Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Cariño

Agasallo é amor

Agasallo é un bico, é unha aperta, é unha visita a porta aberta, é agarimo a quen se queira, é un reencontro fortuíto, é calquera axuda sinxela, é un gozo para o espírito, é unha ilusión á primeira, é un feito de amor fidedigno, é unha vivencia moi tenra, é agradecemento infinito, é un perdón que se acepta, é saber querer e con iso xa ben chega. Poesía Creada por Xurxo M. Gago Chao  

Amor e xuntanza

  A familia é o sustento, é o alento de vivir, é o sentido da vida e a compaña no sufrir.   Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao