© Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
O Mago da Escrita
CREADO POR O`Xurxo
Teñen as letras galegas
un mago moi feiticeiro
o eruditas da nosa lingua
Tan mago, tan enxebre
un home tan galego,
un druída meigo e vello
que enfeitizou de fantasía
ás xentes de Mondoñedo,
logo enfeitizou Galicia
e despois ao mundo enteiro.
O bardo das mil primaveras
creador enfeitizado
pola maxia que lle chega,
o ulises do antigo reino
grastrónomo das boas receitas.
Poeta do reverdecemento celta,
mago dos versos,
mestre das prosas,
poeta do si e do non,
vello Sinbad na súa terra.
© Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
Teimando pola Lingua Galega
CREADO POR O`Xurxo
Porén; precisamos unidade; o galego
precisa do apoio vital dos centros de ensino, dos docentes e do alumnado en
xeral, o galego precisa da axuda dos pais e nais para implicaren na nosa lingua
aos seus fillos e fillas. O galego precisa ineludiblemente da unidade de todo o
tecido asociativo e do seu compromiso coa nosa fala. O galego precisa o apoio
dos nosos maiores -que inda a ter prohibida a nosa fala nos seus tempos
teimaran por conservala-, e é precisa a implicación da xuventude.
Entre toda e todos, grandes e
pequenos, salvaremos a nosa lingua do esmorecemento ao que está sometida por
unha boa parte da sociedade galega, ben acostumada a darlle máis valor ao de
fóra que ao propio, desprezando a nosa verídica historia pola historia instaurada
polo centrismo ibérico.
Traballemos a prol da nosa lingua,
teimando contra todos os elementos que a desprezan.
Debermos ser quen de consumir a
prensa dixital en galego, apoiar á pouca prensa escrita en galego e castigar a
aqueles medios da Galiza que rexeiten o galego a pesar de seren beneficiarios
de axudas para fomentalo e usalo. Debermos ser unidades activas contra todos
aqueles que desprezan o galego; defensores do noso, defendendo a nosa lingua
con dignidade e elocuencia, sen violencia de ningún tipo, sen insultar a
ninguén, tan só, poñendo en valor a nosa literatura, sendo imaxinativos,
creando novas actividades e proxectos que fagan recuperar galegofalantes e creen
novos e novas neofalantes da lingua do pobo galego.
E a quen non lle guste que lle bote
azucre!
Escrito feito por Xurxo M. Gago Chao
Cara atrás
CREADO POR O`Xurxo
Temos indignación.
pero non temos conxunción.
Temos oportunidades,
pero perdemos as ocasións.
Temos propostas,
pero vense poucas intencións.
Temos queixas,
pero non chegan as solucións.
Temos esperanzas
pero poucas ilusións
de ver como o mundo avanza
sen as temidas recesións.
Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
Palabras cantadas
CREADO POR O`Xurxo
Palabras herdadas,
costumes pagáns,
topónimos antigos
en terra singular.
Cantan os cantigueiros
de mortos ou de vivos,
unha cántiga, un cantar.
Unha cántiga, un xograr.
Cántiga palabra celta,
unha copla trobadoresca.
Cántiga de amor,
cántiga de arrolo,
cántiga da terra.
Cántiga de escarnio,
cántiga de amigo,
versos ó canto
dun modo satírico.
Cántiga, cántiga, cántiga.
Cántiga, cántiga, cántiga
Cántiga galega.
Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
Vetos
CREADO POR O`Xurxo
Nunha época de reconversións
obrigaron a implantar un veto
para limitar a nosa terra
a crecer e a ter proveito.
Houbo moitas rescisións
moitas cartas de despido
e para Galicia foi castigo
aquela obreira revolución.
Onde van aqueles tempos
de botaduras Arteaga,
de traballadores na grada,
de estachas e fortes ventos?
Vai hipócrita trangallada
iso de vetar estaleiros,
vaia mentira especulada
e vaia merda que nos dixeron.
E inda seguen
vetando e impoñendo
xogando coa vida
e coa fame dos nenos.
E os dirixentes do pobo
cada vez fan menos,
nin loitan, nin reclaman
para a terra os seus dereitos.
Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
Infeccións
CREADO POR O`Xurxo
Teño un imposto hardware
pero o meu software é galego.
Teño a interface na terra
e son servidor de quen quero.
Estou proxy a natureza.
Uso a wlan liberdade
e o módem sen diferenza.
O meu ancho de banda
é a memoria,
miña database é a historia
para que nada se me esqueza.
Teño moito html programado
e moitos javascripts
que fan que funcione así.
Xa eliminei o moito malware
e o moito virus infectado
dos que infectan porque si,
o moito spyware
e o moito adware
que nin viven nin deixan vivir.
Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
Contiñeiro
CREADO POR O`Xurxo
Narra contos o contiñeiro
sobre amores moi loitados,
sobre feras, sobre bestas
e sobre tiranos malvados.
Sobre fadas e deidades,
sobre mouros dos nosos lares
nos bosques enfeitizados.
Narra feitos moi reais
ou feitos imaxinados
en lugares terreais
ou en ceos coloreados.
Os contos do contiñeiro
narrados na nosa fala
fan mais doce a súa historia
cando é narrada.
Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
Espolio
CREADO POR O`Xurxo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













