Agasallo é un bico, é unha aperta, é unha visita a porta aberta, é agarimo a quen se queira, é un reencontro fortuíto, é calquera axuda sinxela, é un gozo para o espírito, é unha ilusión á primeira, é un feito de amor fidedigno, é unha vivencia moi tenra, é agradecemento infinito, é un perdón que se acepta, é saber querer e con iso xa ben chega. Poesía Creada por Xurxo M. Gago Chao
O Bosque Literario de Xurxo Miguel Gago Chao