OBRA COMPLETA · EDICIÓN DIXITAL VERSOS CHIADOS Versos chiados e rechouchiados cando o paxaro voaba ENTRAR NO POEMARIO →

GALLICIENSE REGNUM

Acostumados á chuvia, miles de emigrantes das terras xermanas, viaxaban polas chairas galegas en busca dun lugar para instalarse de maneira definitiva. As lexións romanas estaban xa ben debilitadas, non exercían os labores represores de entón. As xentes das terras do noroeste ibérico tiñan fama de bravos guerreiros, pero foron amainados polos romanos invasores despois de moitas liortas locais. A beleza das terras do Finisterrae era moi atraente para  a xente de fora. Gallaecia converteuse nun atractivo para comezar unha nova vida. Chegaban os suevos.

No ano catrocentos dez despois de Cristo andaban os romanos abraiados ante a cantidade inxente de persoas chegadas de terras xermanas á Gallaecia. Tanta foi a presión deste novos inquilinos galaicos que forzaron un acordo cos romanos para tomar o control político da Gallaecia. Estableceuse un Foedus, un acordo de ocupación entre Roma e o rei suevo tras recoñecer este a superioridade do emperador. Houbo, pois, algunha rebelión local, por mor de que os donos dás terras galaicas foran rudos á hora de recoñecer o reinado suevo que se estaba a impoñer. Entre os suevos e os nobres feudais galaicos realizaron distintos amaños para rematar de asinar unha nova orde feudal. Os nobres xuraron lealdade ante o primeiro rei suevo, o primeiro rei feudal da Europa medieval chamado Hermerico. Primeiro rei da Galliciense Regnum e recoñecido pola Roma Imperial.

Na antigo reino de Gallaecia os servos era xente campesiña, xentes galegas que traballaban as terras e rendíanlle o tributo imposto o rei. Houbo unha formal convivencia durante varios séculos entre as xentes e os nobres feudais, uns pagaban o tributo e os outros protexíanos de calquera invasión de fora. E así, estableceuse un reinado na Gallaecia que asentou durante un bo tempo, chegando a ser o único estado europeo do medievo, logrando organizar a súa propia moeda nacional galaica e chegando a obter varias alianzas internacionais que recoñecían a Galliciense Regnum coma un estado consolidado.

Cento setenta e cinco anos despois, no ano cincocentos oitenta e cinco, o rei visigodo Leovigildo venceu nunha cruenta batalla o rei Andeca de Gallaecia, polo que remataba a época de reinado suevo e chegaba unha nova de reinado visigodo. O reinado visigodo en Gallaecia deu lugar o primeiro roubo oficial da Hispania aos galaicos, pois os tesouros dos suevos xuntados polos tributos dos galegos durante anos foron arrincados das arcas do reino galaico para os gastos da Hispania. 

Os reis visigodos mantiveron a orde institucional instaurada polos suevos e durante máis dun século foron os gobernantes do Reino de Gallaecia. Sendo o rei visigodo Rodrigo o derradeiro rei dos galaicos. A partir do ano setecentos dez, tras a chegada dos islámicos a Hispania, afúndese o goberno visigodo. Aínda que os islámicos chegaran ata as mesmas portas da cidade de Santiago de Compostela, onde nunca antes chegara un musulmán, non repercutiu moito na sociedade galaica. Ata que no ano setecentos vinte dous, “Don Pelayo”,  comezara a reconquistar a península Ibérica dando nacemento á monarquía católica española; a cal, foi imposta gradualmente, con moitas artimañas, e instaurada nas outrora terras pertencentes ao Reino de Gallaecia, aquel primeiro reino do medievo. O sufrido reino estado de Gallaecia xa sufrira espoliación dos romanos, logo dos suevos, e cando mais felices eran os galaicos con moeda propia, chegaron os godos e logo os mouros; rematando co imperialismo español. Os reinos españois fixeron todo tipo de estrataxemas indecentes para repartir as terras galaicas aos nobres, condes e duques, aos caciques, todos eles leais á monarquía imperialista castelá, todos eles dedicáronse a gobernar Gallaecia en nome do rei de España. Unha España arrexuntada á forza, que quixo engulir a totalidade do territorio ibérico nun mesmo estado monárquico ata conseguilo.

