Por alí andan os consellos esquecidos
que ninguén tomou en conta
por crer telos todos sabidos.

Por alí andan os tropezos merecidos
de quen negou consellos repetidos.

Por alí andan os sorrisos agochados
que non foran compartidos.

Por alí andan as luces de alguén,
pois, ou lle faltan ou poucas ten.

Por alí andan inxustizas
das que non fala ninguén.

Por alí andan moitas cousas
que non se queren ver.

Mírase cara ao que interesa
cambiase de lado para ollar,
para non enfrontar a vista
ao que non poida interesar.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


Non só
se mira cos ollos
que o corpo ten,
é bo mirar
 cos ollos do espírito tamén.

Versos creados por Xurxo M. Gago Chao
inicio seguinte
logoweb