Crer na maxia
que cada quen ten
por dentro e por fóra
das súas entrañas,
na forza
que do interior vén
que colorea,
caprichosa,
as nosas auras.
Crer na enerxía
que xorde da terra,
das plantas, das árbores,
até das montañas;
no brío do universo
que asolaga os nosos chakras. 

© Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao


Hai que irlle dando,
para que non sexan tan só palabras.

Hai que darlle uso as cousas,
se non se escangallan.
Hai que poñer en funcionamento
aquelas sensacións paradas,
aqueles sentimentos soterrados
polas incomprensibles indiferenzas acumuladas.

Necesario é rescatar valorosamente
aqueles valores que en nós destacan,
arrancar os motores,
para emprender unha digna marcha.

Hai que ir vivindo,
actuando, querendo, axudando,
tirando sempre da esperanza.

Hai que ir indo, teimando,
pintando a tristura coas cores animadas
dándolle color as nosas pensadas olladas.

Hai que irlle dando,
para que non sexan tan só palabras.

Necesario é ir avanzando
con coraxe e valentía,
coa forza que vén das nosas almas
cara a coherencia da vida
cara as furnas das confianzas,
cara aos camiños dos entusiasmos.

Hai que ir tinguindo
con cores vivas e animadas
aqueles sentimentos acorados
nas sensacións desencantadas
dos soños que foran estartelados.

Hai que ir chegando
ás propostas metas empozadas 
desprendéndose das negacións escravas
e soltando os lastres acumulados.

Necesario é sempre inchar
as motivacións que se vaian desinchando.

Hai que irlle dando,
para que non sexan tan só palabras.

Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
inicio seguinte
logoweb