Son "rondallas" luceiros do alma
de bohemios paseos nas rúas
e "Pepitas" que escoitan en calma
os poemas e as músicas súas.
Imos todos a cantaruxar
as melodías dunha cantarela
mentres facemos a pasarela
sen parar de aturuxar.
E os doces sons dos gaiteiros
que ben saben as gaitas soar
e os ritmos dos tamborileiros
e pandeiretas repenicar.
Son os ritmos da miña terra
a pandeirada maila muiñeira
nosas almas de paixón se aledan
e as romarías asolan as leiras.
Son os coros de canto e de baile
as melodías da nosa liñaxe,
os antergos falaban na corte,
creaban poemas coa nosa linguaxe.
Son as letras da nosa unidade
desta terra que baila a súa danza,
unhas notas que soan a ultranza,
unhas letras con lonxevidade.
Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao







