Antonia tiña o costume de poñer unas veas para alumear aos defuntos na véspera de todos os santos. Acostumaba a poñer enriba dunha mesa as fotos das persoas que desexaba alumear fronte a unha veas típicas do día de defuntos. Lembraba que a súa nai en vez de poñer veas ou cirios poñía as chamadas bolboretas en aceite de oliva, as sombras que proxectaban esas veas diminutas nas paredes quedaron coma recordo de Antonia, que inda lembraba tamén, o distinguido cheiro que amaba daquel recipiente.
Esa noite dos mortos era especial para ela, pois facía xusto un ano que comezara a ”ver”. Xusto un ano antes pasara esperta toda a noite, por mor dun suceso que lle acontecera antes de deitarse na cama. Lembraba aquela noite, mentres remataba de prender as mechas das veas. Aquela noite dun atrás, Antonia apagara a luz da habitación e sentárase na cama para acomodar a almofada, no momento de xirar para deitarse de todo, descubriu ao fondo da súa habitación unha luz moi branca que saía dunha esquina, entre a parede e o teito. Ao principio non lle deu importancia pensando que fora un efecto dos ollos para adaptarse á escuridade, pero un poucos segundo máis tarde comprobou que a luz seguía aí, coma mirándoa. Con medo, deitouse por completo na cama e arroupouse coas mantas sen deixar de mirar cara a esquina onde a estraña luz se estaba a manifestar.
A cousa estraña que tiña fronte a ela comezou a descender pola parede e dirixiuse cara aos pés da súa cama, as pulsacións de Antonia aumentaban a medida que aquele luz se lle acercaba. Chagou a estar a escasos dous metros dela. Coma se tivese instalada unha radio no seu cerebro comezou a sintonizar inconscientemente unha voz que lle falaba. A escoitaba con moita nitidez, sorprendeuse tanto, que comezou a chorar. A voz que lle falaba dentro das súas entrañas, díxolle que non chorara que ao contrario que tiña que estar leda de alegría, pois a súa nai estaba ao seu carón.
Antonia non o podía crer, coma era iso posible. Esa luz radiante e a vez tenra e cálida parecía estar enchida de amor. Antonia deixou de chorar e faloulle ao ser de luz que tiña fronte a ela:
- Es ti mamá?
- Son eu neniña.
- Mamá…
Anotnia choraba, pois inda que aquela voz lle ía directamente ao cerebro puido distinguir perfectamente a voz da súa finada nai.
- Mamá, mamá.
- Estou ben. E ti dende hoxe estas esperta.
- Esperta? Esperta de que mamá?
- Xa o saberás, a partir de agora verémonos máis a miúdo.
A luz dirixiuse cara a Antonia e traspasoulle o corpo para desaparecer por completo entre o seu corpo e o colchón. Ao pasarlle a luz polo corpo tivo una serie de lembranzas nuns poucos segundos, lembranzas xunto a súa nai, vivencias xunto a ela que súa nai quería que recordase. E así foi, dende aquela noite as lembra case todos os días. Leva todo o ano esperando que chegara esa noite, pois xa sabía, xa entendía ao que se refería a súa a nai cando lle dixera que xa o sabería. Dende aquela noite dun ano atrás Antonía viu moitas máis luces, xa non na súa propia casa, se non pola mesma rúa, nos locais aos acudía, nas casas dos seus amigos e amigas. Levaba un ano descubrindo o mundo das ánimas, podía “ver”, podía comunicarse con seres de luz, con almas de persoas que tiñan algunha mensaxe para ela, ou que sinxelamente necesitaban a súa axuda para solucionar algún problema a poder marchar cara a luz suprema. Cara a aquel lugar onde as almas habitan tralo seu paso por este mundo terreal.
Antonia esperaba deitada na cama a que se repetise a escena daquela noite do ano anterior, esperaba a visita da súa nai. Nesa noite na que se abren as portas doutras dimensións, e que as ánimas cruzan para visitar aos seus seres máis queridos. Esa noite énchese de procesións de ánimas, pero non todo o mundo pode velas, hai que ter o don de “ver”.
A nai de Antonia, aquela luz preciosa que se lle aparecera, aquel ser de luz, non tardou en aparecérselle de novo un ano máis.
Relato by Xurxo Gago Chao








