Saltar ao contido principal

Luzada

Estas noites de luzada
cando a lúa máis alta aluma
reflicte esperanza
de soños e de fortuna.
Alixeira os pensamentos
e desfaise a loucura
dos malos sentimentos
que a alma tiña en captura.

Poema creado por Xurxo M. Gago Chao

Publicacións populares deste blog

Rexo Camiñar

Cada chanzo un latexo, cada avance satisfacción, na escada da vida perseveranza locomotriz e firmeza no pisar, sen perder o norte nas cotiás andanzas para a boa volta ao sitio propio.   © Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao

Doce máis doce

Hai días de mel, días apegadizos de mornas latexadas, agarimos e sorrisos, de parénteses pactadas, sen enredos, sen compromisos.  Hai días de mel gozosos, sen aditivos, sen axendas saturadas e sen queixumes engadidos, vinte e catro horas pegañentas de maiolas e aloumiños. © Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao

Voo breve

  O entusiasmo que se vai voando tenta motivos e ilusões e quando as tem vai regressando com perseverança e com emoções. © Poesía creada por Xurxo M. Gago Chao