Estás visitando a páxina web de Xurxo Miguel Gago Chao
|
Un espazo de autor que reúne poesía creada desde 2016,
relatos, vivencias persoais e culturais, memoria,
arquivos e unha hemeroteca construída ao longo do tempo.
|
Aquí podes percorrer tamén a súa obra desenvolvida durante estes anos,
desde os poemarios e textos literarios ata unha
arquitectura civilizatoria
formada por marcos, propostas e documentos orientados
á conciencia, á dignidade e á construción dunha sociedade máis xusta.
|
Este espazo convida a
ler con paciencia, criterio e rigor,
deixando que cada texto conserve o seu contexto,
a súa memoria e o momento no que foi creado.
|
Toda a obra publicada e identificada como creación de autor
está protexida e rexistrada en
Safe Creative.
|
Estás visitando a páxina web de Xurxo Miguel Gago Chao
|
Un espazo de autor que reúne poesía creada desde 2016,
relatos, vivencias persoais e culturais, memoria,
arquivos e unha hemeroteca construída ao longo do tempo.
|
Aquí podes percorrer tamén a súa obra desenvolvida durante estes anos,
desde os poemarios e textos literarios ata unha
arquitectura civilizatoria
formada por marcos, propostas e documentos orientados
á conciencia, á dignidade e á construción dunha sociedade máis xusta.
|
Este espazo convida a
ler con paciencia, criterio e rigor,
deixando que cada texto conserve o seu contexto,
a súa memoria e o momento no que foi creado.
|
Toda a obra publicada e identificada como creación de autor
está protexida e rexistrada en
Safe Creative.
|
Web de autor
Multiverso de Xurxo
Obra, memoria e creación consciente
Poesía, vida, raíz galega, dignidade, cultura, memoria e Maxia do Ser reunidas nunha casa de autor.
“Escribo para transformar a vida en palabra, a ferida en conciencia, a memoria en dignidade e a creación en servizo.”
Xurxo Miguel Gago Chao · O’Xurxo
O Multiverso de Xurxo
Multiverso de Xurxo nace como web de autor de Xurxo Miguel Gago Chao, tamén coñecido como O’Xurxo e como O Xurxo de Curuxeiras. Este espazo reúne a miña obra poética, traxectoria cultural, marcos de pensamento, textos de memoria, dimensión espiritual e creativa, o vínculo con Ferrolterra e a miña procura dunha palabra capaz de abrir conciencia, dignificar a vida e acompañar o Ser.
Esta web non quere ser só un arquivo, senón unha biblioteca viva: un lugar onde a poesía, a memoria, a raíz galega, a cultura popular, a experiencia vital, a espiritualidade consciente e a Maxia do Ser poidan dialogar nun mesmo territorio creador.
Vida, raíz, Ferrolterra, Curuxeiras, traxectoria cultural, mediación sociocultural, memoria persoal e camiño creativo de Xurxo Miguel Gago Chao.
Obra poética
Poemarios en galego e castelán, poesía espiritual, poesía social, poesía de Amor, memoria, raíz, conciencia e Maxia do Ser.
Biblioteca de autor
Catálogo vivo de libros, poemarios, marcos, ensaios, narrativa, teatro, documentos rexistrados e materiais de lectura.
Marcos e ensaios
Textos de pensamento ético, espiritual, social e civilizatorio vinculados ao Movemento do Amor Universal e á Maxia do Ser.
Narrativa e teatro
Relatos, novelas en proceso, teatro poético, libretos rituais, escenas e creacións escénicas arredor da palabra viva.
Book fotográfico
Retratos, imaxes de actos culturais, Ferrolterra, Curuxeiras, recitais, símbolos, portadas e memoria visual de autor.
Biografía esencial
Xurxo Miguel Gago Chao, tamén coñecido como O’Xurxo e como O Xurxo de Curuxeiras, é poeta galego, creador consciente, mediador sociocultural e dinamizador cultural vinculado a Ferrolterra. A súa obra nace da palabra como ferramenta de apertura do Ser, de memoria, dignidade, transformación interior e despertar da consciencia. Desde unha mirada profundamente humana, espiritual e comprometida coa vida, cultiva unha poesía orientada ao Amor, á beleza, á raíz, á reparación simbólica e á procura dunha humanidade máis consciente.
Ao longo da súa traxectoria participou en diversos colectivos literarios, culturais e sociais, entre eles o Colectivo Literario Moraima, o Colectivo In Nave Civitas, o Colectivo Ártabros, a Asociación Cultural Fuco Buxán, o Colectivo Opaí – Radio Filispím, o Ateneo Ferrolán e a Sociedade Amigos da Paisaxe Galega. A súa actividade desenvolveuse arredor da literatura, a música, a oralidade, a poesía escénica, a arte, a memoria cultural e a creación compartida.
