A Escola Obradoiro "Pedra e Mar" © Relato creado por Xurxo M. Gago Chao No ano mil novecentos noventa comeza a Escola Obradoiro Pedra e Mar, cun curso do INEM de seis meses de duración, no centro de A Gándara (Ferrol), no que se instruíu a cincuenta xoves en distintas materias e teorías das distintas especialidades, antes de comezar a etapa de traballo na estrada baixa do porto de Ferrol cun contrato de aprendiz, e onde estaba proxectada a construción dunhas naves para afrontar a construción dun muro de pedra de cantaría, forxa e albanelaría, para pechar e limitar o aceso ás instalacións portuarias da estrada mencionada. Tamén, proxectouse a actuación en diversas praias de Ferrolterra para conservar as dunas e colocar diversos paneis informativos sobre as correntes das zonas en cuestión, algo que correspondeu á especialidade de medio ambiente. Formei parte da especialidade de Forxa, onde aprendín as artes e o oficio da man do experimentado ferreiro...
O Bosque Literario de Xurxo Miguel Gago Chao