Duque, Duquesa,
Marqués, Marquesa,
Conde, Condesa,
Barón, Baronesa.
Castelos herdados,
señoritas de fresa.
Señoritos domingueiros,
glamour de merda.
Cartos herdados,
donos de terras,
terras, terras, terras.
Espolios arrexuntados
ladroa nobreza.
A historia en pedra
é da xente da terra,
nosas son as pedras,
pedras, pedras, pedras. 
 
Poema creado por Xurxo M. Gago Chao


O fidalgo Roi Xordo
líder guerreiro do pobo
axuntou viláns axiña
na revolta irmandiña.

Tres mil campesiños
contra o Mao Andrade
inda que non venceron
afoutaron liberdade.

Loita perenne 
contra a tiranía
na batalla do Eume,
aquel triste día,
o líder Roi Xordo
perdeu a súa vida.

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao


Canto espolio sofre a terra!
Canto usurpador agochado!
Canto interese malvado!
Canta corruptela de merda!
Unha merda arrexuntada
que ten valores na bolsa,
sube e baixa os índices
dependendo da merda que collan,
os ladróns que nos espolian.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
inicio seguinte
logoweb