

 Quizais a quen non crea en ela
non lle chega nunca a maxia.
 
Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao

 
Curandeiras peregrinacións.
Milagres de Amil.
Milagres de Caión.
Santos do porvir.
Virxes en procesión.
Doenzas do espírito.
Ánimas liberadas.
Meigallos malditos.
Vidas ameigadas.
Veas de corpos enteiros.
Párrocos curandeiros.
Almas purificadas.
Sortilexios divinizados.
Camiñares que fan chagas.
Camiñares axeonllados.
Crenzas galegas herdadas.

  Poema creado por Xurxo M. Gago Chao
inicio seguinte

Xurxo Miguel Gago Chao · O’Xurxo

Creación · conciencia · cultura · pensamento
Xurxo Miguel Gago Chao · O’Xurxo é poeta, escritor, creador e investigador autodidacta e independente no ámbito da conciencia, da espiritualidade práctica, da creatividade e dos procesos de transformación persoal e colectiva.

É creador dunha arquitectura civilizatoria formada por diferentes marcos, propostas e documentos orientados á reflexión sobre unha sociedade máis xusta, consciente, digna, libre e respectuosa coa vida. Educación, sanidade, economía, xustiza restaurativa, ética, intelixencia artificial, organización comunitaria e conciencia forman parte dese traballo aberto de investigación, creación e proposta.

Militar retirado tras unha longa etapa de servizo, a súa experiencia vital foi evolucionando cara á creación literaria, á mediación sociocultural, á dinamización cultural e ao desenvolvemento de iniciativas artísticas, sociais e comunitarias.

A súa actividade creativa abrangue tamén a poesía, narrativa, memoria, edición e maquetación de libros, deseño e desenvolvemento de páxinas web, creación de contidos, fotografía, comunicación cultural e recuperación e conservación de arquivos e memoria.

A través da Maxia do Ser e do Movemento do Amor Universal, desenvolve unha liña de pensamento e creación baseada nunha pregunta esencial: “Isto coida a vida ou a dana?” Desde aí procura poñer a palabra, a tecnoloxía, a conciencia e a creatividade ao servizo da dignidade humana e da construción consciente do común.
Poesía e literatura Investigación da conciencia Arquitectura civilizatoria Mediación sociocultural Maquetación editorial Deseño web Memoria e cultura Maxia do Ser
Multiverso de Xurxo · Obra, memoria e creación consciente
logoweb

Fragata Extremadura

Memoria · dignidade · reconciliación
O 19 de decembro de 2005, unha explosión na fragata Extremadura, atracada no Arsenal de Ferrol, marcou para sempre a vida de varias familias e da súa dotación. Esta pequena hemeroteca conserva unha parte dese percorrido e, vinte anos despois, tamén a evolución dunha memoria vivida desde outro lugar: honrar a Pachi e Erik, recoñecer erros propios, pedir perdón cando foi preciso e conservar a memoria sen permanecer atrapado no conflito.
Ferrol360 · 15 decembro 2025
XX aniversario do suceso da fragata Extremadura
Unha reconstrución ampla da noite do accidente, do proceso posterior, da resposta social e do impacto que aqueles feitos tiveron na vida persoal e profesional de Xurxo Gago Chao.
Ler en Ferrol360
Diario de Ferrol · 16 decembro 2025
Memoria, dignidad y conciencia
Un texto escrito vinte anos despois desde unha perspectiva diferente: memoria, gratitude, reconciliación, recoñecemento dos propios erros e defensa da dignidade dos compañeiros falecidos.
Ler en Diario de Ferrol
La Voz de Galicia · 17 decembro 2025
Fragata Extremadura, en recuerdo de la tragedia
Unha carta de memoria e homenaxe a Pachi e Erik que expresa tamén un peche persoal: manter a verdade vivida, asumir erros de forma, pedir perdón e avanzar sen esquecer.
Ler en La Voz de Galicia
A memoria non ten por que ser unha trincheira. Tamén pode converterse en conciencia, aprendizaxe, reconciliación e homenaxe.
2005 - 2025 · Vinte anos de memoria