Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Crónicas

Crónica dunha Xornada Galeguista Ferrol - Cruña

As irmás e o irmáns enxebres da fala diante do Ideal Room 11/02/2017. O sábado 11 de febreiro a Novísima Irmandade da Fala cruñesa celebrou en Ferrol un acto galeguista para conmemorar o mitin que 100 anos antes organizara o Comité de aición galleguista da Hirmandade da Fala da Cruña. Os bo e enxebre ferrolán, Sr. Gago, e as xentes da Fundaçom Artábria emprestaron todo o seu apoio facendo un patriótico esforzo para difundiren a celebración deste acto. As irmás e o irmáns enxebres da Cruña saíron da estación de San Cristovo no tren das 10:50 horas e comezaron a lenta viaxe no convoi. O Sr. Osorio lembrou o anuncio do acto que publicara A Nosa Terra o 6 de xaneiro de 1917 e as verbas de Antón Villar Ponte que convidaba as galegas a se esquecer dos localismos para abrazar o galeguismo. Prosegiu a marcha ao ritmo de cancións da terra. No apeadoiro de Infesta o Sr. Rodriguez Palleiro reivindicou con vehemencia a colocación dun «by-pass» que traguería a esa liña ferrea a al...