A historia débelle moito a estas terras de Galicia. Débelle a honra arrebatada. Débennos un recoñecemento de estado diferenciado, débenos a verdadeira historia arrebatada. Deberiamos estar libres dunha desgaleguización imposta ao longo dós séculos polos gobernos centrais españois, que desacreditaron a conciencia a historia da nosa terra e os vínculos que nos unen, como a fala e as costumes e tradicións galegas que inda na actualidade perduran. É case unha obriga sentirse  nestes tempos máis galegos que nunca, antes de que esmoreza de todo a nosa honra e a nosa dignidade arrebatada durante séculos. Hoxe en día moitos galegos miran para fóra, dándolle valor ao de fóra e desprezando o que ten o seu carón. O españolismo reinante conseguiu eliminar unha unidade exemplar coma aquela das revoltas irmandiñas contra os poderosos, os mesmo poderosos que inda camiñan nestes tempos de revoltas sociais. Os tempos non cambian, os caciques aínda existen na nosa terra invadida de propotencia ibérica. 

Relato creado por Xurxo M. Gago Chao

anterior inicio seguinte

Xurxo Miguel Gago Chao · O’Xurxo

Creación · conciencia · cultura · pensamento
Xurxo Miguel Gago Chao · O’Xurxo é poeta, escritor, creador e investigador autodidacta e independente no ámbito da conciencia, da espiritualidade práctica, da creatividade e dos procesos de transformación persoal e colectiva.

É creador dunha arquitectura civilizatoria formada por diferentes marcos, propostas e documentos orientados á reflexión sobre unha sociedade máis xusta, consciente, digna, libre e respectuosa coa vida. Educación, sanidade, economía, xustiza restaurativa, ética, intelixencia artificial, organización comunitaria e conciencia forman parte dese traballo aberto de investigación, creación e proposta.

Militar retirado tras unha longa etapa de servizo, a súa experiencia vital foi evolucionando cara á creación literaria, á mediación sociocultural, á dinamización cultural e ao desenvolvemento de iniciativas artísticas, sociais e comunitarias.

A súa actividade creativa abrangue tamén a poesía, narrativa, memoria, edición e maquetación de libros, deseño e desenvolvemento de páxinas web, creación de contidos, fotografía, comunicación cultural e recuperación e conservación de arquivos e memoria.

A través da Maxia do Ser e do Movemento do Amor Universal, desenvolve unha liña de pensamento e creación baseada nunha pregunta esencial: “Isto coida a vida ou a dana?” Desde aí procura poñer a palabra, a tecnoloxía, a conciencia e a creatividade ao servizo da dignidade humana e da construción consciente do común.
Poesía e literatura Investigación da conciencia Arquitectura civilizatoria Mediación sociocultural Maquetación editorial Deseño web Memoria e cultura Maxia do Ser
Multiverso de Xurxo · Obra, memoria e creación consciente
logoweb

Fragata Extremadura

Memoria · dignidade · reconciliación
O 19 de decembro de 2005, unha explosión na fragata Extremadura, atracada no Arsenal de Ferrol, marcou para sempre a vida de varias familias e da súa dotación. Esta pequena hemeroteca conserva unha parte dese percorrido e, vinte anos despois, tamén a evolución dunha memoria vivida desde outro lugar: honrar a Pachi e Erik, recoñecer erros propios, pedir perdón cando foi preciso e conservar a memoria sen permanecer atrapado no conflito.
Ferrol360 · 15 decembro 2025
XX aniversario do suceso da fragata Extremadura
Unha reconstrución ampla da noite do accidente, do proceso posterior, da resposta social e do impacto que aqueles feitos tiveron na vida persoal e profesional de Xurxo Gago Chao.
Ler en Ferrol360
Diario de Ferrol · 16 decembro 2025
Memoria, dignidad y conciencia
Un texto escrito vinte anos despois desde unha perspectiva diferente: memoria, gratitude, reconciliación, recoñecemento dos propios erros e defensa da dignidade dos compañeiros falecidos.
Ler en Diario de Ferrol
La Voz de Galicia · 17 decembro 2025
Fragata Extremadura, en recuerdo de la tragedia
Unha carta de memoria e homenaxe a Pachi e Erik que expresa tamén un peche persoal: manter a verdade vivida, asumir erros de forma, pedir perdón e avanzar sen esquecer.
Ler en La Voz de Galicia
A memoria non ten por que ser unha trincheira. Tamén pode converterse en conciencia, aprendizaxe, reconciliación e homenaxe.
2005 - 2025 · Vinte anos de memoria