OBRA COMPLETA · EDICIÓN DIXITAL VERSOS CHIADOS Versos chiados e rechouchiados cando o paxaro voaba ENTRAR NO POEMARIO →

Danzando polo mundo


Danzando polo mundo
© Relato creado por Xurxo M. Gago Chao

Unha noite ía eu danzando polo mundo adiante e atopeime cunha dama. Tiña os ollos verdes e o pelo acibeche. A súa mirada ardente outorgáballe un aire celestial, era bela ata a súa aura. Cruzaba na escuridade por unha ponte moi misteriosa. Camiñaba entre a néboa moi ensimesmada. Os seus pasos, eran a danza do silencio. Parecía unha criatura que engaiolaba, vina. Eran as tres da madrugada dun martes sete de abril. Dirixíame cara á miña casa ao rematar a miña xornada, aínda que daquela non traballaba. O meu único emprego consistía en dar voltas polas distintas empresas da cidade. Coñecíaas todas. Era un parado. Todos os días cruzuaba a cidade de cabo a rabo para ver se alguén se dignaba a proporcionarme un "choio" digno, polo que volvía á casa, ás tantas da madrugada.

Pois aquela noite ía eu pola gran ponte que cruzaba a ría, de mil catrocentos metros de lonxitude, nunha noite fría de pechada néboa, cargada de silencio, e esgotadora para min. O meu balance do día era desastroso. O estado de ánimo que tiña neses momentos mellor non comentalo. En fin, que non fora o meu día. En trouqes; si pareceu ser a miña noite, pois, ao ver esa dama e escoitar a súa danza, fun sentindo como se achegaba cara a min. Resoaban todas as veas do meu corpo. Paseniño, a súa sombra foi esmorecendo, e, ao pouco, puiden distinguir a súa figura. Logo diso, o que resoou foi o meu corazón. Mais cruzámonos. E ela, miroume directamente aos ollos. Recta, decidida, apaixonada. Porén, continuou o seu camiño mentres; de súpeto, cun impresionante xiro de cabeza, logrou cambiar de ombreiro a súa longa melena. Eu fiquei abstraído, aparvado co seu aroma e volvín a miña cabeza para seguila coa mirada. Pero polo que parece non espertei nela ningún tipo de interese.

E nunca xamais a volvín a ver, tan fica a lembranza dalquel fugaz latexar.

 © Relato creado por Xurxo M. Gago Chao
anterior inicio seguinte

Xurxo Miguel Gago Chao · O’Xurxo

Creación · conciencia · cultura · pensamento
Xurxo Miguel Gago Chao · O’Xurxo é poeta, escritor, creador e investigador autodidacta e independente no ámbito da conciencia, da espiritualidade práctica, da creatividade e dos procesos de transformación persoal e colectiva.

É creador dunha arquitectura civilizatoria formada por diferentes marcos, propostas e documentos orientados á reflexión sobre unha sociedade máis xusta, consciente, digna, libre e respectuosa coa vida. Educación, sanidade, economía, xustiza restaurativa, ética, intelixencia artificial, organización comunitaria e conciencia forman parte dese traballo aberto de investigación, creación e proposta.

Militar retirado tras unha longa etapa de servizo, a súa experiencia vital foi evolucionando cara á creación literaria, á mediación sociocultural, á dinamización cultural e ao desenvolvemento de iniciativas artísticas, sociais e comunitarias.

A súa actividade creativa abrangue tamén a poesía, narrativa, memoria, edición e maquetación de libros, deseño e desenvolvemento de páxinas web, creación de contidos, fotografía, comunicación cultural e recuperación e conservación de arquivos e memoria.

A través da Maxia do Ser e do Movemento do Amor Universal, desenvolve unha liña de pensamento e creación baseada nunha pregunta esencial: “Isto coida a vida ou a dana?” Desde aí procura poñer a palabra, a tecnoloxía, a conciencia e a creatividade ao servizo da dignidade humana e da construción consciente do común.
Poesía e literatura Investigación da conciencia Arquitectura civilizatoria Mediación sociocultural Maquetación editorial Deseño web Memoria e cultura Maxia do Ser
Multiverso de Xurxo · Obra, memoria e creación consciente
logoweb

Fragata Extremadura

Memoria · dignidade · reconciliación
O 19 de decembro de 2005, unha explosión na fragata Extremadura, atracada no Arsenal de Ferrol, marcou para sempre a vida de varias familias e da súa dotación. Esta pequena hemeroteca conserva unha parte dese percorrido e, vinte anos despois, tamén a evolución dunha memoria vivida desde outro lugar: honrar a Pachi e Erik, recoñecer erros propios, pedir perdón cando foi preciso e conservar a memoria sen permanecer atrapado no conflito.
Ferrol360 · 15 decembro 2025
XX aniversario do suceso da fragata Extremadura
Unha reconstrución ampla da noite do accidente, do proceso posterior, da resposta social e do impacto que aqueles feitos tiveron na vida persoal e profesional de Xurxo Gago Chao.
Ler en Ferrol360
Diario de Ferrol · 16 decembro 2025
Memoria, dignidad y conciencia
Un texto escrito vinte anos despois desde unha perspectiva diferente: memoria, gratitude, reconciliación, recoñecemento dos propios erros e defensa da dignidade dos compañeiros falecidos.
Ler en Diario de Ferrol
La Voz de Galicia · 17 decembro 2025
Fragata Extremadura, en recuerdo de la tragedia
Unha carta de memoria e homenaxe a Pachi e Erik que expresa tamén un peche persoal: manter a verdade vivida, asumir erros de forma, pedir perdón e avanzar sen esquecer.
Ler en La Voz de Galicia
A memoria non ten por que ser unha trincheira. Tamén pode converterse en conciencia, aprendizaxe, reconciliación e homenaxe.
2005 - 2025 · Vinte anos de memoria