Como mediador sociocultural, colaborador social e organizador de eventos, impulsou e participou en recitais poético-musicais, roteiros literarios, exposicións de pintura, mostras de escultura en ferro, encontros musicais, actividades de danza, teatro, contacontos, radioteatro infantil e talleres de poesía. A súa creación literaria abrangue poemarios, textos de reflexión, marcos éticos e civilizatorios, relatos, propostas teatrais e materiais vinculados á Maxia do Ser.
A obra como camiño de conciencia
Para Xurxo, escribir non é só compoñer versos. É ordenar a experiencia, transformar a vida en conciencia e ofrecer palabras que poidan acompañar, abrir, sanar, remover, iluminar ou dignificar.
A súa obra recoñécese pola procura constante de sentido, polo coidado da palabra, pola conexión con Galicia e Ferrolterra, e por unha mirada orientada ao Amor como fundamento de vida.
Explora o Multiverso
Esta web irá medrando como biblioteca viva: obras rexistradas, poemarios, marcos, fotografías, textos recuperados, materiais de autor, lembranzas culturais e novas creacións.
Eu son da clase dos poetas descoñecidos e ignorados para os que nunca se fixeron premios nin nunca son publicados Son a poeta de aqueles que loitan por saír de escravos Son a poeta de aqueles aos que todo lles foi negado Eu son a poeta de aqueles que sobreviven do emprestado a poeta analfabeta a poeta dos desherdados Eu son a poeta de aqueles aos que todo lles foi negado Son a poeta de aqueles que loitan por saír de escravos Eu son a poeta de aqueles que sobreviven do emprestado para os que non se fixeron premios nin nunca son publicados Son a poeta de aqueles que loitan por saír de escravos son a poeta de aqueles aos que todo lles foi negado Quero sangrar as feridas para liberar as miñas arterias non quero facerme escrava da ponzoñosa das xenreiras quero sentir como penetran polos ríos das miñas teas o vivificante arrecendo das vosas primaveras Abrazarei a miña morte sen remordementos eu trouxen a vida e nada dela levo. Poema de Luz Fandiño
“Mujeres hermosas y desdichadas que no conocéis más vida que la servidumbre, abandonad vuestras constumbres queridas, en dónde se conservan perennes los usos del feudalismo: huid de esos groseros tiranos y venid aquí, en donde la mujer es menos esclava, pero en donde se le concede siquiera el derecho del puder y de las lágrimas.” La Hija de Mar - Rosalía de Castro.
Vés de soportar durante séculos ás imposicións dun mundo patriarcal que te usa coma obxecto, que venera o teu corpo pero maltrata a túa mente, vexándote, menosprezándote coma ser humano digno de autosuficiencia. Inda; hoxe en día, para os dicionarios da lingua sodes o sexo débil, a sociedade non avanza, o machismo sobrevive e o maltrato está a orde do día. O peor de todo é que inda hai quen nega os feitos, inda hai quen di que o maltrato é recíproco e que homes tamén o sofren. Ninguén negará que casos haxa, pero sendo realistas; sábese, vese, más aló das evidencias, das enquisas, que maltratan máis homes a mulleres que mulleres a homes. Certo é que a necidade fai que moitos non sexan quen de saíres da súa propia sen razón.
Muller, vés de soportar inxurias e prepotencias. Vés de soportar miradas de homes por riba do ombreiro. Até a mesma Rosalía tivera que soportar o menosprezo daqueles homes intelectuais doridos por ver as publicacións firmadas por unha muller valente e atípica, pero lembra a súa teima, lémbraa coma muller ponderada, colle exemplo dela, tira para adiante a loitar contra os felgos machistas, faite valer.
Muller, non te deixes nunca dominar por un home, ambos sodes libres, libres para amar, libres para progresar, libres para vivir segundo as vosas inquietudes.
Non creo nunha guerra entre sexos, fuxo dos –ismos, non quero loitar por ser mellor que ninguén, quero camiñar ao lado de calquera persoa que de maneira elocuente saiba apreciar ás persoas e respectalas tratando a todo o mundo na vida co respecto que merece.
