O reloxo da evolución humana;
de durmir nunha árbore
a durmir nunha cama,
de ser libre e salvaxe,
escravo de nada,
a ser un preso con traxe
nunha cárcere lexislada.
Dunha vida non contaminada
a unha contaminación desmesurada.
Dunha pequena sociedade
a unha sociedade globalizada.
Das pedras ao aire
ás bombas que masacran,
dunha pequena lumieira
a unha enerxía comercializada,
de vivir en pallozas,
con fráxiles teitos de palla,
aos crueis desafiuzamentos
da cruel e tirana banca.
E vaia vida evolucionada,
de corrupcións instauradas.
O reloxo evolutivo,
que hora marca?
de durmir nunha árbore
a durmir nunha cama,
de ser libre e salvaxe,
escravo de nada,
a ser un preso con traxenunha cárcere lexislada.
Dunha vida non contaminada
a unha contaminación desmesurada.
Dunha pequena sociedade
a unha sociedade globalizada.
Das pedras ao aire
ás bombas que masacran,
dunha pequena lumieira
a unha enerxía comercializada,
de vivir en pallozas,
con fráxiles teitos de palla,
aos crueis desafiuzamentos
da cruel e tirana banca.
E vaia vida evolucionada,
de corrupcións instauradas.
O reloxo evolutivo,
que hora marca?
© Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao







