A Noite de Samaín


Obra de Radioteatro Infantil
Reparto: Narrador - Nena 1 (Nerea) - Nena 2 (Sandra) - Neno 1 (Carlos) - Neno 2 (Luís) - Nai 1 - Nai 2.

Comezo
-Soa Música de misterio de fondo-

Narrador: A néboa estaba inundando o ambiente, era unha noite fría, pero sen vento, case silenciosa, a humidade do lugar calaba fondo nas persoas presentes. Un grupiño de rapaces e rapazas e atópanse nun monte preto das súas casas, tentaban contactar cos espíritos. Era a noite de Samaín.

Nena 1 (Nerea): Eu non sei e, eu voltaba para casa.
Neno 1 (Carlos): Nerea ten medo, Nerea ten medo!
Nena 1 (Nerea): Pois si parvo! Si teño medo. O que imos facer é unha tolería.
Nena 2 (Sandra): Veña Nerea, que non é para tanto.
Nena 1 (Nerea): Ah, non? Non é para tanto estar neste lugar ás doce da noite?
Neno 2 (Luís): Veña Nerea, que non é nada. Ímolo pasar moi ben.

Narrador: Estaban sentados en círculo, cunha gran lanterna posta no medio do mesmo que servía para iluminarlles o lugar.

Nena 1 (Nerea):
Din que OUija atrae os malos espíritos. Eu xa vos avisei.
Neno 1 (Carlos): Que va ou! Podemos preguntarlles cousas e eles contestan e punto, xa está, non hai máis que temer.
Nena 1 (Nerea): Iso sempre dino sempre nas películas e ao final sempre pasa algo.
Nena 2 (Sandra): Veña Nerea, que non é para tanto.
Nena 1 (Nerea): Ah, non? Non é para tanto estar neste lugar ás doce da noite?
Neno 2 (Luís): É a noite de Samaín, que mellor que este lugar, PARA PASAR MEDOOO!
Nena 1 (Nerea): Ai, cala ei, senón marcho.
Neno 2 (Luís): Si ou, vas marchar ti soa polo medio do monte.
Nena 1 (Nerea): Que malos sodes!
Nena 2 (Sandra): Veña ou! Estamos aquí para pasalo ben.
Neno 1 (Carlos): Iso, iso. Veña imos aló.

Narrador: Os catro mozos e mozas aventureiros estaban a soportar o frío da noite de defuntos galega, esperando encontrar algunha resposta ao descoñecido, atraídos por ese lugar misterioso cargado de lendas sobre meigas feiticeiras. Tiñan unha táboa ben sinalizada e preparada para facer o famoso xogo do contacto cos espíritos, tiñan o vaso de plástico para poñer os seus dedos sobre el e esperar a que se movese só.

Neno 1 (Carlos): Estamos aquí reunidos para contactar cos espí…
Neno 2 (Luís): Cala, cala, non escoitaches.
Nena 1 (Nerea): O que? Non me asustes…
Nena 2 (Sandra): Si eu tamén escoitei algo…
Neno 1 (Carlos): Non é nada. Continuemos…
Nena 2 (Sandra): Sihisiss, calade, calade.

-Escóitase ruídos de moucho-
-Escóitanse sons nocturnos-


Narrador: Os rapaces miraron ao seu redor para tentar descubrir de onde proviña os estraños ruídos, pero tan só atoparon escuridade:

Nena 1 (Nerea): Eu estou temblando, teño medo, Sandra marchemos para casa anda.
Nena 2 (Sandra): Si, por min xa tivemos bastante misterio.
Neno 1 (Carlos): Veña ou! Se inda non comezamos
Neno 2 (Luís): Ten razón Carlos, eses son ruídos da noite, mouchos, paxaros, grilos e algún corzo que andará por aí.
Nena 2 (Sandra): Si, pois como ande algún xabaril.
Nena 1 (Nerea): Iso xa non, era o que faltaba.

Narrador: A noite de Samahín galega é unha noite máxica, unha noite esotérica, sempre e cando se desexe crer. Hai que estar abertos de mente e espírito para entrar en sintonía co esotérico. Nese estado estaban os mozos mentres realizaban o ritual. Os mozos e mozas continuaron co ritual para tentar invocar a un espírito e falar con el, comezaron a facer preguntas:

Neno 1 (Carlos): Hai alguén entre nós?
Neno 2 (Luís): Alguén quere manifestarse?

Narrador: Por uns segundos duradeiros gobernou o silencio, todos tiñan os dedos case rozando a base do vaso de plástico en espera a que se movese só.

-Soa música misterio-

Narrador: Pero de súpeto…

-Risa de espírito-
-Sons terroríficos-
-Sons de gitos-



Tod@s gritan, se poñen a gritar de medo.

Nena 1 (Nerea): Mirade! Mirade! Que é aquilo, ai deus! Ai deus…
Neno 1 (Carlos): Pero que é iso que soa? Que son esos sons?
Nena 2 (Sandra): É algo verde que vén cara a nós.
Neno 1 (Carlos): Si, é como unha luz. Ímonos.
Neno 2 (Luís): Si, ímonos, correde, correde.

-Tod@s gritan-

Narrador: Os rapaces e rapazas levantáronse rápido e estaban dispostos a escapar…

Nai 1 con voz misteriosa: A onde ides pillabáns? A onde ides pillabáns?
Nai 2 con voz misteriosa: Non escapedes, esperádenos…
Nena 2 (Sandra): Mamá?
Nena 1 (Nerea): Mamá?

Narrador: Tanto Carlos, coma Nerea, Luís ou Sandra, tiñan unha cara de medo que non podían con eles, estaban tremendo e a piques de chorar, pero esperáballes outra sorpresa, que non era outra, que a aparición das súas respectivas nais cunhas luces verde fluorescentes de salvamento marítimo. A sorpresa foi maiúscula dos mozos e mozas que querían contactar cos espíritos.

Nena 1 (Nerea): Mamá, mamaíña, que medo, que medo pasei.
Nai 1: Non me estraña, so a vós se vos ocurre idea semellante na noite de samaín.
Nena 2 (Sandra): E que facedes aquí mamá?
Nai 2: Seredes parvos e parvos, seredes paifocos, non vos destes conta de que cando falastes de vir aquí a facer espiritismo estaba eu a escoitar trala porta do salón. Entón argallei darvos un escarmento xunto coa nai de Nerea e Luís.
Nai 1: Así é, vos seguimos e nos agochamos de vos. Tiñamos esta gravadora onde puxemos sons de mouchos e sons terroríficos e de gritos na noite para darvos medo.
Nena 1 (Nerea): Pois non é xusto.
Neno 2 (Luís): Iso digo eu, non é xusto.
Neno 1 (Carlos): Bo, eu non pasei medo ningún.
Nai 1: Pero que dis cagón, se fuches o primeiro e saír correndo.
Todos riron.
Nena 2 (Sandra): E as luces verdes esas mamá? Colléstelas da embarcación de papá, non?
Nai 1: Claro parviña.
Nai 2: A verdade é que rimos moito.
Nena 1 (Nerea): Si claro, a verdade e que pasamos moito medo, eu non me apunto máis para contactar con espíritos.
Nai 2: Pois esa era a nosa intención, darvos un escarmento para que vos deixárades destas parvadas.
Nena 1 (Nerea): Pois por min lección aprendida
Nena 2 (Sandra): E por min..
Neno 1 (Carlos): Por min tamén.
Neno 2 (Luís): E eu tamén.
Nai 1: Pois ala, imos para casa que vai frío, iso si, quedádevos sen chocolate quentiña, para a cama e a durmir.
Narrador: Baixaron o monte e marcharon para as súas casas co medo metido no corpo. Dende entón quedou claro para os rapaces e rapazas protagonistas destes feitos que con certas cousas non deberan xogar. Por moi atraente que fora mellor non xogar co mundo dos espíritos. As nais, sempre están atentas a todo, e saben, saben como dar boas leccións. como resolver os problemas cos seus fillos da maneira máis creativa.

-Soa cuña música misterio-
Tempo aproximado de duración entre 15 ou 20 minutos.

Obra Creada por Xurxo M. Gago Chao
anterior inicio seguinte
logoweb