Palabras herdadas,
costumes pagáns,
topónimos antigos
en terra singular.

Cantan os cantigueiros
de mortos ou de vivos,
unha cántiga, un cantar.
Unha cántiga, un xograr.

Cántiga palabra celta,
unha copla trobadoresca.
Cántiga de amor,
cántiga de arrolo,
cántiga da terra.
Cántiga de escarnio,
cántiga de amigo,
versos ó canto
 dun modo satírico.

Cántiga, cántiga, cántiga.
Cántiga, cántiga, cántiga
Cántiga galega.


Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


Dálle a túa gorxa unha boa aturuxada
no medio da troula e da pandeirada.

Haiche quen non da feito
o de aturuxar con xeito!

O aturuxo é artesanal,
haiche quen berra ben
e haiche quen berra mal.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


A beira do río cantaba
unha moza nas festas da aldea
e con xeito versos entoaba
sobre amores da súa terra.
Mentres a gaita zoaba
tiroliro e chascarraschás
e os mozos todos bailaban
sabendo levar o compás.
Un aturuxo, alguén berra,
doce voz de cantareira,
non se pode pedir mais.

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao

inicio seguinte
logoweb