Mergulladas… que é a vida sen elas?



Necesario é mergullarse
nas augas e nas cousas sinxelas,
e mergullarse nas lecturas
e tamén nun ceo de estrelas,
mergullados no aprendizaxe
e na beleza das cousas belas.

Necesario é mergullarse
no recender da natureza
e nos sons que poden escoitarse
na vida que ao redor latexa.

Necesario é mergullarse
nos mensaxes que a vida deixa
e nas moreas de adiviñanzas
e nas conclusións ás que se chega;
mergullarse na esperanza
e na maxia que a vida entrega,
mergullarse en cada chanza,
en cada obriga, en cada tarefa.

Necesario é mergullarse
ata nas nosas conciencias
co fin de mellorarse
aprendendo das experiencias.

Mergulladas necesarias…
… que sería da vida sen elas?
Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao
anterior inicio seguinte
logoweb