A vida vai ensinando a quen quere aprender, pero tamén vai enquistando a sapiencia daquelas persoas que non son quen de reconsiderar ideoloxías arcaicas pouco acordes cos tempos que van. E hai moito machismo imperante, hai maltrato xeneralizado, hai mortes de mulleres, a enfermidade da violencia de xénero na sociedade. Hai tal cantidade de potenciais machista nas rúas que da medo ter fillas. Vesen tantas cousiñas, tantas cousiñas vense, que non che digo nada, pero vaia…
Por iso muller, e por moitos máis, eu camiñarei ao teu carón coma compañeiro humano deste planeta cheíño de incomprensións. Animo a todos os homes que lean estas palabras que tomen nota delas e fagan unha revisión do seu comportamento cara a muller, pois, ás veces, cremos que todo o facemos ben e non reconsideramos, e hai que reconsiderar para saber a quen se desconsidera inmerecidamente. Hai que traballarse, pulirse, fuxir dos tópicos, adecuarse ao tempos, e o máis importante, humanizarse, para convertérense en persoas respectuosas cos demais, a falta de respecto é unha lacra desta sociedade.
Porén, o mundo está a cambiar; apréciase un espertar en vosoutras, apréciase unha reconsideración de comportamentos por parte de moitos homes, apréciase o apoio de moitos homes á loita pola igualdade e moitos fíos de esperanza para comezar a crer que algo pasará para que dunha vez chegue a total igualdade e esmorezan até morrer na súa totalidade as negras enquisas de loitos.
O mundo é como é, e ás veces, dá medo.
Esta entrada está dedicada a todas a mulleres do mundo, pero sobre todo á miña filla, á miña esposa, á miña nai, ás miñas irmás, ás miñas sobriñas e sobriñas netas, ás miñas tías e ás miñas primas, e como non, ás miñas avoas e bisavoas que están no alén.
Muller ponderada camiña con orgullo! Parabéns a todas no día da Muller!
Xurxo Miguel Gago Chao · O’Xurxo
é poeta, escritor, creador e investigador autodidacta e independente
no ámbito da conciencia, da espiritualidade práctica, da creatividade
e dos procesos de transformación persoal e colectiva.
É creador dunha arquitectura civilizatoria
formada por diferentes marcos, propostas e documentos orientados
á reflexión sobre unha sociedade máis xusta, consciente, digna,
libre e respectuosa coa vida. Educación, sanidade, economía,
xustiza restaurativa, ética, intelixencia artificial, organización
comunitaria e conciencia forman parte dese traballo aberto de
investigación, creación e proposta.
Militar retirado tras unha longa etapa de servizo,
a súa experiencia vital foi evolucionando cara á creación literaria,
á mediación sociocultural, á dinamización cultural e ao desenvolvemento
de iniciativas artísticas, sociais e comunitarias.
A súa actividade creativa abrangue tamén a
poesía, narrativa, memoria, edición e maquetación de libros,
deseño e desenvolvemento de páxinas web,
creación de contidos, fotografía, comunicación cultural
e recuperación e conservación de arquivos e memoria.
A través da Maxia do Ser e do
Movemento do Amor Universal,
desenvolve unha liña de pensamento e creación baseada nunha pregunta
esencial:
“Isto coida a vida ou a dana?”
Desde aí procura poñer a palabra, a tecnoloxía, a conciencia
e a creatividade ao servizo da dignidade humana e da construción
consciente do común.
Poesía e literatura
Investigación da conciencia
Arquitectura civilizatoria
Mediación sociocultural
Maquetación editorial
Deseño web
Memoria e cultura
Maxia do Ser
Multiverso de Xurxo · Obra, memoria e creación consciente
O 19 de decembro de 2005, unha explosión na fragata
Extremadura, atracada no Arsenal de Ferrol,
marcou para sempre a vida de varias familias e da súa dotación.
Esta pequena hemeroteca conserva unha parte dese percorrido e,
vinte anos despois, tamén a evolución dunha memoria vivida desde
outro lugar: honrar a Pachi e Erik, recoñecer erros propios,
pedir perdón cando foi preciso e conservar a memoria sen permanecer
atrapado no conflito.
Ferrol360 · 15 decembro 2025
XX aniversario do suceso da fragata Extremadura
Unha reconstrución ampla da noite do accidente, do proceso
posterior, da resposta social e do impacto que aqueles feitos
tiveron na vida persoal e profesional de Xurxo Gago Chao.
Un texto escrito vinte anos despois desde unha perspectiva
diferente: memoria, gratitude, reconciliación, recoñecemento
dos propios erros e defensa da dignidade dos compañeiros falecidos.
Unha carta de memoria e homenaxe a Pachi e Erik que expresa
tamén un peche persoal: manter a verdade vivida, asumir erros
de forma, pedir perdón e avanzar sen esquecer.