A Rosa
© Relato creado por Xurxo M. Gago Chao
Graciela choraba mentres nas súas mans suxeitaba un teléfono móbil. Sufría desamor. Non esperaba quedar dorida dese xeito. Ninguén o espera, aínda que ás veces se presinta. Soou a melodía dun whatssapp: - Estou fronte a túa porta - dicía. Dirixiuse con lentitude cara á entrada, de xeito case parsimonioso e, abriu a porta. Unha enorme rosa xacía sobre a súa alfombra, pero non había ninguén, non estaba o seu amor. Estrañouse. Moi estraño todo ese misterio. Despois de observar un anaco polos arredores pechou a porta e entrou no piso. Que raro? Preguntábase. Isto que é? Cando elevou a rosa cara ao seu rostro para ulila observou un papel:
Hai persoas que son únicas porque o amor fainas únicas. Quérote! Volve!
Hai persoas que son únicas porque o amor fainas únicas. Quérote! Volve!
A partir dese momento Graciela o tivo claro, el non volvería xamais. Esa nota facíalle evidenciar que todo seguiría igual. El non se atrevería a mirala aos ollos e a dicirlle un quérote directo, cun exceso de timidez que a ela revolvíalle o estómago. Choraba. Pensaba. Volvía chorar. Ata que colleu a rosa e meteu nela a nota. Abriu a ventá e con forza e rabia tirouna.
A rosa voou dende o sexto piso e foi a aterrar no parabrisas do coche de Leo, o cal, asustado, freou de súpeto. Unha simple rosa? A rosa posouse xusto no parabrisas, coma se fose un adorno máis do vehículo. O pobre Leo levaba dous días intentado convencer a súa esposa para que volvese á casa. Levouse un susto mentres a chamaba dende o seu celular, ela non lle contestaba ou estaba fóra de cobertura. Ao ver a rosa no seu parabrisas tivo unha idea para salvar o seu matrimonio. Víñalle xenial esa rosa caída do ceo. Aparcou na beiravía. Baixou do coche. Tomou a rosa nas súas mans, pensaba darlla a súa enfada esposa. A rosa estaba ben, un pouco magoada, pero sobreviviu á caída. Leo realizou o mesmo xesto que realizan moitos humanos cando teñen unha rosa nas súas mans, intentou ulila, de feito, uliuna. Ao facelo, ao mirar no seu interior, descubriu un papel enrolado. Desenrolouno. Leu o seu contido:
Hai persoas que son únicas porque o amor fainas únicas. Quérote! Volve!
Estupendo, pensou Leo para si mesmo. Teríalle enviado Deus esa nota? Era iso un sinal? Nin o dubidou. Meteuse no coche e encamiñouse en dirección ao traballo da súa esposa. Ía sorprendela. A pedirlle perdón. A dicirlle que volvese á casa. Entregaríalle esa rosa coa nota. Ela entendería o esforzo que para el supoñía poñerse en evidencia en público entregándolle unha rosa en plan namorado, en canto obtivese o seu perdón irían xuntos para casa. Todo funcionou á perfección e, xa reconciliados, entregáronse un ao outro durante a noite no seu fogar marital. A rosa atopábase no asento traseiro do coche, como abandonada. Xa sabe, as présas do amor.
Un rateiro rompeu o cristal da xanela do condutor cunha gran pedra e accedeu ao interior. Subtraeu a radio-CD rompendo cunhas tesoiras o cabreado.
Revolveu no interior do vehículo e escondeu no forro da súa cazadora unhas lentes de sol e caramelos mentolados. Ao fixarse nos asentos traseiros tomou como súa a cazadora de coiro de Leo. Viu unha rosa e non dubidou en levala tamén. Escapou correndo no medio da noite coa radio-CD nunha man e cunha rosa na outra. O seu único propósito coa rosa era disimular e facerse pasar por un namorado con présas. Cando logrou o seu obxectivo de mesturarse entre a xente da cidade botou a flor a un colector de lixo.
Unha pobre indixente que se dedicaba a furgar nos colectores pola noite tomou a rosa nas súas mans, era a súa nova propietaria. Partiu o talo e meteuna pola botoeira máis elevada da súa corroída chaqueta de cor gris, ao facelo, descubriu un papel enrolado que desenrolou. Dispúxose a lelo:
Hai persoas que son únicas porque o amor fainas únicas. Quérote! Volve!
Esas palabras soaron na súa cabeza de xeito repetido a partir dese momento. Unhas bágoas comezaron a saír dos seus ollos, estaba decidida a volver. Tras tres longos anos somerxida no alcoholismo aíllada da sociedade, por iso abandonara á súa familia. Decidiu nese mesmo intre que era o momento de volver. A nota enrolada que había na rosa abríralle os ollos, tras enrolala de novo, meteuna nun oco da maltratada flor. Camiñou durante horas ata encontrase diante da casa da súa filla pulsou o timbre. Abriulle a súa sorprendida filla que recoñeceu os ollos da súa nai a pesar do aspecto que lucía, despois dun silencio eterno abrazáronse, choraron. A indixente deixou de ser indixente ao volver coa súa familia. A rosa volveu ao lixo mesturada entre as farrapeiras roupas do que fora unha indixente, pero dignamente mantíñase case intacta a pesar do seu alterado transitar.
Tan intacta estaba a rosa que o propio recolledor de lixo que a mercara na tenda a recolleu sorprendido mentres baleiraba o colector. Recoñeceuna, era a mesma rosa, a mesma flor que comprara. Tamén era a mesma nota que escribira. O seu plan da reconquista do seu amor non lle funcionara nada ben. Preguntouse como tería chegado a rosa ata o outro lado da cidade, chegando á conclusión de que fora toda unha gran casualidade. O máis ben toda unha mensaxe da vida. Unha vida enchida de mensaxes e sinais, mensaxes que non sempre recibimos e, sinais que non sempre recoñecemos.
Hai cousas que son únicas porque o amor as fai únicas.
Tan intacta estaba a rosa que o propio recolledor de lixo que a mercara na tenda a recolleu sorprendido mentres baleiraba o colector. Recoñeceuna, era a mesma rosa, a mesma flor que comprara. Tamén era a mesma nota que escribira. O seu plan da reconquista do seu amor non lle funcionara nada ben. Preguntouse como tería chegado a rosa ata o outro lado da cidade, chegando á conclusión de que fora toda unha gran casualidade. O máis ben toda unha mensaxe da vida. Unha vida enchida de mensaxes e sinais, mensaxes que non sempre recibimos e, sinais que non sempre recoñecemos.
Hai cousas que son únicas porque o amor as fai únicas.
© Relato creado por Xurxo M. Gago Chao







